Reseña de “O REI OSO BRANCO”, de Tim Bowley e Óscar Villán, editado na colección Sete Leguas de KALANDRAKA. Dispoñible en castelán (“EL REY OSO BLANCO”) e portugués (“CONTOS DO MUNDO”).


Comeza a 39º Feira do Libro da Coruña, na que KALANDRAKA vai ocupar ata o vindeiro 10 de agosto a caseta número 14. Entre as máis de 60 actividades que conforman a programación, KALANDRAKA promoverá presentacións e sinaturas de libros, cos seus autores e ilustradores. Velaquí as nosas citas:

-Domingo 1 de agosto, 20 h. O narrador británico afincado na Coruña TIM BOWLEY e o ilustrador galego ÓSCAR VILLÁN asinarán exemplares do libro de relatos titulado “O REI OSO BRANCO”. Na caseta de información.

-Mércores 4 de agosto, 20:00 h. O músico coruñés PABLO DÍAZ e o ilustrador suizo afincado en Galicia MARC TAEGER asinarán exemplares do libro-disco “TIC-TAC”, que se poderá escoitar a través da megafonía da Feira. Na caseta de información.

-Xoves 5 de agosto, 19:00 h. O escritor coruñés MANUEL RIVAS asinará exemplares de “Milu”, un libro solidario editado en favor da FUNDACIÓN MENIÑOS de axuda á infancia para colaborar en programas de protección social. Na caseta de información.

-Venres 6 de agosto, 19:00 h. O profesor galego XULIO GUTIÉRREZ e o ilustrador afincado na Coruña NICOLÁS FERNÁNDEZ participarán na presentación do libro “CONSTRUTORES” e da colección de ciencias “ANIMAIS EXTRAORDINARIOS”, editada no selo FAKTORÍA K. Na carpa da Feira.

-Sábado 7 de agosto, 19:00 h. Os humoristas gráficos coruñeses PINTO&CHINTO (DAVID PINTOR e CARLOS LÓPEZ) presentarán o seu libro de relatos “CONTOS PARA NENOS QUE DORMEN DESEGUIDA”, coa participación do escritor XABIER P. DOCAMPO. Na carpa da Feira.

-Luns 9 de agosto, 19:00 h. O profesor e escritor lucense TOÑO NÚÑEZ asinará exemplares do seu libro infantil “MAGO GOMA”. Na caseta de información.

Agardámosvos na caseta nº 14 da Feira do Libro da Coruña, onde atoparedes unha ampla oferta de álbums ilustrados para público infantil, libros de cartón para pre-lectores, banda deseñada, novelas, libros de poesía e obras moi especiais dende o punto de vista do deseño e da edición.


KALANDRAKA y FAKTORÍA K te proponen estas sugerencias de lectura para el verano. (Descargar BIBLIOGRAFÍA ESTIVAL_c en pdf).

KALANDRAKA e FAKTORÍA K propóñenche estas suxerencias de lectura para o verán. (Descargar BIBLIOGRAFÍA ESTIVAL_g en pdf).


El ilustrador Gabriel Pacheco es el creador de la propuesta plástica del álbum titulado “El hombre de agua”, con texto de Ivo Rosati, editado por KALANDRAKA en castellano, gallego, catalán y portugués. El encuentro celebrado con el artista en el Centro Cultural de España en México, organizado por LIBROS PARA SOÑAR, se convirtió en un gran acontecimiento que contó con muchas sorpresas: desde la decoración de la sala, con barquitos de papel, hasta la narración del cuento en la voz de Marco, pasando por la presencia del mismísimo hombre de agua.

Seguir leyendo


El número 145 de la Revista Visual publica dos excelentes críticas de los libros titulados “La casa” y “Miguel Hernández: 25 poemas ilustrados”, editados por KALANDRAKA. | O número 145 da Revista Visual publica dúas excelentes críticas dos libros titulados “La casa” e “Miguel Hernández: 25 poemas ilustrados”, editados por KALANDRAKA.


Reseña de “La casa” en la Revista Leer (julio-agosto 2010):

“Lo más característico de Roberto Innocenti, o al menos lo que más nos gusta y le distingue del resto, es su tratamiento del tiempo. El paso del tiempo, y lo que hace con las personas, el paisaje y las ilusiones, suele ser el tema absoluto de alguno de sus mejores trabajos. (…) La casa es un buen ejemplo”.

———————————————————————

Reseña de “La casa” na Revista Leer (xullo-agosto 2010):

“O máis característico de Roberto Innocenti, ou polo menos o que máis nos gusta e o distingue do resto, é o seu tratamento do tempo. O paso do tiempo, e o que fai coas persoas, a paisaxe e as ilusións, soe ser o tema absoluto dalgúns dos seus mellores traballos. (…) La casa é un bo exemplo”.


La Revista Qué Leer se completa este mes con un suplemento extra con recomendaciones de lectura para este verano, destinadas al público infantil y juvenil. Entre las propuestas que ofrece están “Los cuatro amigos” para lectores a partir de 4 años, los libros de la colección “Makakiños día a día” para niños y niñas con necesidades educativas especiales, y “La casa”, desde 8 años en adelante. La edición de junio de Qué Leer contiene una entrevista del crítico literario Ramón Nicolás al poeta y pintor Baldo Ramos, autor de las ilustraciones de “Celso Emilio Ferreiro”, de FAKTORÍA K. Además, incluye un comentario sobre la edición del libro solidario “Milu”.

—————————-

A Revista Qué Leer complétase este mes cun suplemento extra con recomendacións de lectura para este verán, destinadas ao público infantil e xuvenil. Entre as propostas que ofrece están “Os catro amigos” para lectores a partir de 4 anos, os libros da colección “Makakiños día a día” para nenos e nenas con necesidades educativas especiais, e “La casa”, dende 8 anos en diante. Ademais, na sección “Letras galegas” de Ramón Nicolás, correspondente á edición de xuño, tamén se poden ler unha entrevista ao poeta e pintor Baldo Ramos, autor das ilustracións de “Celso Emilio Ferreiro”, de FAKTORÍA K, e un comentario á edición do libro solidario “Milu”.

Seguir leyendo


Los Libros para Soñar de KALANDRAKA siguen cruzando fronteras. Recientemente llegaba, desde el lejano continente asiático, la edición de “Amelia quiere un perro” en coreano. Ahora, el álbum de Tim Bowley y André Neves, también se puede disfrutar en francés, por medio de la gestión de derechos de publicación. Se trata de una atractiva edición en cartoné que incorpora, además, una pequeña guía de consejos para que los lectores se ocupen de manera responsable de su mascota, destacando que no se trata de un juguete, sino de un ser vivo al que hay que cuidar.

——————————–

Os Libros para Soñar de KALANDRAKA seguen cruzando fronteiras. Recentemente chegaba, dende o lonxano continente asiático, a edición de “Amelia quere un can” en coreano. Agora, o álbum de Tim Bowley e André Neves, tamén se pode gozar en francés, por medio da xestión de dereitos de publicación. Trátase dunha atractiva edición en cartoné que incorpora, ademáis, unha pequena guía de consellos para que os lectores se ocupen de xeito responsable da súa mascota, destacando que non se trata dun xoguete, senón dun vivo ao que cómpre coidar.


 

15 de xullo de 1885: cúmprense 125 anos da morte de Rosalía de Castro, poeta galega por antonomasia e símbolo cultural imperecedeiro. A artista Belén Padrón ilustra os versos do libro “Rosalía de Castro, Escolma Poética”, publicado na colección Trece Lúas de FAKTORÍA K. O escritor Xesús Alonso Montero esboza a figura desta muller senlleira, sensible e loitadora:

“…Poeta con varios poetas dentro, escritora de expresión rica en rexistros, musa polifacética, espírito torturado, voz reveladora en tantas ocasións…” (fragmento da semblanza publicada na páxina web da Fundación Rosalía de Castro e no libro “Rosalía de Castro, Escolma Poética”, de FAKTORÍA K).

TAL COMO AS NUBES

Tal com’as nubes

Qu’impele o vento,

Y agora asombran, y agora alegran

Os espaços inmensos d’o ceo,

Así as ideas

Loucas qu’eu teño,

As imaxes de múltiples formas,

D’estranas feituras, de cores incertos,

Agora asombran,

Agora acraran

O fondo sin fondo d’o meu pensamento.

(Rosalía de Castro, “Follas Novas”)

Poema incluido no libro “Rosalía de Castro, Escolma Poética”, ilustración de Belén Padrón (FAKTORÍA K DE LIBROS, 2008)