Fina Casalderrey, na mostra sobre a súa traxectoria. Foto de Rafa Fariña

Falar con Fina Casalderrey é aprender a escoitar, mecerse na cadencia da súa voz serea e deixarse aloumiñar polas súas verbas sabias e sinxelas, afondando nas vivencias dunha autora próxima e de trato familiar. Compartimos con ela un rato de amena conversa, para felicitala pola homenaxe que vai recibir esta semana no X Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra…
—————————————–
Hablar con Fina Casalderrey es aprender a escuchar, mecerse en la cadencia de su voz serena y dejarse acariciar por sus palabras sabias y sencillas, ahondando en las vivencias de una autora próxima y familiar. Compartimos con ella un rato de charla amena, para felicitarla por el homenaje que va a recibir esta semana en el X Salón del Libro Infantil y Juvenil de Pontevedra…

 

…onde se pode ver unha retrospectiva da súa vida e da súa obra literaria. O recuncho de Fina Casalderrey neste X Salón do Libro Infantil e Xuvenil chámase “Filla das ondas”, o mesmo título dun álbum ilustrado por Xosé Chavete e editado por KALANDRAKA, sobre a historia da cidade que a viu nacer.

-F.C.: É curioso. Son de Pontevedra, namorei en Pontevedra, estudei en Pontevedra, aquí fixen Maxisterio, e só saín para algunha viaxe, pero non para vivir fóra. Cando me pediron facer ese libro foi como se me pediran facer un libro sobre a miña nai. Se teño que describila fisicamente -eu que con pechar os ollos xa a vexo- nunca reparara en que tiña as pestanas longas, en como tiña o pelo, as mans… Aínda coñecéndoa de memoria, nunca precisara describila. Con Pontevedra foi o mesmo; entón púxenme a paseala doutra maneira, a mirar para o ceo, para o chan, cara aos lados… Eu mesma descubríaa cunha mirada nova, a min mesma me sorprendía e fíxome ir a un montón de libros a ver cousas do pasado que descoñecía. Foi un traballo bonito, pero non doado, porque tiña que ser unha historia fantástica, sen superar unha extensión, adaptada aos nenos, e contando a historia de Pontevedra e dos seus edificios emblemáticos. Non era doado, pero quedou algo digno.
Pontevedra é filla do mar, a súa primeira parroquia foi Santa María, coa basílica feita polos mariñeiros. Arredor da ponte do Burgo, da vella ponte romana antes da ponte medieval, aí empezou Pontevedra, en torno ao mar, por iso a protagonista é unha serea, coma nesa orixe mítica que se remonta a cando Teucro seguindo a serea Leucoíña chegou ata estas terras e quixo quedar aquí e fundou a cidade… Tiña que ser así; Pontevedra filla do mar, da ría, e das ondas.

Gústame esta cidade, as súas rúas de pedra, as fontes, as prazas, o cheiro a mar… Unha aperta grande como… como a vella muralla que había en Pontevedra
«Filla das ondas», Kalandraka: Fina Casalderrey, Xosé Chavete (ilustracións), 2003

-KLK: Ao fío desa estreita relación túa con Pontevedra, este décimo Salón do Libro Infantil e Xuvenil trata sobre o amor, e te escolle para renderche homenaxe pola túa traxectoria literaria.
-F.C.: É algo que teño que agradecer. É destas cousas nas que non te paras a pensar se é merecido ou non. Como cando alguén a quen aprecias, che da un abrazo, simplemente gústache. Estou moi contenta de que mo adicasen. Como di o poema, primeiro virá o noso e despois o resto; é dicir, que os de preto te aprecien sábeche mellor, e máis que sexa no Salón, no que se converteu co esforzo de tanta xente rica en ideas, dende a Escola de Canteiros ata os alumnos de Belas Artes… Canto traballan para converter esto en algo distinto cada ano.
O que máis valoro é que seduza aos máis novos, aos mestres; que sexan capaces de convidalos a participar… É unha participación totalmente desinteresada, por colaborar a chamar a atención sobre o libro e a lectura.

