“Cantar e contar” chegou ao seu fin en Vilagarcía. Celebrámolo cos nenos e nenas da vila, cos seus pais e nais, e cos mestres do Colectivo CasaEscola que se implicaron de xeito notable nas actividades. O próximo 1 de decembro o Pazo da Cultura de Carballo toma o relevo da campaña, na súa derradeira etapa…
—————————————-
“Cantar e contar” llegó a su fin en Vilagarcía. Lo celebramos con los niños y niñas en la Biblioteca Pública Municipal, con sus padres y madres, y con los profesores del Colectivo CasaEscola que se implicaron de forma notable en las actividades. El próximo 1 de diciembre el Pazo de Cultura de Carballo toma el relevo de la campaña, en su última etapa…

Nos últimos días, o equipo de animación á lectura de Kalandraka compartiu contos e música tradicional con alumnos de case vinte centros escolares de Infantil e Primaria. “Cantar e contar”, a campaña coa que a Secretaría Xeral de Política Lingüística fortalece o uso do galego entre a xente nova, cumpriu con éxito a súa misión en Vilagarcía. Ana e Pablo amenizaron a xornada de clausura, que contou cunha importante asistencia de público.

Da cesta da Carapuchiña saíron contos como “Garavanciño” (alí estaban ademais os seus autores, Olalla González e Marc Taeger), “Chibos chibóns” e “No bosque“, que arrincaron moitas miradas de sorpresa, moitos sorrisos, e algún que outro xesto de medo da faciana dos nenos… Pero sobre todo, moitas palmas ao son do clarinete, da pandeira e da pandeireta. E como non, moitos aplausos finais.

——————

En los últimos días, el equipo de animación a la lectura de Kalandraka compartió cuentos y música tradicional con alumnos de casi veinte centros escolares de Infantil y Primaria. “Cantar e contar”, la campaña con la que la Secretaría Xeral de Política Lingüística fortalece el uso del gallego entre la población joven, cumplió con éxito su misión en Vilagarcía. Ana y Pablo amenizaron la jornada de clausura, que contó con una importante asistencia de público.

De la cesta de Caperucita salieron cuentos como “Garbancito” (allí estaban además, sus autores, Olalla González y Marc Taeger), “Chivos chivones” y “No bosque“, que arrancaron muchas miradas de sorpresa, muchas sonrisas y algún que otro gesto de miedo de los rostros de los niños… Pero sobre todo, muchas palmas al son del clarinete, la ‘pandeira’ y la pandereta. Y cómo no, muchos aplausos finales.


Deja un comentario