Publicado diciembre 28th, 2009 por comunicacion
A RITMO DE “TIC TAC”
Pablo Díaz coa harmónica, o clarinete e a súa voz interpretou en Vigo os temas do novo libro-disco “Tic Tac”. Completaron a banda Diego Barral coa guitarra e o bouzuqui, Alex Fente no acordeón, Antón Díaz co baixo e o contrabaixo eléctrico, Carliños Freire na percusión e Olga Kirk nos coros. Unha tarde fría de inverno, pingueiras e charcos na rúa… mais o ritmo da música e a fantasía colorida que desprenden as páxinas desta obra lograron quecer os corazóns de cativos e grandes neste tempo de Nadal.





