O profesorado marinense percorreu xa as salas nas que se van desenvolver ata o vindeiro 16 de outubro as actividades da campaña de fomento do galego «Cantar e contar», impulsada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. Os mestres foron os primeiros en contemplar a exposición de ilustracións, porque o seu é un papel fundamental para que os contidos e obxectivos da campaña trascendan este ámbito e se prolonguen durante todo o curso escolar.

Seguir leyendo


Cartel Marín “Cantar e contar: ler na nosa lingua” é o lema da campaña de fomento do galego que Kalandraka porá en marcha a partir de mañá e ata o 16 de outubro en Marín, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística. O obxectivo das actividades, que ata final de ano desenvolveranse noutras tres localidades e chegarán en conxunto a preto de 5.000 escolares, é recuperar o folclore infantil, que se está perdendo.

——————————————————————-

“Cantar e contar: ler na nosa lingua” es el lema de la campaña de fomento del galego que Kalandraka pondrá en marcha a partir de mañana y hasta el 16 de octubre en Marín, en colaboración con la Secretaría Xeral de Política Lingüística. El objetivo de las actividades, que hasta final de año se desarrollan en otras tres localidades y llegarán en conjunto a cerca de 5.000 escolares, es recuperar el folclore infantil, que se está perdiendo.

—————————————————————————– 

Contos e música As actividades constan de sesións de contacontos e música para grupos de escolares de 4 a 8 anos, e de obradoiros de escrita creativa para alumnos de 9 a 11 anos. Tamén disporán dun espazo de lectura a xeito de pequena biblioteca en galego e dunha exposición de ilustracións e elementos orixinais da cultura popular. A campaña, que se centra nos conceptos de tradición e oralidade, transcurrirá durante 13 xornadas lectivas en cada localidade.

 

A Granxa de Briz, en Marín, acollerá mañá a inauguración, cunha charla para profesores, mestres, bibliotecarios e educadores dos colexios participantes, que asistirán a unha visita guiada durante a cal recibirán propostas educativas que poderán levar á práctica nas aulas para que os contidos e obxectivos das actividades trascendan o ámbito da campaña e se prolonguen durante todo o curso escolar.

 

Tralo seu paso por Marín, “Cantar e contar” levarase a cabo no Centro Cultural Carvalho Calero de Ferrol, do 20 de outubro ao 5 de novembro; na Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro de Vilagarcía, do 10 ao 26 de novembro e no Pazo de Cultura de Carballo durante todo o mes de decembro. Ademais, as exposicións estarán abertas ao público en xeral á marxe do horario escolar e cada campaña concluirá cunha festa especial de contos e música dirixida ás familias.

 

A exposición consta das ilustracións orixinales dos contos tradicionis publicados por Kalandraka ao longo dos seus dez anos de traxectoria editorial, como “A verdadeira historia de Carapuchiña”, “Os tres osos”, “A ratiña presumida” ou “O coelliño branco”. Entre eles destacan as pezas cerámicas do artesán galego Francisco Pérez Porto realizadas para o libro-disco “Solaina”, que ilustra a imaxe da campaña.

 

 

 

 

libros-campana-cantar-e-contar.jpg————————————————————————————————- 

 

Las actividades constan de sesiones de cuentacuentos y música para grupos de escolares de 4 a 8 años, y de talleres de escrita creativa para alumnos de 9 a 11 años. También dispondrán de un espacio de lectura a modo de pequeña biblioteca en galego y de una exposición de ilustraciones y elementos originales de la cultura popular. La campaña, que se centra en los conceptos de tradición y oralidad, transcurrirá durante 13 jornadas lectivas en cada localidad.

 

La Granja de Briz, en Marín, acogerá mañana la inauguración, con una charla para profesores, maestros, bibliotecarios y educadores de los colegios participantes, que asistirán a una visita guiada durante la cual recibirán propuestas educativas que podrán llevar a la práctica en las aulas para que los contenidos y objetivos de las actividades trasciendan el ámbito de la campaña y se prolonguen durante todo el curso escolar.

 

Tras su paso por Marín, “Cantar e contar” se llevará a cabo en el Centro Cultural Carvalho Calero de Ferrol, del 20 de octubre al 5 de noviembre; en la Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro de Vilagarcía, del 10 al 26 de noviembre, y en el Pazo de Cultura de Carballo durante todo el mes de diciembre. Además, las exposiciones estarán abiertas al público en general al margen del horario escolar y cada campaña concluirá con una fiesta especial de cuentos y música dirigida a las familias.

 

La exposición consta de las ilustraciones originales de los cuentos tradicionales publicados por Kalandraka a lo largo de sus diez años de trayectoria editorial, como “La verdadera historia de Caperucita”, “Los tres osos”, “La ratita presumida” o “El pequeño conejo blanco”. Entre ellos destacan las piezas cerámicas del artesano gallego Francisco Pérez Porto realizadas para el libro-disco “Solaina”, que ilustra la imagen de la campaña.