Publicado mayo 7th, 2009 por Kalandraka
KALANDRAKA EN SANTIAGO, CUENCA, LISBOA… | Kalandraka em Lisboa, Cuenca, Compostela…
Maio é o mes no que comezan a proliferar as feiras do libro en numerosas cidades e vilas da nosa xeografía. Actualmente, os lectores poden visitar a caseta de KALANDRAKA ou de LIBROS PARA SOÑAR en Cuenca, Lisboa e Santiago de Compostela, onde o noso compañeiro Xosé Pérez amosoulles aos espectadores da TVG unha escolma de libros de tea para pre-lectores, clásicos da literatura infantil e álbums ilustrados.
———————————————————
Mayo es el mes en que empiezan a proliferar las ferias del libro en numerosas ciudades y pueblos. Actualmente, los lectores pueden visitar la caseta de Kalandraka o de Libros para Soñar en Cuenca, Lisboa y Santiago de Compostela, donde nuestro compañero Xosé Pérez les mostró a los espectadores de la TVG una selección de libros de tela para pre-lectores, clásicos de la literatura infantil y álbumes ilustrados.
———————————————————
Maio é o mês em que começam a proliferar as feiras do livro em inúmeras cidades e vilas. Actualmente, os leitores podem visitar o pavilhão da Kalandraka ou dos Livros para Sonhar em Lisboa, Cuenca e Santiago de Compostela, onde o nosso colega Xosé Pérez mostrou aos espectadores da TVG uma selecção de livros em tecido para pré-leitores, clássicos da literatura e álbuns ilustrados.
A caseta de KALANDRAKA na Feira de Santiago está decorada polo ilustrador Marc Taeger a partir da súa proposta estética para o conto titulado “Garavanciño”. Alí, un dos libros estrela desta tempada está a ser a nova edición de “A que sabe a lúa?”, de Michael Grejniec que, con motivo do décimo aniversario da súa publicación, inclúe un poster-medidor de agasallo para os lectores.
KALANDRAKA xa é un expositor veterano da Feira do Libro e da Lectura de Castela-A Mancha, que se celebra en Cuenca, onde o ano pasado a organización lle concedeu á editorial o Premio ao Labor Editorial, polo décimo aniversario da súa fundación. As ilustracións de “Orellas de bolboreta”, de André Neves, decoran o stand de KALANDRAKA, onde os nosos compañeiros Belén Sáez e David Lacal recibiron nestes primeiros días a visita dos responsables da feira, de autores como Cristina Falcón e de técnicos da Universidade de Castela-A Mancha.
KALANDRAKA participa por primeira vez na Nova Feira do Libro de Lisboa cunha caseta propia, que tivo moitas visitas no seu primeiro fin de semana. A 79ª Feira do Libro de Lisboa celébrase, como viña sendo habitual, no Parque Eduardo VII ata o 17 de maio, cun novo horario e nova imaxe. As casetas construíronse expresamente para esta edición e, ao seu remate, trasladaranse á Feira do Libro de Porto, que este ano se celebra despois.
——————————————-
La caseta de KALANDRAKA en la Feria de Santiago está decorada por el ilustrador Marc Taeger a partir de su propuesta estética para el cuento titulado “Garbancito”. Allí, uno de los libros estrella de esta temporada está siendo la nueva edición de “¿A qué sabe la luna?”, de Michael Grejniec que, con motivo del décimo aniversario de su publicación, incluye un poster-medidor de regalo para los lectores.
KALANDRAKA ya es un expositor veterano en la Feria del Libro y la Lectura de Castilla-La Mancha, que se celebra en Cuenca, donde el año pasado la organización le concedió a la editorial el Premio a la Labor Editorial, por el décimo aniversario de su fundación. Las ilustraciones de “Orejas de mariposa”, de André Neves, decoran el stand de KALANDRAKA, donde nuestros compañeros Belén Sáez y David Lacal recibieron en estos primeros días la visita de los responsables de la feria, de autores como Cristina Falcón y de técnicos de la Universidad de Castilla-La Mancha.
KALANDRAKA participa por primera vez en la Nueva Feria del Libro de Lisboa con una caseta propia, que tuvo muchas visitas en su primer fin de semana. La 79ª Feria del Libro de Lisboa se celebra, como venía siendo habitual, en el Parque Eduardo VII hasta el 17 de mayo, con un nuevo horario y nueva imagen. Las casetas se construyeron expresamente para esta edición y, a su término, se trasladarán a la Feria del Libro de Porto, que este año se celebra después.
———————————————————-
O pavilhão da Kalandraka na Feira de Santiago está decorado pelo ilustrador Marc Taeger a partir da sua proposta estética para o conto intitulado “Grão de Milho”. Aí, um dos livros sensação desta temporada é a nova edição do “A que sabe a Lua?”, de Michael Grejniec que, por ocasião do décimo aniversário da sua publicação, inclui a título de oferta para os leitores um “poster-fita métrica”.
A Kalandraka participa pela primeira vez na Nova Feira do Livro de Lisboa com um pavilhão próprio, que foi alvo de muitas visitas no primeiro fim-de-semana. A 79.ª Feira do Livro de Lisboa decorre como habitualmente no Parque Eduardo VII entre 30 de Abril e 17 de Maio com novo horário e nova imagem. Os pavilhões foram propositadamente construídos para o certame, seguindo depois para a Feira do Livro do Porto que, este ano, decorrerá posteriormente à de Lisboa.
A KALANDRAKA já é um expositor veterano na Feira do Livro e da Leitura de Castilla-La Mancha, que se celebra em Cuenca, onde no ano passado a organização atribuiu à editora o “Premio a la Labor Editorial”, pelo décimo aniversário da sua constituição. As ilustrações de “Orelhas de Borboleta”, de André Neves, decoram o pavilhão da Kalandraka, onde os nossos colegas Belén Sáez e David Lacal receberam nestes primeiros dias a visita dos responsáveis da feira e também de autores como Cristina Falcón e especialistas da Universidade de Castilla-La Mancha.





