Felipe Ugalde presentó "Un gran sueño" en la FIL de Guadalajara

El artista plástico mexicano Felipe Ugalde, autor e ilustrador de “Un gran sueño”, presentó en la FIL de Guadalajara (México) esta obra con la que ganó el II Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado. Ugalde expresó su “orgullo” por incorporarse al catálogo de KALANDRAKA con este libro cuyo personaje, un cocodrilo, “nació con buena estrella y hoy forma parte del universo”, en alusión a su relación con la astronomía, la mitología maya y la sociedad contemporánea.

—————————————

O artista plástico mexicano Felipe Ugalde, autor e ilustrador de “Un gran soño”, presentou na FIL de Guadalajara esta obra coa que gañou o II Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado. Ugalde expresou o seu “orgullo” por incorporarse ao catálogo de KALANDRAKA con este libro cuxo protagonista, un crocodilo, “naceu con boa estrela e hoxe forma parte do universo”, en alusión á relación coa astronomía, a mitoloxía maia e a sociedade contemporánea.

Seguir leyendo


Kiko Da Silva e Carlos Portela, en un taller de cómic celebrado en la FIL

El ilustrador Kiko Da Silva y el guionista Carlos Portela están en la Feria del Libro de Guadalajara, donde impartieron una charla sobre cómic para el público mexicano. Los autores de títulos como “Fiz” y “La cuenta atrás”, editados por FAKTORÍA K, mostraron sus respectivas obras y pusieron en común su experiencia en este género. El resultado, una divertida historieta elaborada en vivo y en directo: una niña que se pierde en la FIL es el argumento de “Una feria para no perderse”, que juega con el doble sentido de esta cita ineludible dedicada al libro y la lectura.

—————————–

O ilustrador Kiko Da Silva e o guionista Carlos Portela están na Feira do Libro de Guadalajara, onde impartiron unha charla sobre cómic para o público mexicano. Os autores de títulos como “Fiz” e “A conta atrás”, editados por FAKTORÍA K, amosaron as súas respectivas obras e puxeron en común a súa experiencia neste xénero. O resultado, unha divertida historieta elaborada en vivo e en directo: unha nena que se perde na FIL é o argumento de “Unha feira para non perderse”, que xoga co dobre sentido desta cita ineludible adicada ao libro e á lectura.

 

Seguir leyendo


Lectoras mexicanas en el stand de LIBROS PARA SOÑAR, con el álbum "Un gran sueño"

Además del stand de LIBROS PARA SOÑAR, los libros de KALANDRAKA y FAKTORÍA K se encuentran también en otros puntos de la FIL de Guadalajara. En castellano, en el stand de la Asociación de Editores de Andalucía, y en gallego, en el stand de la Asociación Gallega de Editores.

—————-

Ademais do stand de LIBROS PARA SOÑAR, os libros de KALANDRAKA e FAKTORÍA K tamén se atopan noutros puntos da FIL de Guadalajara. En castelán, no stand da Asociación de Editores de Andalucía, e en galego, no stand da Asociación Galega de Editores.

Seguir leyendo


Camile y Gabi, en el stand de LIBROS PARA SOÑAR

KALANDRAKA y FAKTORÍA K ya están con Callis y Obranegra en la Feria Internacional del Libro de Guadalajara, en México. Situado a las puertas del espacio infantil FIL Niños, el stand de LIBROS PARA SOÑAR se abre estos primeros días al público familiar, sorprendido por la constelación del cocodrilo que decora el espacio. El protagonista de “Un gran sueño”, el álbum ganador del II Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, se asoma desde un cielo azul y estrellado, rodeado de otras historias, colores y emociones.

——————————–Obranegra

KALANDRAKA e FAKTORÍA K xa están con CallisObranegra na Feira Internacional do Libro de Guadalaxara, en México. Situado ás portas do espacio infantil FIL Niños, o stand de LIBROS PARA SOÑAR ábrese estes primeiros días ao público familiar, sorprendido pola constelación do crocodilo que decora o espazo. O protagonista de “Un gran soño”, o álbum gañador do II Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, asómase dende un ceo azul e estrelado, rodeado doutras historias, cores e emocións.

Seguir leyendo


Felipe Ugalde presentará "Un gran sueño" en la FIL de Guadalajara

KALANDRAKA, FAKTORÍA K y LIBROS PARA SOÑAR se preparan para participar, un año más, en la Feria Internacional del Libro de Guadalajara, en México. “Un gran sueño”, galardonado con el II Premio Internacional Compostela, será el protagonista del stand y su autor, Felipe Ugalde, presentará la obra el próximo 30 de noviembre a las 18:30 horas en la sala Mariano Azuela de la FIL. Le acompañarán el director de KALANDRAKA, Xosé Ballesteros, y el coordinador de LIBROS PARA SOÑAR, José Manuel Mateo.

