A 36ª Feira do Libro de Vigo comeza este venres 2 de xullo na Praza de Compostela. As casetas van estar abertas ao público ata o domingo día 11, de 11:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 22:00 horas. O escritor Xosé Cid Cabido, autor -entre outros títulos- de “Oralmente pola boca”, editado en castelán por FAKTORÍA K, vai ler o pregón inaugural a partir das 19:30 horas. Ao longo dos próximos días, a caseta da libraría LIBROS PARA SOÑAR vai ofrecer unha ampla variedade de literatura infantil e xuvenil, mais tamén unha escolma de títulos dirixidos a lectores adultos. Entre as actividades que ofrece a Feira, destaca a presenza de autores e ilustradores que publicaron algunha obra en KALANDRAKA:

-O sábado 3, ás 20:00 horas, o ilustrador Óscar Villán asinará exemplares do seu traballo máis recente, “O Rei Oso Branco”, mais tamén doutros álbums emblemáticos, como “O coelliño branco”, polo que recibiu o 1º Premio Nacional de Ilustración en 1999; “Un becho estraño”, editado no selo FAKTORÍA K; ou a colección para pre-lectores “Do berce á lúa”.

-O domingo 4, a partir das 20:00 horas, o escritor Fran Alonso e o fotógrafo Manuel G. Vicente van asinar “A araña e mais eu”, un álbum galardoado pola Asociación Galega de Editores co Premio Xosé Neira Vilas 2009 ao mellor libro infantil, e escollido como un dos mellores álbums do ano pola revista Cuadernos de Literatura Infantil e Juvenil.

-O venres 9, dende as 20:00 horas, o músico Pablo Díaz e o ilustrador Marc Taeger asinarán exemplares do libro-disco “Tic-Tac”, co que xa cantan e bailan moitos escolares galegos, e que tamén alenta a creatividade dos cativos coas súas orixinais imaxes elaboradas coa técnica do linograbado.

Durante a Feira, os libros teñen un desconto do 10%. E diariamente haberá dous sorteos: un vale de 60 euros para mercar libros nas librarías participantes e un lote de libros. LIBROS PARA SOÑAR agárdavos na caseta número 7.


El lema del número 93 de la revista Peonza es “Leer con conocimiento” y la imagen de la portada es una ilustración de Rebeca Luciani, que ha publicado en KALANDRAKA el álbum “La sonrisa de Daniela”, obra distinguida en la prestigiosa selección The White Ravens 2008, y “La nube de Martín”, finalista del Premio Compostela de Álbum Ilustrado 2008.

Seguir leyendo


Los Libros para Soñar de KALANDRAKA viajan por todo el mundo. En ocasiones, gustan a editores de otros países, que adquieren sus derechos para traducirlos a sus respectivos idiomas. Brasil, Australia, Francia, Alemania, Japón, Taiwan, Corea… son algunos de esos lugares a los que han llegado muchos títulos del catálogo, que ahora están a disposición de niños y niñas que habitan en otros continentes, en otras culturas, y pueden leerlos al mismo tiempo que son leídos en España, o en Portugal, o en Italia… donde KALANDRAKA tiene sellos propios. Recibimos con expectación y curiosidad la traducción en coreano de “La historia del Rainbow Warrior”, de Rocío Martínez. Repasamos con la mirada la textura del papel, la tonalidad de las ilustraciones y, sobre todo, la sorprendente geometría de los caracteres. ¡La literatura infantil y juvenil no tiene fronteras!

———————-

Os Libros para Soñar de KALANDRAKA viaxan por todo o mundo. En ocasións, gustan a editores doutros países, que adquiren os seus dereitos para traducilos ás súas respectivas linguas. Brasil, Australia, Francia, Alemaña, Xapón, Taiwan, Corea… son algúns deses lugares aos que chegaron moitos títulos do catálogo, que agora están a disposición de nenos e nenas que habitan noutros continentes, noutras culturas, e poden lelos ao mesmo tempo que son lidos en España, ou en Portugal, ou en Italia… onde KALANDRAKA ten selos propios. Recibimos con expectación e curiosidade a tradución ao coreano de “A historia do Rainbow Warrior”, de Rocío Martínez. Repasamos coa ollada a textura do papel, a tonalidade das ilustracións e, sobre todo, a sorprendente xeometría dos caracteres. A literatura infantil e xuvenil non ten fronteiras!


Příběhy babičky Kataliny

Kdysi dávno, na jedné horské louce žila stařičká cikáda, která se jmenovala Katalina a byla velmi upovídaná…

(…así comenzaría “Las historias de la abuela Catalina” en checo, según la traducción de Pavlina Svandova)

Las historias de la abuela Catalina”, de Iñaki Zubeldia y Estibalitz Jalón, editado en el sello FAKTORÍA K, ha llegado hasta Chequia. La profesora Pavlina Svandova ha compartido con el autor una simpática imagen de sus sobrinas, atentas a las ilustraciones del álbum, galardonado con la beca Etxepare. Si visualmente el relato les atrajo desde el primer momento, en cuanto su tía les tradujo al checo el relato, quedaron absolutamente prendadas del libro. Desde FAKTORÍA K y KALANDRAKA, somos partícipes de la satisfacción de Iñaki Zubeldia por la grata acogida que su obra ha tenido en lugares tan distantes como Euskadi, Chequia o incluso Sudamérica. En sus próximos encuentros con escolares, a partir del próximo curso, “Las historias de la abuela Catalina” será un pasajero ineludible en la maleta de libros del autor.


Del 6 al 8 de agosto se celebrará en Valladolid el III Encuentro Internacional de Álbum Ilustrado, IlustraTour 2010, organizado por Ilustrarte. El programa incluye conferencias, exposiciones, entrevistas, actuaciones, cine y mesas de editores. KALANDRAKA será uno de los sellos que participará en esos encuentros, el sábado 7 de 16:00 a 20:00 horas en el Museo Patio Herreriano, donde los ilustradores tendrán citas de 15 minutos para exponer una muestra de su trabajo artístico. Las solicitudes se coordinan en la web de Ilustrarte.

————————

Do 6 ao 8 de agosto celebrarase en Valladolid o III Encontro Internacional de Álbum Ilustrado, IlustraTour 2010, organizado por Ilustrarte. O programa inclúe conferencias, exposicións, entrevistas, actuacións, cine e mesas de editores. KALANDRAKA será un dos selos que participará neses encontros, o sábado 7 de 16:00 a 20:00 horas no Museo Patio Herreriano, onde os ilustradores terán citas de 15 minutos para expór unha mostra do seu traballo artístico. As solicitudes coordínanse na web de Ilustrarte.

Seguir leyendo


Os escolares de Pontevedra despedíronse xa das aulas por este curso académico e teñen por diante un plácido verán para descansar, repasar leccións quen teña que recuperar materias… e ler moito. Tamén a campaña “O Cartafol do Lérez” -organizada pola Concellería de Educación e KALANDRAKA- fai unha paréntese para preparar novos obradoiros, para artellar outras propostas de achegamento ao libro e á lectura, para compartir co profesorado estratexias novidosas de traballo co alumnado. A edición impresa do xornal “O Cartafol do Lérez” chegou hai uns días aos centros de Educación Infantil e Primaria e os rapaces xa poden apreciar as súas propias creacións e as dos seus compañeiros. A partir do próximo mes de setembro, os colexios poden sumarse á campaña: é o caso dos nenos e nenas do CEIP Marcos da Portela, que poderán participar na creación de contos fantásticos, coplas renovadas, noticias imaxinarias… e adiviñas de animais fluviais como as que se recompilan nunha interesante montaxe audiovisual. Para xogar con estes acertixos elaborados polos escolares de 5ºB do CEIP Manuel Vidal Portela, e baseados na lectura da colección “Pequechos” de FAKTORÍA K, basta con acceder ao blog de “O Cartafol do Lérez” no enderezo www.ocartafoldolerez.org.

  

(Adiviña animais do río. do blog de O Cartafol do Lérez).

Seguir leyendo


Estos libros no tienen hora. No hay plazos. No tienen fecha de lectura. Son lecturas sin prisas. Son libros para disfrutar por dentro y por fuera. Para empezarlos cuando se quiera. Para dar sombra y asombrar. Son libros para llevar con uno mismo. Una guía del Club Kiriko, la Confederación Española de Gremios y Asociaciones de Libreros, el Plan de Fomento de la Lectura y el Ministerio de Cultura, recomienda varios títulos para este verano. Entre ellos, “Los bolsillos de Lola”, de Quentin Blake, para lectores desde 3 años, “Diógenes”, de Pablo Albo y Pablo Auladell, a partir de 6 años y “La casa”, de J. Patrick Lewis y Roberto Innocenti, de 9 años en adelante.

—————————-

Estes libros non teñen hora. Non hai prazos. Non teñen data de lectura. Son lecturas sen presas. Son libros para gozar por dentro e por fóra. Para empezalos cando se queira. Para dar sombra e asombrar. Son libros para levar cun mesmo. Unha guía do Club Kiriko, a Confederación Española de Gremios e Asociacións de Libreiros, o Plan de Fomento da Lectura e o Ministerio de Cultura, recomenda varios títulos para este verán. Entre eles, “Os petos de Loreto”, de Quentin Blake, para lectores dende 3 anos, “Dióxenes”, de Pablo Albo e Pablo Auladell, a partir de 6 anos, e “La casa”, de J. Patrick Lewis e Roberto Innocenti, de 9 anos en diante.

Seguir leyendo


El colegio Montessori Pedregal de México organizó un ciclo de actividades de animación a la lectura que tuvieron como protagonistas varios libros de KALANDRAKA: “Paco”, “Dinosaurio Belisario”, “El viaje del bisabuelo”, y “Pasito” y “¡A bañarse!” del sello FAKTORÍA K. También sirvieron de hilo conductor la serie de Callis formada por “Yo amo los libros”, “Yo amo a los ilustradores”, “Yo amo las editoriales” y “Yo amo las bibliotecas”.

—————————————

O colexio Montessori Pedregal de México organizou un ciclo de actividades de animación á lectura que tiveron como protagonistas varios libros de KALANDRAKA: “Paco”, “Dinosaurio Belisario”, “A viaxe do bisavó”, e “Pasiño” e “A bañarse!” do selo FAKTORÍA K. Tamén serviron de fío condutor a serie de Callis formada por “Yo amo los libros”, “Yo amo a los ilustradores”, “Yo amo las editoriales” e “Yo amo las bibliotecas”.

Seguir leyendo


Los escolares del aula Els Peixos del CP Sant Jaume, en Onil (Alicante), ya son grandes expertos en la obra del autor e ilustrador Leo Lionni, del que se ha cumplido el centenario de su nacimiento. Han dedicado muchas horas de clase a dibujar, a escribir, a recortar y pegar, a plasmar su creatividad sobre el papel, dando forma y color a su imaginación. Buena parte del mérito corresponde al profesorado, por estimular el inmenso caudal de fantasía que atesora la mente de estos pequeños, por llenar su vida de libros y lecturas, por arropar su aprendizaje en un ambiente tan acogedor. Nuestro compañero César les visitó, les contó desde “La mierlita”, hasta “Luna”, pasando por “¡Oh!” y “Amelia quiere un perro”. Y sobre todo, volvió a la infancia con todos y cada uno de ellos.

Seguir leyendo