«Un saúdo moi grande para todos os nenos e nenas de Compostela. Espero vervos moi pronto nos concertos que daremos para presentar o disco Tic-Tac.»

O músico Pablo Díaz, que ameniza cos seus instrumentos as sesións de contacontos de KALANDRAKA, é un dos protagonistas da campaña de animación lingüística PALABRAS NO AR. Á volta do verán publicaremos o seu primeiro libro-disco, “Tic-Tac”, con ilustracións de Marc Taeger

————————————–

«Un saludo muy grande para todos los niños y niñas de Compostela. Espero veros muy pronto en los conciertos que daremos para presentar el disco Tic-Tac.»

El músico Pablo Díaz, que ameniza con sus instrumentos las sesiones de cuentacuentos de KALANDRAKA, es uno de los protagonistas de la campaña de animación lingüística del gallego PALABRAS NO AR. Después del verano publicaremos su primer libro-disco, “Tic-Tac”, con ilustraciones de Marc Taeger

…Na seguinte entrevista, que se pode escoitar no espazo radiofónico desta campaña de animación lingüística, o intérprete e compositor dános as claves para coñecer esta nova proposta dirixida a nenos e nenas a partir de tres anos de idade.

«Tic-Tac é un traballo musical no que, dunha maneira lúdica, se fai un percorrido por distintos ritmos nos que abarcamos a universalidade da música. Aparecen melodías e instrumentos moi variados para enriquecer esa música. O tratamento musical tamén varía de tema a tema. As cancións abordan cada unha un ritmo musical distinto ou unha temática diferente. E con varios instrumentos: da música clásica, do jazz, do folk e mesmo da música tradicional. Todo esto, cantado en galego, para que teñamos unha maneira divertida de poder gozar con toda esta música.»

Pablo Díaz interpreta "Tic-Tac" con acompañamento de acordeón e guitarra

Moitos nenos e nenas de Santiago e da bisbarra compostelá que participaron nas actividades da IX Campaña de Animación á Lectura -organizada pola Concellaría de Educación e por KALANDRAKA- xa coñecen algunhas composicións. Tampouco lles son alleas aos oíntes habituais do programa radiofónico PALABRAS NO AR, cuxa sintonía de cabeceira e de despedida é o tema que lle dá título ao libro-disco.

Así pois, cunha variedade de estilos que van dende o swing ata o rock, pasando polo jazz ou o blues, “Tic-Tac” convértese nunha proposta ideal non só para escoitar na casa, senón tamén na escola, como complemento das clases de Educación Musical. Por outra banda, as cantigas abordan temas próximos aos cativos, como a natureza, o mar, os animais ou o fogar, de xeito que se lles proporciona vocabulario e fórmulas de expresión a través da música.

«Dentro do disco “Tic-Tac” aparecen diversas temáticas. Hai temas coñecidos por todos os nenos de Compostela, como “Un dous tres, que ves?”. E tamén cancións nas que se fai referencia a elementos da casa e da cociña, a natureza, o mar ou os animais. Cómpre salientar ademais que é un traballo para compartir entre pais e fillos. E que o poden cantar tamén cos mestres de música, de lingua ou doutras materias. Por exemplo, o tema titulado “O Moucho” está interpretado pola miña filla, á que lle gusta moito, por eso fixemos un arranxo para poder cantalo xuntos.»

Pois ansiosos estamos por ler as letras, tararear as melodías, admirar as ilustracións e, sobre todo, cantar en galego e bailar, ao ritmo do “Tic-Tac” de Pablo Díaz e dos músicos que colaboran neste proxecto tan marchoso. Estade atentos ao BLOG K e á páxina web de KALANDRAKA, onde se dará información puntual sobre o lanzamento deste traballo discográfico-editorial, sobre o laborioso proceso de elaboración das ilustracións por parte de Marc Taeger e sobre o calendario de actuacións para a presentación oficial desta nova obra, a partir do próximo curso escolar. Ata daquela, aínda que xa falta pouco, quedamos con Pablo e con Patricia, o tándem narrativo-musical de PALABRAS NO AR que deleita aos máis cativos nas sesións de contacontos.

Pablo e Patricia, músico e contadora de KALANDRAKA e de PALABRAS NO AR

————————————-

…En la siguiente entrevista, que se puede escuchar íntegramente en la web de PALABRAS NO AR, el intérprete y compositor nos da las claves para conocer esta nueva propuesta dirigida a niños y niñas a partir de tres años de edad.

«Tic-Tac es un trabajo musical en el que, de una manera lúdica, se hace un recorrido por por distintos ritmos en los que abarcamos la universalidad de la música. Aparecen melodías e instrumentos muy variados para enriquecer esa música. El tratamiento musical también varía de tema a tema. Las canciones abordan cada una un ritmo musical distinto o una temática diferente. Y con varios instrumentos: de la música clásica, del jazz, del folk e incluso de la música tradicional. Todo esto, cantado en gallego, para que tengamos una manera divertida de poder disfrutar con toda esta música.»

Muchos niños y niñas de Santiago y de la comarca compostelana que participaron en las actividades de la IX Campaña de Animación a la Lectura -organizada por la Concejalía de Educación y por KALANDRAKA- ya conocían algunas composiciones. Tampoco les son ajenas a los oyentes habituales del programa radiofónico PALABRAS NO AR, cuya sintonía de cabecera y de despedida es el tema que le da título al libro-disco.

Pablo Díaz canta "Tic-Tac", con acompañamiento de acordeón y guitarra

Así pues, con una variedad de estilos que van desde el swing hasta el rock, pasando por el jazz o el blues, “Tic-Tac” se convierte en una propuesta ideal no solo para escuchar en casa, sino tambien en el colegio, como complemento de las clases de Educación Musical. Por outra parte, las canciones abordan temas próximos a los niños, como la naturaleza, el mar, los animales o el hogar, de modo que se les proporciona vocabulario y fórmulas de expresión a través de la música.

«Dentro del disco “Tic-Tac” aparecen diversas temáticas. Hay temas conocidos por todos los niños de Compostela, como “Un dous tres, que ves?”. Y también canciones en las que se hace referencia a elementos de la casa y la cocina, la naturaleza, el mar o los animales. Hay que destacar además que es un trabajo para compartir entre padres e hijos. Y que lo pueden cantar también con los profesores de música, de lengua o de otras materias. Por ejemplo, el tema titulado “O Moucho” está interpretado por mi hija, a la que le gusta mucho, por eso hicimos un arreglo para poder cantarlo juntos.»

Pues ansiosos estamos por leer las letras, tararear las melodías, admirar las ilustraciones y, sobre todo, cantar en gallego y bailar, al ritmo del “Tic-Tac” de Pablo Díaz y de los músicos que colaboran en este proyecto tan marchoso. Estad atentos al BLOG K y a la página web de KALANDRAKA, donde se dará información puntual sobre el lanzamiento de este trabajo discográfico-editorial, sobre el laborioso proceso de elaboración de las ilustraciones por parte de Marc Taeger y sobre el calendario de actuaciones para la presentación oficial de esta nueva obra, a partir del próximo curso escolar. Hasta entonces, aunque ya falta poco, nos quedamos con Pablo y con Patricia, el tándem narrativo-musical de PALABRAS NO AR que deleita a los más pequeños en las sesiones de cuentacuentos.

Acto de clausura de la IX Campaña de Animación a la Lectura de Santiago, donde se presentó un adelanto de "Tic-Tac"


Deja un comentario