Afinamos a vista e o oído, aclaramos a voz e poñemos a punto o corpo enteiro. Imos cantar e bailar ao son de “Tic Tac”. Con quen? Cos nenos e nenas da libraría Quimbamba, na Coruña. Pablo e Patricia ofrecéronlles unha sesión de contos e música chea de ritmo, contaron e cantaron contos como o “O poliño da abeleira” e “Un dous tres, que ves? ” e bailaron ao son do “Rock do porco celta”. Queredes ver como transcorreu a festa?