———————————–

KALANDRAKA, FAKTORÍA K e LIBROS PARA SOÑAR prepáranse para participar, un ano máis, na Feira Internacional do Libro de Guadalajara, en México. “Un gran soño”, galardoado co II Premio Internacional Compostela, será o protagonista do stand e o seu autor, Felipe Ugalde, presentará a obra o vindeiro 30 de novembro ás 18:30 horas na sala Mariano Azuela da FIL. Acompañarano o director de KALANDRAKA, Xosé Ballesteros, e o coordinador de LIBROS PARA SOÑAR, José Manuel Mateo.

Seguir leyendo


Toño Núñez, asinando exemplares de "Mago Goma"

Toño Núñez presentou o seu flamante “Mago Goma” na Biblioteca Municipal de Lugo, rodeado de moito, moitísimo, público infantil e adulto. Impacientes os cativos, atentos os maiores, pero todos moi receptivos aos versos que recitou e cantou o autor. Arroupárono o seu compañeiro mestre Xabier Pérez, que acompañou o acto cos acordes da súa guitarra, e o libreiro Carlos Coira, que asombrou a todos cos seus trucos de maxia. Mago Goma chega para ser feliz, facendo felices os nenos e nenas.

———————————————–

Toño Núñez presentú su flamante “Mago Goma” en la Biblioteca Municipal de Lugo, rodeado de mucho, muchísimo, público infantil y adulto. Impacientes los niños, atentos los mayores, pero todos muy receptivos a los versos que recitó y cantó el autor. Le arroparon su compañero de aulas Xabier Pérez, que acompañó el acto con los acordes de su guitarra, y el librero Carlos Coira, que asombró a todos con sus trucos de magia. Mago Goma llega para ser feliz, haciendo felices a los más pequeños.

Seguir leyendo


III Encontros de Casaescola en Vilagarcía

O próximo 2 de decembro a partir das 19:00 horas, no Auditorio de Vilagarcía, a educadora infantil e narradora Ana Abelenda impartirá unha charla sobre libros e lecturas recomentables para nenos e nenas de cero a tres anos. Será no marco dos III Encontros do Colectivo CasaEscola, que este ano teñen por lema “Educar para medrar”. A organización das xornadas porá a disposición dos asistentes un servizo de monitores para coidar dos seus fillos e fillas durante a conferencia.



 

O blog de PALABRAS NO AR ofrece un divertido xogo de adiviñas elaboradas polos escolares do CEIP Santo Paio de Abaixo, cos animais acuáticos e aéreos que habitan na ría. Esta proposta didáctica, baseada na colección “Pequechos” de FAKTORÍA K, xurdiu nun obradoiro de oralidade realizado cos alumnos e alumnas de 5º curso de Educación Primaria. O video anima a atinar no maior número posible de acertixos e, segundo o resultado, medir o nivel de coñecemento do habitat mariño.

Seguir leyendo


Luisa Aguilar, autora de "Orejas de mariposa", en el VII Salón del Libro Infantil y Juvenil de Córdoba

La autora de “Orejas de mariposa”, Luisa Aguilar, participó en el VII Salón del Libro Infantil y Juvenil de Córdoba, donde mantuvo dos encuentros con escolares de primer ciclo de Educación Primaria y con público familiar. En las mismas jornadas, celebradas en la Biblioteca Central de Córdoba, también participó el artista Miguel Calatayud, Premio Nacional de Ilustración 2009, autor de “Al pie de la letra” e ilustrador de “Libro de las M’Alicias”, reeditado por KALANDRAKA.

————————————————————-

A autora de “Orellas de bolboreta”, Luisa Aguilar, participou no VII Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Córdoba, onde mantivo dous encontros con escolares de primeiro ciclo de Educación Primaria e con público familiar. Nas mesmas xornadas, celebradas na Biblioteca Central de Córdoba, tamén participou o artista Miguel Calatayud, Premio Nacional de Ilustración 2009, autor de “Al pie de la letra” e ilustrador de “Libro das M’Alicias”, reeditado por KALANDRAKA.

Seguir leyendo


Emilio Pascual en el centro, presentado por la concejal de Acción Social de Alicante, Asunción Sánchez (foto de Intermundo Comunicación)

Las I Jornadas de Animación a la Lectura en Alicante “Érase una vez…” fueron todo un éxito de participación. 110 personas, del 9 al 12 de noviembre, entre profesores, estudiantes, libreros, bibliotecarios… La charla de Emilio Pascual, el taller de ilustración de Miguel Calatayud y la sesión narrativa de José Luis Berenguer fueron el cartel de lujo de esta iniciativa, que ojalá tenga continuidad en años sucesivos.

———————–

As I Xornadas de Animación á Lectura en Alicante “Érase una vez…” foron todo un éxito de participación. 110 persoas, do 9 ao 12 de novembro, entre profesores, estudantes, libreiros, bibliotecarios… A charla de Emilio Pascual, o obradoiro de ilustración de Miguel Calatayud e a sesión narrativa de José Luis Berenguer foron o cartel de luxo desta iniciativa, que ogallá teña continuidade en anos sucesivos.

Seguir leyendo