Publicado julio 13th, 2009 por Kalandraka

“PALABRAS…” NO AR DE SANTIAGO

Paz e Alberto conducen os programas radiofónicos de PALABRAS NO AR

Os estudos de Radio Galicia, a emisora da Cadena Ser en Santiago, acollen esta semana a emisión do espazo radiofónico PALABRAS NO AR. Paz e Alberto presentan as voces dos nenos e nenas composteláns que participaron recentemente nas actividades de dinamización lingüística organizadas por KALANDRAKA no marco da campaña Bocaberta da Secretaría Xeral de Política Lingüística e das Escolas Municipais de Verán do Concello de Santiago. Os programas pódense escoitar de luns a venres ás 13:15 horas no 95.2 da Frecuencia Modulada e no 873 de Onda Media. Tamén se poden seguir no Blog de PALABRAS NO AR, que ofrecen unha ampla variedade de contidos: imaxes das sesións de contos e música e dos obradoiros, fragmentos de audio dos talleres de oralidade e de escrita creativa, montaxes audiovisuais a partir das actividades nas que participaron os cativos, enquisas sobre os libros favoritos dos lectores… Visitade a páxina e participade coas vosas opinións!


0 respuestas para ““PALABRAS…” NO AR DE SANTIAGO”

Seguir esta entrada Marcadores
  1. No hay comentarios

Dejar un comentario

Debe identificarse para hacer un comentario.

>