Publicado febrero 22nd, 2010 por comunicacion
A BANDA DE TIC-TAC NA FNAC-A CORUÑA
Co Fórum da Fnac-A Coruña abarrotado de lectores cativos e grandes, KALANDRAKA presentou o seu novo libro-disco, “Tic-Tac”. Pablo Díaz encabeza unha banda moi especial de músicos e de voces: Antón Díaz no baixo e no contrabaixo, Olga Kirk nos coros, Álex Fente no acordeón, Carlos Freire na batería e Diego Barral na guitarra, lucindo camisetas coas ilustracións de Marc Taeger. A eles fóronse sumando Carmen Rey, Xabier Díaz, Ruote, a pequena Icía… e quedamos con ganas de máis. Por eso, a próxima cita con “Tic-Tac” será o vindeiro 21 de marzo no Fórum Metropolitano da Coruña.
Pablo Varela compartiu tres videos da actuación. Grazas a el e a outros contribuintes que, a través do perfil de Tic-Tac de Pablo Díaz en Facebook, achegaron imaxes da presentación.









