O Pazo da Cultura de Carballo acolle ata o día 8 de xaneiro a exposición das ilustracións dos contos que forman parte da campaña «Cantar e contar: ler na nosa lingua», que KALANDRAKA leva a cabo co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
———————————————-
El Pazo de Cultura de Carballo acoge hasta el día 8 de enero la exposición de las ilustraciones de los cuentos que forman parte de la campaña «Cantar e contar: ler na nosa lingua», que KALANDRAKA lleva a cabo con el apoyo de la Secretaría Xeral de Política Lingüística.


Ademais das visitas que realizan os grupos de alumnos en horario escolar, a mostra de arte tamén está aberta ás visitas do público en xeral no horario de apertura do Pazo, de 10 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas. A partir do día 17 e ata o 7 de xaneiro, o horario de visita pasará a ser de 18 a 20 horas, agás o 24, 25, 31 de decembro, e 1 de xaneiro.

A primeira parte da exposición son as pezas cerámicas do ferrolterrán Francisco Pérez Porto para o libro-disco «Solaina», do que se toma a imaxe da campaña. Acompañan estas placas unha serie de instrumentos musicais e varios obxectos de valor antropolóxico recuperados da cultura tradicional galega.

Tamén se expoñen as ilustracións dos galegos Federico Fernández, Ana Míguez e Sofía F. Rodríguez. O primeiro é o autor da proposta plástica elaborada para a obra «Chibos chibóns», que se adaptou tamén á linguaxe de pictogramas para nenos con autismo e outras necesidades educativas especiais. Na mesma sala tamén se poden contemplar as figuras de plastilina que ilustran o conto «Os sete cabritos», do que KALANDRAKA leva publicados máis de 30.000 exemplares.

 

Por outra banda, destaca a obra vangardista de Marc Taeger, un deseñador suizo afincado dende hai anos en Galicia. É o ilustrador do clásico «A verdadeira historia de Carapuchiña», traballo que en 2005 foi galardoado co Premio Daniel Gil de Deseño Editorial.

Xunto cos artistas galegos, a exposición conta coa obra doutros ilustradores convidados. Así, o valenciano Pablo Auladell ilustrou «A casiña de chocolate», un título que KALANDRAKA reeditou co gallo do décimo aniversario da editorial. Na exposición do Pazo da Cultura destaca unha reprodución -de gran formato e feita con cartón- da casa ilustrada por Auladell para este conto dos irmáns Grimm.

Do tamén levantino Pablo Mestre pódense admirar as fotografías coas que reinterpretou o clásico «A ratiña presumida», no que cada animal se representa con obxectos musicais como campaíñas, axóuxeres e chocas.

 

Ademais, figuran os orixinais de «Os tres osos», realizados polo extremeño Miguel Tanco cunha técnica mixta a base de acrílicos, collage e materiais textís. Por último, a exposición complétase coas ilustracións do catalán Josep Rodés para «Batalla de naipes», un libro que converte as cartas da baralla española en personaxes dun orixinal conto contra a guerra.

 

————————————————————

Además de las visitas que realizan los grupos de alumnos en horario escolar, la muestra de arte también está abierta a las visitas del público en general en el horario de apertura del Pazo, de 10 a 14:00 horas y de 16:00 a 21:00 horas. A partir del día 17 y hasta el 7 de enero, el horario de visita pasará a ser de 18 a 20 horas, excepto el 24, 25, 31 de diciembre y 1 de enero.

La primera parte de la exposición son las piezas cerámicas del ferrolterrán Francisco Pérez Porto para el libro-disco «Solaina», del que se toma la imagen de la campaña. Acompañan estas placas una serie de instrumentos musicales y varios objetos de valor antropológico recuperados de la cultura tradicional gallega.

También se exponen las ilustraciones de los gallegos Federico Fernández, Ana Míguez y Sofía F. Rodríguez. El primero es el autor de la propuesta plástica elaborada para la obra «Chivos chivones», que se adaptó también al lenguaje de pictogramas para niños con autismo y otras necesidades educativas especiales. En la misma sala se pueden contemplar las figuras de plastilina que ilustran el cuento «Los siete cabritos», del que KALANDRAKA lleva publicados más de 30.000 ejemplares.

 

Por otra parte, destaca la obra vanguardista de Marc Taeger, un diseñador suizo afincado desde hace años en Galicia. Es el ilustrador del clásico «La verdadera historia de Caperucita», trabajo que en 2005 fue galardonado con el Premio Daniel Gil de Diseño Editorial.

Junto con los artistas gallegos, la exposición cuenta con la obra de otros ilustradores convidados. Así, el valenciano Pablo Auladell ilustró «La casita de chocolate», un título que KALANDRAKA reeditó con motivo del décimo aniversario de la editorial. En la exposición del Pazo de la Cultura destaca una reprodución -de gran formato y hecha de cartón- de la casa ilustrada por Auladell para este cuento de los hermanos Grimm. Del también levantino Pablo Mestre se pueden admirar las fotografías con las que reinterpretó el clásico «La ratita presumida», en el que cada animal se representa con objetos musicales como campanillas, cascabeles y cencerros.

 

Además, figuran los originales de «Los tres osos», realizados por el extremeño Miguel Tanco con una técnica mixta a base de acrílicos, collage y materiales textiles. Por último, la exposición se completa con las ilustraciones del catalán Josep Rodés para «Batalla de naipes», un libro que convierte las cartas de la baraja española en personajes de un original cuento contra la guerra.

 


Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *