«Cantar e contar: ler na nosa lingua» está xa en Carballo. O Pazo da Cultura acolle durante todo este mes de decembro, e ata pasadas as festas de Nadal, a exposición de ilustracións orixinais e instrumentos. Como en anteriores etapas desta campaña itinerante, os mestres foron os primeiros en coñecer as actividades…
——————————
«Cantar e contar: ler na nosa lingua» está ya en Carballo (A Coruña). El Pazo da Cultura acoge durante todo este mes, y hasta pasadas las fiestas navideñas, la exposición de ilustraciones originales e instrumentos. Como en las anteriores etapas de esta campaña itinerante, los profesores fueron los primeros en conocer las actividades…

Na recta final desta campaña impulsada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, o equipo de promoción lectora de KALANDRAKA segue divulgando as claves do proxecto: a tradición oral, a memoria colectiva, a recuperación do folclore infantil galego. Buscamos a complicidade dos mestres, o seu compromiso coa lingua, nun concello que goza dunha posición privilexiada no que respecta ao uso do galego, con índices elevados de poboación nova que cómpre fidelizar para invertir o proceso de retroceso que lle afecta á nosa fala.

Por iso apostamos polos contos tradicionais, pola volta ás raíces da nosa cultura para que os nenos e nenas de Carballo medren alimentándose desa herdanza inmaterial que cómpre manter presente; que dun xeito lúdico manexen a lingua para darlle renda solta á súa imaxinación, creando tamén as súas propias historias. En relatos como «A verdadeira historia de Carapuchiña», «Os tres osos», «Os sete cabritos» ou «A casiña de chocolate», cuxas ilustracións están expostas, atópanse as claves para que os cativos poidan entender o mundo que lles rodea.

A partir da charla orientativa ofrecida por KALANDRAKA, os docentes teñen ante eles un bo lote de ferramentas educativas para pór en práctica ao longo de todo o curso escolar. Mañá comezan as sesións de contacontos e os obradoiros de escrita creativa ás que asistirán alumnos e alumnas dos CEIP A Cristina, Bergantiño, Canosa-Rus, Fogar, Gándara, Nétoma-Razo, Obradoiro Malpica e San Luis Romero, xunto co Colexio Artai e o CPI Xosé Pichel. Sede benvidos!

(As imaxes que ilustran este resume da xornada inaugural pertencen ao Diario de Bergantiños)

—————————————-

En la recta final de esta campaña impulsada por la Secretaría Xeral de Política Lingüística, el equipo de promoción lectora de KALANDRAKA sigue divulgando las claves del proyecto: la tradición oral, la memoria colectiva, la recuperación del folclore infantil. Buscamos la complicidad de los profesores, su compromiso con nuestra propia lengua, en un municipio que goza de una posición privilegiada en lo que respecta al uso del galego, con índices elevados de población joven que es necesario fidelizar para invertir el proceso de retroceso que le afecta al idioma.

Por eso apostamos por los cuentos tradicionales, la vuelta a las raíces de nuestra cultura para que los niños y niñas de Carballo crezcan alimentándose de esa herencia inmaterial que hay que mantener presente; que de una forma lúdica manejen la lengua para darle rienda suelta a su imaginación, creando también sus propias historias. En relatos como «La verdadera historia de Caperucita», «Los tres osos», «Los siete cabritos» o «La casita de chocolate», cuyas ilustraciones están expuestas, se encuentran las claves para que los más pequeños puedan entender el mundo que les rodea.

A partir de la charla orientativa ofrecida por KALANDRAKA, los docentes tienen ante sí un buen número de herramientas educativas para poner en práctica a lo largo de todo el curso escolar. Mañana comienzan las sesiones de cuentacuentos y los talleres de escrita creativa a los que asistirán alumnos y alumnas de los CEIP A Cristina, Bergantiño, Canosa-Rus, Fogar, Gándara, Nétoma-Razo, Obradoiro Malpica y San Luis Romero, junto con el Colegio Artai y el CPI Xosé Pichel. Sed benvenidos!

(Las imágenes que ilustran este resumen de la jornada inaugural pertenecen al Diario de Bergantiños)


Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *