A Campaña de Animación á Lectura que organizan o Departamento de Educación do Concello de Santiago e KALANDRAKA, en colaboración coa Galería Sargadelos, cumpre unha década ao servizo da comunidade escolar e educativa da bisbarra compostelá. Co lema “Un gran soño”, que non só é o título da obra galardoada co II Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, senón tamén a expresión do camiño percorrido nestas dez edicións, a Campaña vólcase un ano máis en desenvolver actividades gratuitas para pre-lectores, escolares, educadores, bibliotecarios e promotores da lectura, público familiar e, por primeira vez, futuros creadores artísticos. A programación transcorrerá ata o 22 de maio na Galería Sargadelos, nas escolas infantís de Conxo, As Fontiñas, San Roque e Polígono do Tambre, e tamén no IES de Sar.

————————————————

La Campaña de Animación a la Lectura que organizan el Departamento de Educación del Ayuntamiento de Santiago y KALANDRAKA, en colaboración con la Galería Sargadelos, cumple una década al servicio de la comunidad escolar y educativa de la comarca compostelana. Con el lema “Un gran sueño”, que no solo es el título de la obra galardonada con el II Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, sino también la expresión del camino recorrido en estas diez ediciones, la Campaña se vuelca un año más en desarrollar actividades gratuitas para escolares, educadores, bibliotecarios y promotores de lectura, público familiar y, por primera vez, pre-lectores y futuros creadores artísticos. La programación transcurrirá hasta el 22 de mayo en la Galería Sargadelos, en las escuelas infantiles de Conxo, As Fontiñas, San Roque y Polígono do Tambre, y también en el IES de Sar.

A proclamación da obra gañadora no III Premio Internacional Compostela marca o comezo dun completo calendario no que non faltarán sesións de contos e música, visitas guiadas á exposición de ilustracións e obxectos artísticos, obradoiros de escrita creativa e ilustración, actividades formativas para o profesorado, encontros con ilustradores e charlas para familias. O obxectivo da X Campaña de Animación á Lectura, que chegará a máis de 5.000 escolares de Santiago e da bisbarra, é achegalos á lectura nun clima motivador e creativo, inculcarlles o aprezo polas producións plásticas, literarias e musicais como ben cultural nun contexto crítico e selectivo, e promover a tradición e a expresión oral da lingua.

As sesións de contacontos e as visitas guiadas á exposición, para escolares de Educación Infantil e 1º ciclo de Primaria, realízanse na Galería Sargadelos en horario matinal ata o 12 de maio. Tamén destacan os obradoiros de ilustración que imparte o artista plástico Óscar Villán a grupos de 2º ciclo de Educación Primaria, así como os obradoiros de escrita creativa que, arredor da “Gramática da Fantasía” do pedagogo italiano Gianni Rodari, desenvolve Alberto Barreiro con grupos de 3º ciclo de Primaria.

Outro aspecto relevante do programa son os encontros que van manter os ilustradores Marc Taeger e Pablo Otero co alumnado das Escolas Infantís, que nos seus respectivos obradoiros van mesturar música e ilustración para favorecer o desenvolvemento da creación visual e da escoita. Entre as novidades da X Campaña de Animación á Lectura figura precisamente a sesión teórica e práctica que Pablo Otero vai realizar no IES do Sar cos alumnos e alumnas de Bacharelato Artístico, que poderán coñecer a experiencia directa dun profesional no ámbito da ilustración.

Este sábado 17 de abril celebraranse as primeiras actividades abertas ao público: “Do berce á lúa” é o título das sesións de contos para bebés de cero a tres anos acompañados dun adulto que, a partir das 11:30 e das 12:30 horas, haberá na Galería Sargadelos. O aforo é limitado, polo que cómpre solicitar reserva no Departamento de Educación do Concello de Santiago.

Tamén é de entrada libre e aberta ao público infantil e adulto en xeral, a sesión de contos titulada “Contos a carón da lareira”, que se celebrará na Galería Sargadelos o sábado 24 de abril a partir das 12:00 horas. Nesta actividade, adicada aos contos de tradición oral, vai participar a Escola Municipal de Música. As familias terán outra cita o 20 de maio nas Escolas Infantís, cunha sesión especial na que se explicarán pautas para introducir o libro e a lectura en función das idades dos nenos e nenas, con exemplos prácticos en cada etapa do crecemento.

No que respecta ao persoal docente, bibliotecarios e mediadores de lectura, o 4 de maio a partir das 18:30 horas, na Galería Sargadelos, poderán asistir a unha charla impartida pola profesora e responsable da biblioteca no IES Ánxel Casal da Coruña, Carmen Loriga. Co relatorio “E ti por que les? Vieiros que desde a nenez nos achegan á lectura”, a ponente vai explicar distintos proxectos de animación lectora no ámbito escolar.

A clausura de “Un gran soño” será o 22 de maio ás 12:00 horas, cunha sesión especial para nenos e nenas, nais e pais, profesorado e público en xeral. A Galería Sargadelos e o Casino de Santiago acollerán diversas actividades para conmemorar o décimo aniversario da Campaña de Animación á Lectura. Entre outros invitados, participarán os alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música.

Ata entón, a Galería Sargadelos acolle unha mostra de ilustracións e obxectos artísticos que, ademais de estar á disposición dos grupos escolares que participen nas actividades matinais, tamén pode ser visitada pola cidadanía en horario comercial. Entre as obras expostas figuran “Un gran soño”, do mexicano Felipe Ugalde, gañador do II Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado; “A viaxe do bisavó”, da valenciana Aitana Carrasco; “Os catro amigos”, do mexicano Gabriel Pacheco; os linogravados do ilustrador suizo afincado en Galicia Marc Taeger, para o libro-disco “Tic Tac”; e os ideogramas do ourensán Pablo Otero baseados no libro “Gramática da fantasía”.

Ademais, con motivo do centenario do nacemento de Leo Lionni, dispúxose unha sala específica en homenaxe ao autor e ilustrador de obras tan emblemáticas como “Frederick”, “Nadarín”, “A casa máis grande do mundo” e “Pequeno Azul e Pequeno Amarelo”.

NOTA INFORMATIVA

————————————————————————

La proclamación de la obra ganadora en el III Premio Internacional Compostela -“La familia C”, de Pep Bruno y Mariona Cabassa- marcó el comienzo de un completo calendario en el que no faltarán sesiones de cuentos y música, visitas guiadas a la exposición de ilustraciones y objetos artísticos, talleres de escrita creativa e ilustración, actividades formativas para el profesorado, encuentros con ilustradores y charlas para familias. La finalidad de la X Campaña de Animación a la Lectura, que llegará a más de 5.000 escolares de Santiago y su comarca, es acercarles a la lectura en un clima motivador y creativo, inculcarles el aprecio por las producciones plásticas, literarias y musicales como bien cultural en un contexto crítico y selectivo, y promover la tradición y la expresión oral de la lengua.

Las sesiones de cuentacuentos y las visitas guiadas a la exposición, para escolares de Educación Infantil y 1º ciclo de Primaria, se realizan en la Galería Sargadelos en horario matinal hasta el 12 de mayo. También destacan los talleres de ilustración que imparte el artista plástico Óscar Villán a grupos de 2º ciclo de Educación Primaria, así como los talleres de escrita creativa que, alrededor de la “Gramática da Fantasía” del pedagogo italiano Gianni Rodari, desarrolla Alberto Barreiro con grupos de 3º ciclo de Primaria.

 Otro aspecto relevante del programa son los encuentros que van a mantener los ilustradores Marc Taeger y Pablo Otero con el alumnado de las Escuelas Infantiles, que en sus respectivos talleres van a mezclar música e ilustración para favorecer el desarrollo de la creación visual y la escucha. Entre las novedades de la X Campaña de Animación a la Lectura figura precisamente la sesión teórica y práctica que Pablo Otero va a realizar en el IES de Sar con sus alumnos y alumnas de Bachillerato Artístico, que podrán conocer la experiencia directa de un profesional en el ámbito de la ilustración.