 Portada e imaxes interiores de "Filla das ondas" (Kalandraka)

-KLK: Que receita lles darías aos pais e aos mestres para que na tarefa de animar a ler aos cativos.
-F.C.: Xa se ten dito moito e ben, que a lectura serve para facernos máis libres, para defendernos mellor na vida… Todos os tópicos son certos. Eu diríalles unha cousa moi particular: todo o que non lean de nenos é unha eiva que queda para sempre. E por moito que sigas lendo e o descubras, que será estupendo, notas que aquelo que tiñas que ler a aquela idade e non leches, hai un baleiro aí que non hai nada que o cubra, como se fose un tempo de desamor, sen amor. Hai outras cousas que te enchen, pero o buratiño aquel está aí.
Creo que é unha pena que haxa algún neno ou nena no mundo -que os haberá que non teñan oportunidade de aprender a ler- que non viva ese momento máxico que recordamos todos para sempre, aínda que teñas poucos libros na casa, como era o meu caso, no que descubres por ti mesmo aquel código escrito… É algo que queda para sempre. Por tanto, que lean, aínda que non sexan os meus libros. Hai moitos libros que che fan cóxegas na pel da alma; de feito, ocorre sempre cando les un libro e logo ves a película, non é nin parecido, porque ti viviches esa película antes, moito máis complexa e profunda, e decepciónate un chisquiño case sempre. E no caso contrario, é moi raro que che pareza que a película vai superar o libro, por moi boa que sexa. Hai algo que che deixa liberdade para chegar a onde sería imposible chegar doutra maneira: á túa imaxinación.

-KLK: En que está traballando Fina Casalderrey actualmente?
-F.C.: Rematei un relato para o concello de Pontevedra que ten de pano de fondo o tema da educación vial. É unha historia que espero que guste. O trasfondo vial agardo que os nenos nen o noten. Trátase dunha historia chea de intriga na que hai un pouquiño de amor. Confío en que esperte sentimentos na xente que a lea, que se sinta identificada con algún dos personaes. Mais sempre estou faenando… No medio de papeis e de libros andamos, ordeando ideas e buscando tempo.

-KLK: E cal é a túa percepción sobre o futuro da literatura infantil e xuvenil, cara a onde camiña este xénero.
-F.C.: Poderán cambiar os soportes, eu sentiría -pola xeración que me tocou vivir- nostalxia, se desaparece o libro, que me custa crer que desapareza. Porque a literatura sempre será literatura…

Y así, lembrando os augurios da Galaxia Gutemberg, e representando coas mans xuntas a imaxe dun libro aberto, Fina Casalderrey parece aspirar o aroma das follas de papel, da tinta que plasmou todos e cada un dos libros que a fixeron crecer como persoa, todas e cada unha das obras que escribiu e que contribuiu  a crear. O próximo sábado 7 de febreiro ás 13:00 horas no Pazo da Cultura de Pontevedra, o poeta Antonio García Teijeiro trazará unha semblanza da súa vida persoal e literaria. Alí estaremos para agradecerlle “Filla das ondas” e todas as historias que estean por vir da súa imaxinación e do seu talento narrativo.

(Agradecemento a Rafa Fariña polas fotos de Fina Casalderrey)

 

———————————————————————————

Fina Casalderrey, en la exposición sobre su trayectoria. Foto de Rafa Fariña

…donde se puede ver una retrospectiva de su vida y su obra literaria. El rincón de Fina Casalderrey en este X Salón del Libro Infantil y Juvenil se llama “Filla das ondas”, el mismo título de un álbum ilustrado por Xosé Chavete y editado por KALANDRAKA, sobre la historia de la ciudad que la vio nacer.
-F.C.: Es curioso. Soy de Pontevedra, me enamoré en Pontevedra, estudié en Pontevedra, aquí hice Magisterio, y solo salí para algún viaje, pero no para vivir fuera. Cuando me pidieron hacer ese libro fue como si me pidiesen hacer un libro sobre mi madre. Si la tengo que describir físicamente -yo que con cerrar los ojos ya la veo- nunca había reparado en que tenía las pestañas largas, en cómo tenía el pelo, las manos… Aún conociéndola de memoria, nunca necesité describirla. Con Pontevedra fue lo mismo; entonces me puse a pasearla de otra manera, a mirar al cielo, al suelo, hacia los lados… Yo misma la descubría con una mirada nueva, a mí misma me sorprendía y me hizo ir a un montón de libros a ver cosas del pasado que desconocía. Fue un trabajo bonito, pero no fácil, porque tenía que ser una historia fantástica, sin superar una extensión, adaptada para niños, y contando la historia de Pontevedra y de sus edificios emblemáticos. No era sencillo, pero quedó algo digno.
Pontevedra es hija del mar, su primera parroquia fue Santa María, con la basílica hecha por los marineros. Alrededor del puente de O Burgo, del viejo puente romano antes del puente medieval, ahí empezó Pontevedra, en torno al mar, por eso la protagonista es una sirena, como en ese origen mítico que se remonta a cuando Teucro siguiendo a la sirena Leucoíña llegó a estas tierras y quiso quedarse aquí y fundó la ciudad… Tenía que ser así; Pontevedra hija del mar, de la ría, y de las olas.

Me gusta esta ciudad, sus calles de piedra, las fuentes, las plazas, el olor a mar… Un abrazo grande como… como la vieja muralla que había en Pontevedra
«Filla das ondas», Kalandraka: Fina Casalderrey, Xosé Chavete (ilustracións), 2003

-KLK: Al hilo de esa estrecha relación tuya con Pontevedra, este décimo Salón del Libro Infantil y Juvenil trata sobre el amor, y te escoge para hacerte un homenaje por tu trayectoria literaria.
-F.C.: Es algo que tengo que agradecer. Es de estas cosas en las que no te paras a pensar si es merecido o no. Como cuando alguien a quien aprecias, te da un abrazo, simplemente te gusta. Estoy muy contenta de que me lo dedicasen. Como dice el poema, primero vendrá lo nuestro y luego el resto; es decir, que los de cerca te aprecien te sabe mejor, y más que sea en el Salón, en lo que se convirtió con el esfuerzo de tanta gente rica en ideas, desde la Escuela de Canteros hasta los alumnos de Bellas Artes… Cuánto trabajan para convertir esto en algo distinto cada año.
Lo que más valoro es que seduzca a los más jóvenes, a los profesores; que sean capaces de convidarlos a participar… Es una participación totalmente desinteresada, por colaborar a llamar la atención sobre el libro y la lectura.

Ilustraciones interiores de "Filla das ondas" (Kalandraka)

-KLK: ¿Que receta les darías a los pais y a los maestros en la tarea de animar a leer a los niños?
-F.C.: Ya se ha dicho mucho y bien, que la lectura sirve para hacernos más libres, para defendernos mejor en la vida… Todos los tópicos son ciertos. Yo les diría una cosa muy particular: todo lo que no lean de niños es un vacío que queda para siempre. Y por mucho que sigas leyendo y lo descubras, que será estupendo, notas que aquello que tenías que haber leído a aquella edad y no leíste, hay un hueco ahí que no hay nada que lo cubra, como si fuese un tiempo de desamor, sin amor. Hay otras cosas que te llenan, pero el agujerito aquel está ahí.
Creo que es una pena que haya algún niño o niña en el mundo -que los habrá que no tengan la oportunidad de aprender a leer- que no viva ese momento mágico que recordamos todos para siempre, aunque tengas pocos libros en casa, como era mi caso, en el que descubres por ti mismo aquel código escrito… Es algo que queda para siempre. Por tanto, que lean, aunque no sean libros míos. Hay muchos libros que te hacen cosquillas en la piel del alma; de hecho, ocurre siempre cuando lees un libro y luego ves la película, no es ni parecido, porque tú viviste esa película antes, mucho más compleja y profunda, y te decepciona un poco casi siempre al final. Y en el caso contrario, es muy raro que te parezca que la película va a superar el libro, por muy buena que sea. Hay algo que te deja libertad para llegar a donde sería imposible llegar de otra manera: tu imaginación.

-KLK: ¿En qué está trabajando Fina Casalderrey actualmente?
-F.C.: Terminé un relato para el ayuntamiento de Pontevedra que tiene como telón de fondo el tema de la educación vial. Es una historia que espero que guste. El trasfondo vial espero que los niños ni lo noten. Se trata de una historia llena de intriga en la que también hay un poco de amor. Confío en que despierte sentimientos en la gente que la lea, que se sienta identificada con alguno de los personajes. Pero siempre estoy trabajando… En medio de papeles y de libros estamos, ordenando ideas y buscando tiempo.

-KLK: ¿Y cuál es tu percepción sobre el futuro de la literatura infantil y juvenil, hacia dónde se dirige este género?
-F.C.: Podrán cambiar los soportes, yo sentiría -por la generación que me tocó vivir- nostalgia, si desaparece el libro, que me cuesta creer que desaparezca. Porque la literatura siempre será literatura…

Y así, recordando los augurios de la Galaxia Gutemberg, y representando con las manos juntas la imagen de un libro abierto, Fina Casalderrey parece aspirar el aroma de las hojas de papel, de la tinta que ha plasmado todos y cada uno de los libros que la hicieron crecer como persona, todos y cada uno de las obras que escribió y que contribuyó a crear. El próximo sábado a las 13:00 horas en el Pazo de Cultura de Pontevedra, el poeta Antonio García Teijeiro trazará una semblanza de su vida personal y literaria. Allí estaremos para agradecerle “Filla das ondas” y todas las historias que están por venir de su imaginación y su talento narrativo.

(Agradecimiento a Rafa Fariña por las fotos de Fina Casalderrey)


2 Responses to ENTREVISTA CON FINA CASALDERREY: “FILLA DAS ONDAS”

  1. Pingback: Parabéns para a LIX « InnovArte Educación Infantil

  2. Pingback: Buenas noticias para la LIJ en Galicia « InnovArte Educación Infantil Español

Deja un comentario