Queres coñecer o “Mago Goma”? Toño Núñez preséntanolo este venres 20 de novembro ás 19:00 horas na Biblioteca Municipal de Lugo (antigo parque de Frigsa).
“…Un mago que, aínda que pareza que toleou, en realidade, está de volta do mundo, e do único que se preocupa é de facer felices ás nenas e aos nenos, porque só así é feliz el. Unha gavela de páxinas cheas de poesía e de humor”.
Toño Núñez
Carlos Coira asombraranos cos seus trucos de maxia, e Xabier Pérez dará o compás cos acordes da súa guitarra.

