————————————
As ilustracións de “A verdadeira historia de Carapuchiña“, “O coelliño branco“, “O elixir do amor” e “O home de auga” van formar parte da exposición Sognando Immagini que este sábado 18 de abril se inaugura na cidade italiana de Sassari. Os seus autores, Marc Taeger, Óscar Villán, Adriá Fruitós e Gabriel Pacheco, son catro dos 18 ilustradores participantes. E KALANDRAKA, unha das seis editoriais representadas.






