A campaña «Cantar e contar: ler na nosa lingua» está na súa recta final. Os escolares do CEIP A Cristina protagonizaron o derradeiro obradoiro de escrita creativa. Danny, Iria, Ana e Alex sorpréndennos coas súas interpretacións do «Platafiño», a «Bolbopecha» e a «Serpelleira» que aparecen no libro «Imaxina animais«, de Xosé Ballesteros e Juan Vidaurre.
—————-
La campaña «Cantar e contar: ler na nosa lingua» está en su recta final. Los escolares del CEIP A Cristina protagonizaron el último taller de escrita creativa. Danny, Iria, Ana y Alex nos sorprenden con sus interpretaciones del «Platafín», la «Maricierra» y la «Serpellera» que aparecen en el libro «Imagina animales«, de Xosé Ballesteros y Juan Vidaurre.


SOBRE O PLATAFIÑO, DANNY BEIZANA, DE 5º DE A CRISTINA ESCRIBIU:

«O golfiño Agudiño»
«O golfiño Agudiño é un animal novo que se acaba de descubrir. Ten un pico sacacorchos e é negro e gris. Ten dúas aletas pegadas ao corpo, que usa para mergullarse. Aliméntase de algas, area, rochas pequenas… Os da súa especie teñen un carácter moi bo e son moi tímidos cos descoñecidos. Viven no mar Atlético, no fondo do mar. Miden entre dous metros e dous metros e medio. Pesan todos 57 quilos e todos os días, ás catro van facer exercicio coa bicicleta. Así é o golfiño Agudiño!».

E IRIA ARÁN, DE 5º DE A CRISTINA ESCRIBIU:

«Novas de última hora!
«Apareceu un ser moi estrano de última hora. Uns din que apareceu nunha fábrica na que traballan con moitos experimentos e outros din que é unha especie única no mundo.
Nós saímos á rúa a preguntar como se chama e onde vive:
Eu penso que se chama Platanodelfín e que vive no mar da costa Atlántica.
Agora que xa preguntamos como se chama e onde vive, saímos á rúa a preguntar que é o que come. Isto é o que nos din:
Eu diría que este becho come peixes máis pequenos ca el e tamén que os colle xusto no fondo do mar.
Bueno, pois xa case estamos chegando á fin da entrevista aínda que… tamén imos preguntar polas súas costumes e afeccións. Aí vamos:
Eu creo que este becho ten as mesmas costumes ca nós, po exemplo: vai ao colexio e estuda, come carne e legumes e, o máis importante, de maior seguro que terá moza.
Bueno, espectadores, xa chegamos á fin desta entrevista, espero que vos gustara e tamén que vos gustara esta nova especie.
Con cariño para os nosos espectadores».

SOBRE A BOLBOPECHA, ANA LISTA, DE 5º DE A CRISTINA ESCRIBIU:

«Ía polo monte e vin unha silveira chea de bolboretas, fun ver como eran e… eran coma pechaduras pero tiñan anteas e voaban! Eran de moitas cores pero a min a que máis me gustaba era a negra. Aliméntanse de follas de carballo e non son velenosas.
Eu levei unha negra para a casa, son moi boas coma animais de compaña e se lle fas cóxegas fan un ruído moi raro.
Fun outra vez por alí e collín outra bolbofecha porque unha amiga está mañá de aniversario. Regalareille unha bolbofecha, espero que lle guste! É un animal estupendo».

SOBRE A SERPELLEIRA, ALEX TARRÍO, DE 5º DE A CRISTINA ESCRIBIU:

«A voz de Galicia.
Periodista: Daniel Vilanova Lage.
Prezo: 1euro.
Unha nova especie!
O pasado martes, o mozo estudante Álex Tarrío García, descubriu unha nova especie.
Os investigadores dun laboratorio suízo afirman que é un réptil.
Álex, o seu descubridor, di estas palabras:
» Cando saín do meu colexio e fun cara a miña casa, polo camiño do río Anllóns, dirixíame ao estanque das rás cando, de súpeto… saltou dun chimpo da auga este curioso animal.»
Xa que foi o seu descubridor, decidiron que Álex lle puxera un nome e el dixo isto:
Chamareino Serpecremalleira.
Cando investigaron a este animal descubriron que se alimenta de botóns de chaquetas. Observaron a este animal todos os días e tamén a súa cadea evolutiva.
Observaron que á cinco en punto reptaba polo talo da súa pranta e ás sete e media metíase na súa poza e quedaba nadando ata as oito e cuarto.
Grazas por ler as nosas novas. Saberán máis da Serpecremalleira á 5:00h. na TVG».

——————————————

SOBRE EL PLATAFÍN, DANNY BEIZANA, DE 5º DE A CRISTINA ESCRIBIÓ:

«El delfín Agudiño»
« El delfín Agudiño es un animal nuevo que se acaba de descubrir. Tiene un pico sacacorchos y es negro y gris. Tiene dos aletas pegadas al cuerpo, que usa para sumergirse. Se alimenta de algas, arena, rocas pequeñas… Los de su especie tienen un carácter muy bueno y son muy tímidos con los desconocidos. Viven en el Atlético, en el fondo del mar. Miden entre dos metros y dos metros y medio. Pesan todos 57 kilos y todos los días, a las cuatro van a hacer ejercicio con la bicicleta. ¡Así es el delfín Agudiño!».

E IRIA ARÁN, DE 5º DE A CRISTINA ESCRIBIÓ:

«¡Noticias de última hora!
«Apareció un ser muy extraño de última hora. Unos dicen que apareció en una fábrica en la que trabajan con muchos experimentos y otros dicen que es una especie única en el mundo. Nosotros salimos a la calle a preguntar cómo se llama y dónde vive:
Yo creo que se llama Platanodelfín y que vive en el mar de la costa Atlántica.
Ahora que ya preguntamos cómo se llama y dónde vive, salimos a la calle a preguntar qué es y lo que come. Esto es lo que nos dicen:
Yo diría que este bicho come peces más pequeños que él y también que los coge justo en el fondo del mar.
Bueno, pues ya casi estamos llegando al final de la entrevista aunque… también vamos a preguntar por sus costumbres y aficiones. Ahí vamos:
Yo creo que este bicho tiene las mismas costumbres que nosotros, por ejemplo: va al colegio y estudia, come carne y legumbres y, lo más importante, de mayor seguro que tendrá novia.
Bueno, espectadores, ya llegamos al final de esta entrevista, espero que os gustara y que también os gustara esta nueva especie. Con cariño para nuestros espectadores».

SOBRE LA MARICIERRA, ANA LISTA, DE 5º DE A CRISTINA ESCRIBIÓ:

«Iba por el monte y vi una zarza llena de mariposas, fui a ver como y… ¡eran como cerraduras pero tenían antenas y volaban! Eran de muchos colores pero a mí la que más me gustaba era negra. Se alimentaba de hojas de roble y no son venenosas. Llevé una negra para casa, son muy buenas como animales de compañía y si les haces cosquillas hacen un ruido muy raro. Fui otra vez por allí y cogí otra ‘bolbofecha’ porque una amiga está mañana de aniversario. Le regalé una, ¡espero que le guste! Es un animal estupendo».

Y ALEX TARRÍO, DE 5º DE A CRISTINA ESCRIBIÓ:

«La voz de Galicia.
Periodista: Daniel Vilanova Lage.
Precio: 1euro.
¡Una nueva especie!
El pasado martes, el joven estudiante Álex Tarrío García, descubrió una nueva especie.
Los investigadores de un laboratorio suizo afirman que es un reptil. Álex, su descubridor, dice estas palabras:
Cuando salí de mi colegio y fui hacia casa, por el camino del río Anllóns, me dirigí al estanque de las ranas cuando, de pronto… salió del agua este curioso animal.
Ya que había sido su descubridor, decidieron que Álex le pusiera un nombre y él dijo:
Le llamaré Serpecremallera.
Cuando investigaron a este animal descubrieron que se alimenta de botones de chaquetas. Observaron a este animal todos los días y tamibén su cadena evolutiva.
Observaron que a las cinco en punto reptaba por el tallo de su planta y a las siete y media se metía en su charca y quedaba nadando hasta las ocho y cuarto.
Gracias por leer nuestras noticias. Sabrán más de la Serpecremallera a las 5:00h. en la TVG»


Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *