Os escolares do CEIP Bergantiños participan no primeiro obradoiro de escrita creativa no marco da campaña «Cantar e contar» que KALANDRAKA realiza no Pazo da Cultura de Carballo, co respaldo da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Mario, Gema, Sabela e Lorena descúbrennos novas facetas dos bechos que habitan no libro «Imaxina animais«, de Xosé Ballesteros e Juan Vidaurre.
——————————-
Los escolares del CEIP Bergantiños participan en el primer taller de escrita creativa en el marco de la campaña «Cantar e contar» que KALANDRAKA realiza en el Pazo de Cultura de Carballo, con el respaldo de la Secretaría Xeral de Política Lingüística. Mario, Gema, Sabela y Lorena nos descubren nuevas facetas de las criaturas que habitan en el libro «Imagina animales«, de Xosé Ballesteros y Juan Vidaurre.


SOBRE O PAXADOR, MARIO LAGOA, DE 5º DO BERGANTIÑOS ESCRIBIU:

«Albatros Desacorchonador»

«O profesor Vidaurre descubriu este animal nas Illas Shetwerland no Reino Unido. Ten unha aleta dorsal circulatoria, unhas patas fortes coma o aceiro, cola curta e un pescoza de 1 metro. Aliméntase de insectos e de peixes. Voa movendo a aleta dorsal e ataca aos humáns.
Lonxitude: 1,8 m.
Altura: 0,5 m.
Peso: 39 kg.
Envergadura: 2,8 m.
Dorme nos picos de cerca de 900 metros no seu niño de 1,9 m. de diámetro. É unha especie protexida dende 1991. Habita en tres arquipélagos do mar do norte: Shetwerland, Orcadas e Ferol. Por favor, protexa esta especie».

SOBRE A BOLBOPECHA, GEMA SOUTO, DE 5º DO BERGANTIÑOS, ESCRIBIU:

«Un gran descubrimento»

«Unha vez os xornalistas de España non tiñas novas para informar aos cidadáns. Contrataron arqueólogos, científicos e ata expertos en tecnoloxía e historia. Pero non había solución. Entón propuxeron que os cidadáns que tiveran descubrimentos novos llos mostraran ao Estado. De recompensa darían 15.000 euros. Un día achegouse un veciño da Rúa Galega (situada en Ourense) e amosoulle unha foto que deixou a todos coa boca aberta. Era un becho do máis raro. Tiña apariencia de bolboreta pero era metálica. O importante é que xa tiñan unha nova fantástica! Ademáis, conseguiron información sobre el. Aquí está a ficha do rexistro:
Nome científico: Bolbometalus.
Alimentación: unha vez ao mes. A súa comida é dióxido de carbono.
Vida: o seu periodo de vida é dun ano. Cando morre, o ser humano utilízaa para unir as portas ao marco. Coñecémola co nome de » bisagra». Non sofre metamorfose.
Relación: os seus amigos son os vermes. Non se reproduce como as bolboretas. Cando a bisagra morre, convértese en bolboreta metálica e así nunca marcha de todo.
Hábitat: vive nas chatarrarías e nas ferrarías.
Os xornalistas volveron ao traballo, os presentadores á escena, e todos con novas interesantes. Aínda así, se tedes novas extravagantes enviádeas e colgádeas en internet. Vós tamén podedes! ».

E LORENA BELLO, DE 5ºA DO BERGANTIÑOS, TIVO ESTOUTRA VISIÓN:

«A Bolbobisagra»

«É un animal voa-nadador. Si, como oídes: é voador e tamén nadador. As súas ás sérvenlle para impulsarse na auga e ao mesmo tempo para voar. Non pode estar máis dunha hora na auga, pois necesita saír ao exterior para respirar. Nembargantes, cando son adultos posúen unhas pequenas branquias para poder respirar debaixo da auga durante máis tempo. Aliméntase de pequenos animais mariños e bechiños terrestres. Fai un gran papel na natureza pois a Bolbobisagra encárgase de axudar a repoboar os bosques danados polos incendios, traendo e sementando a semente das árbores».

SOBRE O PINGÜITOR, SABELA LISTA, DE 5ºA DO BERGANTIÑOS, ESCRIBIU:

«Ipoenchufe»

«Esta é unha especie non moi común. Caracterízase pola súa forma rectangular e os seus ollos saltóns. Vive en Blanotandia, concretamente na cidade de Corbeitón. Aliméntase de aire e de alfombras, pero a pesares diso, encántanlle as chinchetas. Come tres veces ao día e nunca bebe auga da que está demasiado limpa. Sempre está de mal humor, nunca ninguén a viu sorrindo nin facendo chistes. É bastante solitaria.
As lendas din que se te ve, cómete crúa e nen sequera te pasa pola tixola; pero eu creo que todo é mentira. Nunca vai vestida e odia as camisetas e os pantalóns. Vai todos os días a traballar de avogado e sempre vai enfurruñado porque ninguén lle quere mercar nada nin atendelo. Isto é todo e espero que estedes ben informados, senón chamade ao 63942556394256. Aí informaranvos».

—————————————————————

SOBRE EL PAJADOR, MARIO LAGOA, DE 5º DEL CEIP BERGANTIÑOS ESCRIBIÓ:

«Albatros Desacorchonador»

«El profesor Vidaurre descubrió este animal en las Islas Shetwerland en el Reino Unido.
Tiene una aleta dorsal circulatoria, unas patas fuertes como el acero, cola corta y un cuello de un metro. Se alimenta de insectos y peces. Vuela moviendo la aleta dorsal y ataca a los humanos.
Longitud: 1,8 m.
Altura: 0,5 m.
Peso: 39 kg.
Envergadura: 2,8 m.
Duerme en los picos de cerca de 900 metros en su nido de 1,9 m. de diámetro. Es una especie protegida desde 1991. Habita en tres archipiélagos del Mar del Norte: Shetwerland, Orcadas y Ferol. Por favor, proteja a esta especie».

SOBRE LA MARICIERRA, GEMA SOUTO, DE 5º DEL CEIP BERGANTIÑOS, ESCRIBIÓ:

«Un gran descubrimento»

«Una vez los periodistas de España no tenían noticias para informar a los ciudadanos. Contrataron arqueólogos, científicos y hasta expertos en tecnología e historia. Pero no había solución. Entonces propusieron que los ciudadanos que tuvieran descubrimientos nuevos se los mostraran al Estado. De recompensa darían 15.000 euros. Un día se acercó un vecino de la Calle Galega (situada en Ourense) y les mostró una foto que dejó a todos con la boca abierta. Era un bicho de lo más raro. Tenía apariencia de mariposa pero era metálica. ¡Lo importante es que ya tenían una noticia fantástica! Además consiguieron información sobre él. Aquí está la ficha del registro:
Nombre científico: Bolbometalus.
Alimentación: una vez al mes. Su comida es dióxido de carbono.
Vida: su periodo de vida es de un año. Cuando muere, el ser humano la utiliza para unir las puertas al marco. La conocemos con el nombre de «bisagra». No sufren metamorfosis.
Relación: sus amigos son los gusanos. No se reproducen como las mariposas. Cuando la bisagra muere, se convierte en mariposa metálica y así nunca se marcha de todo.
Hábitat: vive en las chatarrerías y en las ferreterías.
Los periodistas volvieron al trabajo, los presentadores a la escena y todos con noticias interesantes. Aún así, si tenéis novedades extravagantes enviadlas y colgadlas en Internet. ¡Vosotros también podéis!».

Y LORENA BELLO, DE 5ºA DEL BERGANTIÑOS, TUVO ESTA OTRA VISIÓN:

«La Bolbobisagra»

«Es un animal vuela-nadador. Sí, como oís: es volador y también nadador. Sus alas les sirven para impulsarse en el agua y al mismo tiempo para volar. No puede estar más de una hora en el agua, pues necesita salir al exterior para respirar. Sin embargo, cuando son adultos poseen unas pequeñas branquias para poder respirar debajo del agua durante más tiempo. Se alimentan de pequeños animales marinos y bichitos terrestres. Hace un gran papel en la naturaleza, pues la Bolbobisagra se encarga de ayudar a repoblar los bosques dañados por los incendios, trayendo y sembrando las semillas de los árboles».

SOBRE EL PINGÜITOR, SABELA LISTA, DE 5ºA DEL BERGANTIÑOS, ESCRIBIÓ:

«Ipoenchufe»

«Esta es una especie no muy común. Se caracteriza por su forma rectangular y sus ojos saltones. Vive en Blanotandia, concretamente en la ciudad Corbeitón. Se alimenta de aire y de alfombras, pero a pesar de eso, le encantan las chinchetas. Come tres veces al día y nunca bebe agua de la que está demasiado limpia. Siempre está de mal humor, nunca nadie la vio sonreír ni hacer chistes. Es bastante solitario.
Las leyendas dicen que si te ve, se come cruda y ni siquiera te pasa por la sartén; pero yo creo que todo es mentira. Nunca va vestida y odia las camisetas y los pantalones. Va todos los días a trabajar de abogado y siempre va enfurruñado porque nadie le quiere comprar nada ni atenderle. Esto es todo y espero que estéis bien, si no, llamad al 63942556394256. Ahí os informarán».


Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *