Os centros escolares de Pontevedra que participaron na campaña de animación lectora O Cartafol do Lérez comezan a recibir hoxe o número cero do xornal escolar que recolle unha escolma dos traballos elaborados polos alumnos e alumnas nos obradoiros de escrita creativa que se realizaron nos CEIP de Barcelos, Vilaverde-Mourente, Cabanas-Salcedo, Manuel Vidal Portela, San Bieito de Lérez, San Martiño-Salcedo e Froebel. Editáronse 2.000 exemplares desta publicación, que tamén se pode consultar na páxina de Internet http://www.ocartafoldolerez.org.

Trátase dunha iniciativa impulsada dende a Concellería de Educación de Pontevedra e coordinada por KALANDRAKA para achegar os libros e a lectura aos escolares de Primaria. Durante o pasado mes de maio, uns 400 rapaces e rapazas participaron activamente nunha serie de actividades baseadas en experiencias literarias adaptadas ao ámbito xeográfico e histórico da cidade, e contextualizadas na dinámica de cada centro docente. Coas creacións do alumnado artellouse un xornal que, ao longo de diversas seccións, contén dende micro-contos, adiviñas e poemas, ata receitas de cociña imaxinarias, pasando por un roteiro creativo pola zona monumental da cidade, unha entrevista co ilustrador Xosé Cobas, unha reportaxe sobre a Salcedoteca, a biblioteca escolar do CEIP San Martiño de Salcedo, e mesmo fotografías dos obradoiros.

Precisamente, un dos obxectivos desta campaña é potenciar as bibliotecas escolares como “eixe vertebrador”, segundo Xosé Pérez, de KALANDRAKA, da actividade dos centros. Pola súa participación en O Cartafol do Lérez, os colexios están a recibir estes días cadanseu lote de 20 obras, con títulos como “Gramática da fantasía”, do pedagogo Gianni Rodari, álbums ilustrados de creación, libros de ciencias, de coñecemento do medio, ou de poesía. A partir das actividades realizadas, os promotores desta iniciativa pretenden “prender a chispa da creatividade” no alumnado, para que a experiencia de ler e escribir se prolongue no tempo.

Ademais de distribuirse gratuitamente nos centros educativos, o xornal tamén aspira a introducirse nos fogares, a través dos propios alumnos e alumnas, “traspasar as fronteiras da escola” e apostar pola “lectura en familia” de O Cartafol do Lérez “como reforzo positivo para achegarse ao libro e á lectura”, precisou Xosé Pérez.

Á parte da versión impresa, que pola limitación do espazo cínguese a unha escolma dos traballos redactados polos alumnos e alumnas, a páxina web de O Cartafol do Lérez permitirá difundir a meirande parte das creacións realizadas nos obradoiros. Trátase dunha ferramenta máis completa e dinámica que permite a participación dos visitantes, que poden enviar comentarios, dispoñer de máis información sobre os libros empregados na campaña, navegar polos contidos das diferentes seccións do xornal e tamén acceder aos blogues dos propios centros escolares.

O Cartafol do Lérez continuará a partir do mes de outubro con máis actividades. Inicialmente, a campaña no seu conxunto deseñouse para realizar uns 60 obradoiros nos que participen arredor de 1.500 nenos e nenas. O concelleiro de Educación de Pontevedra e os representantes de KALANDRAKA animaron os centros escolares a sumarse a esta iniciativa, que a partir do vindeiro curso virá acompañada de novos números da publicación impresa. Así, malia que está proxectado publicar dous xornais máis, cunha tiraxe de 2.000 exemplares cada un, non se desbota a posibilidade de ampliar as previsións.


Gracias a todas las personas que han visitado la caseta de KALANDRAKA durante la Feria del Libro de Madrid. Pequeños y mayores: tan pequeños que a penas alcanzaban el mostrador, tan mayores como para peinar canas. Anónimos e incluso famosos. Con sol, con luna, con lluvia, con viento, con nubes. A patas, sobre ruedas, con casco, con transportín, con carrito, con bolsa, con sombrero, con lazo, con chupete, con chuvasquero. Gracias al equipo K, a pie de feria y en la distancia. Gracias a los autores e ilustradores, por su obra, por su disposición, por su amabilidad, por su paciencia, por su ilusión. Gracias al público, por las preguntas, por la curiosidad, por las sugerencias, por los halagos, por las críticas, por los buenos deseos. Gracias al número “pi”. Hasta la Feria del Libro de Madrid 2011. Feliz lectura.

——————————

Grazas a todas as persoas que visitaron a caseta de KALANDRAKA durante a Feira do Libro de Madrid. Cativos e maiores: tan cativos que a penas alcanzaban o mostrador, tan maiores como para peinar canas. Anónimos e mesmo famosos. Con sol, con lúa, con chuvia, con vento, con nubes. A patas, sobre rodas, con casco, con transportín, con carriño, con bolsa, con sombreiro, con lazo, con chupete, con chuvasqueiro. Grazas ao equipo K, a pé de feira e na distancia. Grazas aos autores e ilustradores, pola súa obra, pola súa disposición, pola súa amabilidade, pola súa paciencia, pola súa ilusión. Grazas ao público, polas preguntas, pola curiosidade, polas suxerencias, polos halagos, polas críticas, polos bos desexos. Grazas ao número “pi”. Ata a Feira do Libro de Madrid 2011. Feliz lectura.

Seguir leyendo


Debuxou paraugas protectores e paraugas soñadores para os nenos e nenas que, como “Milu“, están nunha etapa vital na que precisan protección e soños aos que aferrarse mentres medran. Debuxou paraugas voadores e solidarios para os maiores que poidan acudir a carón dos cativos que carecen dun entorno familiar que lles poida valer. Manuel Rivas implicouse con KALANDRAKA na causa proposta pola Fundación Meniños de axuda á infancia, e dese compromiso naceu un libro tenro e esperanzador. O autor visitou a caseta K na derradeira xornada da Feira do Libro de Madrid e agasallounos con palabras doces e suaves cargadas de sensibilidade.

Tamén contribuiron a poñerlle o broche de ouro a esta 69 Feira do Libro os autores de “El secreto del oso hormiguero” (I Premio Internacional Cidade de Orihuela de Poesía para Nenos), Beatriz Osés e Miguel Ángel Díez, e o autor de “Dióxenes” (Premio Lazarillo 2008), Pablo Albo, quen ademais asinou exemplares de “Melena”, editado no selo FAKTORÍA K.

——————————————-

Dibujó paraguas protectores y paraguas soñadores para los niños y niñas que, como “Milu”, están en una etapa vital en la que necesitan protección y sueños a los que aferrarse mientras crecen. Dibujó paraguas voladores y solidarios para los mayores que puedan acudir al lado de quienes carecen de un entorno familiar que les pueda valer. Manuel Rivas se implicó con KALANDRAKA en la causa propuesta por la Fundación Meniños de ayuda a la infancia, y de ese compromiso nació un libro tierno y esperanzador. El autor visitó la caseta K en la última jornada de la Feria del Libro de Madrid y nos obsequió con palabras dulces cargadas de sensibilidad.

También contribuyeron a ponerle el broche de oro a esta 69 Feria los autores de “El secreto del oso hormiguero” (I Premio Internacional Ciudad de Orihuela de Poesía para Niños), Beatriz Osés y Miguel Ángel Díez, y el autor de “Diógenes” (Premio Lazarillo 2008), Pablo Albo, que además firmó ejemplares de “Melena”, editado en el sello FAKTORÍA K..

Seguir leyendo


Nos rendimos ante la grandeza artística y humana de un Maestro, Miguel Calatayud. Qué grandísimo honor para KALANDRAKA contar con la presencia de este Premio Nacional de Ilustración en la caseta K, en la recta final de la Feria del Libro de Madrid. Y qué afortunados los lectores y lectoras que ahora atesoran ejemplares de “Libro de las M’Alicias”, “Kembo” o “Al pie de la letra” firmados por su ilustrador.

Y mientras medio mundo tiene la cabeza en Sudáfrica, Boni Ofogo nos recuerda que en el continente vecino hay mucho más que un Mundial de Fútbol: hay historia y memoria, hay vidas y corazones necesitados, hay sabiduría y generosidad. Muchas personas parecen haber captado el mensaje, entre ellas Julia, Anna, Adrián… que no faltaron a la cita con el autor: su libro, “El león Kandinga”, ya va por la segunda edición.

———————————

Rendémonos ante a grandeza artística e humana dun Mestre, Miguel Calatayud. Que grandísima honra para KALANDRAKA contar coa presenza deste Premio Nacional de Ilustración na caseta K, na recta final da Feira do Libro de Madrid. E que afortunados os lectores e lectoras que agora atesouran exemplares de “Libro das M’Alicias”, “Kembo” ou “Al pie de la letra” asinados polo seu ilustrador.

E mentres medio mundo ten a cabeza en Sudáfrica, Boni Ofogo lémbranos que no continente veciño hai moito máis que un Mundial de Fútbol: hai historia e memoria, hai vidas e corazóns necesitados, hai sabedoría e xenerosidade. Moitas persoas parecen ter captada a mensaje, entre elas Julia, Anna, Adrián… que non faltaron á cita co autor: su libro, “El león Kandinga”, ya va por la segunda edición.

Seguir leyendo


Un bicho extraño”, de Mon Daporta y Óscar Villán, en el catálogo del sello FAKTORÍA K, y “Cuenta que te cuento”, de María de la Luz Uribe y Fernando Krahn, editado por Libros de la Mora Encantada y producido por KALANDRAKA, figuran en la selección de sugerencias de lectura para el verano que ha elaborado el Centro Internacional del Libro Infantil y Juvenil de la Fundación Germán Sánchez Ruipérez. Está clasificada por edades (desde 3, 6, 9, 12 y 15 años) y contiene una breve reseña de cada título. Se puede consultar pulsando este enlace.

———————

Un becho estraño”, de Mon Daporta e Óscar Villán, no catálogo do selo FAKTORIA K, e “Cuenta que te cuento”, de María de la Luz Uribe e Fernando Krahn, editado por Libros de la Mora Encantada e producido por KALANDRAKA, figuran na selección de suxerencias de lectura para o verano que elaborou o Centro Internacional do Libro Infantil e Xuvenil da Fundación Germán Sánchez Ruipérez. Está clasificada por idades (dende 3, 6, 9, 12 e 15 anos) e contén unha breve reseña de cada título. Pódese consultar premendo nesta ligazón.


Chema Heras y Rosa Osuna, autor e ilustradora de “Abuelos” viajaron recientemente hasta Brasil para presentar su obra en el Instituto Cervantes de Salvador de Bahia. Traducido a brasileiro -“Avós”- por Callis, este libro es uno de los más internacionales y premiados del catálogo de KALANDRAKA: se puede leer en castellano, gallego, catalán, euskera, portugués, y pronto será estará en las librerías italianas con el sello Libri per Sognare. También está presente en el continente asiático, al estar editado en chino, japonés y coreano por editoriales de esos países.

—————————-

Chema Heras e Rosa Osuna, autor e ilustradora de “Avós” viaxaron recentemente ata Brasil para presentar a súa obra no Instituto Cervantes de Salvador de Bahia. Traducido a brasileiro por Callis, este libro é un dos máis internacionais e premiados do catálogo de KALANDRAKA: pódese ler en galego, castelán, catalán, eúscaro, portugués, e axiña estará nas librarías italianas co selo Libri per Sognare. Tamén está presente no continente asiático, ao estar editado en chinés, xaponés e coreano por editoriais deses países.

Seguir leyendo


El jurado del XII Premio Nacional Un Libro per L’Ambiente (Un Libro para el Medio Ambiente) decidió otorgar el galardón, en la categoría de Coherencia Gráfica-Texto, a “El pequeño conejo blanco”, de Xosé Ballesteros y Óscar Villán que, por esta obra recibió el Premio Nacional de Ilustración 1999.

————————-

O xurado do XII Premio Nacional Un Libro per L’Ambiente (Un Libro para o Medio Ambiente) decidiu outorgar o galardón, na categoría de Coherencia Gráfica-Texto, a “O coelliño branco”, de Xosé Ballesteros e Óscar Villán que, por esta obra recibiu o Premio Nacional de Ilustración 1999.

————————-

La giuria esaminatrice della dodicesima edizione del Premio Nazionale Un Libro per l’Ambiente per opere destinate ai ragazzi ha assegnato il Premio Speciale Miglior Coerenza Grafica-Testo a “Il piccolo coniglio bianco” (testo Xosé Ballesteros, e illustrazioni Oscar Villán) pubblicato da KALANDRAKA.

Seguir leyendo


La Feria del Libro de Madrid ha consumido ya su segundo fin de semana. El tiempo va pasando por la caseta K, y los lectores -grandes y pequeños- que la visitan nos van dejando trocitos de sonrisa, palabras de afecto, miradas curiosas, preguntas y respuestas, y deseos, muchos deseos. Los autores e ilustradores que nos acompañan estos días nos enriquecen también con su talento y su sensibilidad. Somos testigos de la admiración mutua que se profesan lector y creador: unos porque se identifican con la obra, otros porque encuentran en la obra creada puntos de vista que les pasaran desapercibidos. La dedicatoria hace del libro un objeto único e intransferible, un tesoro para la librería personal y una experiencia inolvidable de intercambio de impresiones.

—————————–

A Feira do Libro de Madrid consumiu xa o seu segundo fin de semana. O tempo vai pasando pola caseta K, e os lectores -grandes e cativos- que a visitan vannos deixando anaquiños de sorriso, palabras de afecto, olladas curiosas, preguntas e respostas, e desexos, moitos desexos. Os autores e ilustradores que nos acompañan estes días enriquécennos tamén co seu talento e a súa sensibilidade. Somos testemuñas da admiración mutua que se profesan lector e creador: uns porque se identifican coa obra, outros porque atopan na obra creada puntos de vista que lles pasaran desapercibidos. A adicatoria fai do libro un obxecto único e intransferible, un tesouro para a libraría persoal e unha experiencia inesquecible de intercambio de impresións.

Seguir leyendo


El número de junio de la Revista DeLibros contiene un reportaje de Jorge Riobóo sobre la X Campaña de Animación a la Lectura “Un gran sueño” que organizaron el Departamento de Educación del Ayuntamiento de Santiago y KALANDRAKA. Otro grato hallazgo, en la sección de Libros con encanto, es la reseña de “Miguel Hernández: 25 poemas ilustrados”.

—————————————

O número de xuño da Revista DeLibros contén unha reportaxe de Jorge Riobóo sobre a X Campaña de Animación á Lectura “Un gran soño” que organizaron o Departamento de Educación do Concello de Santiago e KALANDRAKA. Outro grato achado, na sección de Libros con encanto, é a reseña de “Miguel Hernández: 25 poemas ilustrados”.

Seguir leyendo