FAKTORÍA K intégrase na estrutura de KALANDRAKA

KALANDRAKA e FAKTORÍA K DE LIBROS veñen de formalizar a súa fusión, converténdose nunha soa empresa e formando unha das editoras máis importantes de Galicia, tanto polo seu capital social como polo seu fondo bibliográfico.

———————————————————

KALANDRAKA y FAKTORÍA K DE LIBROS han formalizado su fusión, convirtiéndose en una sola empresa y formando una de las editoriales más importantes de Galicia, tanto por su capital social como por su fondo bibliográfico.

Con este acordo, FAKTORÍA K intégrase na estrutura de KALANDRAKA, se ben ambos selos van seguir mantendo cadansúa liña editorial e a súa identidade propia, en espazos compartidos pero diferenciados. Un dos motivos que impulsa esta fusión é a integración no accionariado de KALANDRAKA dos seus traballadores, que xa eran socios de FAKTORÍA K.

KALANDRAKA dótase así dun maior reforzo a nivel corporativo, que redundará nunha mellor efectividade da súa organización interna. O ano 2010 é o elixido para a unificación dos dous selos, que comparten unha filosofía empresarial orientada á calidade das súas respectivas edicións, a nivel estético, literario, de deseño e de produción. O vindeiro 2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, KALANDRAKA cumplirá 12 anos de traxectoria.

Aos premios que suma KALANDRAKA neste tempo, entre os que destaca o recente galardón ‘CJ Picture Book Award’ outorgado por unha fundación cultural coreana ao álbum “O león Kandinga”, engádese tamén a colleita de recoñecementos por parte de FAKTORÍA K: Premio Nacional de Edición 2006 na categoría de Arte por “Animalario”, distinción Os Mellores Libros para Nenos 2009 por “Non é unha caixa”, e “Gabriela Mistral: selección poética” elixido para a exposición Ilustrarte 2009 (Portugal).

Un e outro selo tamén comparten a convocatoria de senllos concursos internacionais de creación: KALANDRAKA organiza anualmente o Premio Compostela de Álbum Ilustrado en colaboración co Departamento de Educación do Concello de Santiago e FAKTORÍA K promove o Premio ‘Ciudad de Orihuela’ de Poesía Infantil coa Concellería de Educación desa cidade.

Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado

Premio de Poesía Infantil Ciudad de Orihuela 

 

——————

Con este acuerdo, FAKTORÍA K se integra en la estructura de KALANDRAKA, si bien ambos sellos van a seguir manteniendo su respectiva línea editorial y su identidad propia, en espacios compartidos pero diferenciados. Uno de los motivos que impulsa esta fusión es la integración en el accionariado de KALANDRAKA de sus trabajadores, que ya eran socios de FAKTORÍA K.

KALANDRAKA se dota así de un mayor refuerzo a nivel corporativo, que redundará en una mejor efectividad de su organización interna. El año 2010 es el elegido para la unificación de los dos sellos, que comparten una filosofía empresarial orientada a la calidade de sus ediciones, a nivel estético, literario, de diseño y de producción. El próximo 2 de abril, Día Internacional del Libro Infantil y Juvenil, KALANDRAKA cumplirá 12 años de trayectoria.

A los premios que suma KALANDRAKA en este tiempo, entre los que destaca el reciente galardón ‘CJ Picture Book Award’ otorgado por una fundación cultural coreana al álbum “El león Kandinga”, se añade también la cosecha de reconocimientos por parte de FAKTORÍA K: Premio Nacional de Edición 2006 en la categoría de Arte por “Animalario”, distinción Los Mejores Libros para Niños y Jóvenes 2009 por “No es una caja”, y “Gabriela Mistral: selección poética” elegido para la exposición Ilustrarte 2009 (Portugal).

Uno y otro sello también comparten la convocatoria de sendos concursos internacionales de creación: KALANDRAKA organiza anualmente el Premio Compostela de Álbum Ilustrado en colaboración con el Departamento de Educación del Ayuntamiento de Santiago y FAKTORÍA K promueve el Premio Ciudad de Orihuela de Poesía Infantil con la Concejalía de Educación de esa ciudad.


Deja un comentario