Este sábado 17 de abril se celebrarán las primeras actividades abiertas al público: “De la cuna a la luna” es el título de las innovadoras sesiones de cuentos para bebés de cero a tres años, acompañados de un adulto que, a partir de las 11:30 y las 12:30 horas, habrá en la Galería Sargadelos. El aforo es limitado, por lo que es necesario solicitar reserva en el Departamento de Educación del Ayuntamiento de Santiago.

También es de entrada libre y abierta al público infantil y adulto en general, la sesión de cuentos titulada “Cuentos junto al lar”, que se celebrará en la Galería Sargadelos el sábado 24 de abril a partir de las 12:00 horas. En esa actividad, dedicada a los cuentos de tradición oral, va a participar la Escuela Municipal de Música. Las familias tendrán otra cita el 20 de mayo en las Escuelas Infantiles, con una sesión especial en la que se explicarán pautas para introducir el libro y la lectura en función de las edades de los niños y niñas, con ejemplos prácticos en cada etapa del crecimiento.

En lo que respecta al personal docente, bibliotecarios y mediadores de lectura, el 4 de mayo a partir de las 18:30 horas, en la Galería Sargadelos, podrán asistir a una charla impartida por lla profesora y responsable de la biblioteca en el IES Ánxel Casal de A Coruña, Carmen Loriga. Con el relatorio “¿Y tú por qué lees? Caminos que desde la niñez nos acercan a la lectura”, la ponente va a explicar distintos proyectos de animación lectora en el ámbito escolar.

La clausura de “Un gran sueño” será el 22 de mayo a las 12:00 horas, con una sesión especial para niños y niñas, madres y padres, profesorado y público en general. La Galería Sargadelos y el Casino de Santiago acogerán diversas actividades para conmemorar el décimo aniversario de la Campaña de Animación a la Lectura. Entre otros invitados, participarán los alumnos y alumnas de la Escuela Municipal de Música.

Hasta entonces, la Galería Sargadelos acoge una muestra de ilustraciones y objetos artísticos que, además de estar a disposición de los grupos escolares que participen en las actividades matinales, también puede ser visitada por la ciudadanía en horario comercial. Entre las obras expuestas figuran “Un gran sueño”, del mexicano Felipe Ugalde, ganador del II Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado; “El viaje del bisabuelo”, de la valenciana Aitana Carrasco; “Los cuatro amigos”, del mexicano Gabriel Pacheco; los linograbados del ilustrador suizo afincado en Galicia Marc Taeger, para el libro-disco “Tic Tac”; y los ideogramas del ourensano Pablo Otero.

Además, con motivo del centenario del nacimiento de Leo Lionni, se creó una sala específica en homenaje al autor e ilustrador de obras tan emblemáticas como “Frederick”, “Nadarín”, “La casa más grande del mundo” y “Pequeño Azul y Pequeño Amarillo”.

NOTA INFORMATIVA


3 Responses to X CAMPAÑA DE ANIMACIÓN LECTORA: ‘UN GRAN SOÑO’

  1. Boas noites, gustaríame apuntarme á sesión de bebés que se desenvolverá na Sala Sargadelos este sábado, poderían facilitarme o contacto do Departamento de Educación?.

    Moitas grazas pola súa atención.

  2. Prezada Alba, moitas grazas por visitar o Blog K e polo teu interese nesta Campaña. Podes contactar co Departamento de Educación de Santiago chamando ao 981554400 ou enviando a túa petición ao enderezo dptoeducacion@santiagodecompostela.org
    Saúdos dende KALANDRAKA e agardamos verte este sábado na sesión.

  3. Pingback: ::Axenda cultural AELG:: » Blog Archive » Campaña de animación á lectura do Concello de Santiago e Kalandraka

Deja un comentario