
O equipo de animación á lectura de KALANDRAKA visitou hai uns días os nenos e nenas da Escola de Educación Infantil “As Dunas”, en Nigrán. O blog do centro, titulado Tartarugas de Panxón, amosa fragmentos da sesión, na que Sandra e Iria contaron e cantaron contos como “Crocodilo namorado”, “Un becho estraño” ou “Chibos chibóns”, co acompañamento musical de Luis Prego. Unha forte aperta aos escolares e ao profesorado pola súa agarimosa acollida.






