Archivo de 31 agosto 2010

Reseña de “A ESTRADA”, de Cormac McCarthy, publicada no suplemento ‘Nordesía’ do Diario de Ferrol.

“CONSTRUTORES”, de Xulio Gutiérrez e Nicolás Fernández, editado na colección Animais Extraordinarios de FAKTORÍA K, no suplemento ‘Nordesía’ do Diario de Ferrol.

A novela gráfica “O BURATO DO INFERNO”, dos irmáns Xosé Manuel e Ramón Trigo, reseñada no suplemento ‘Nordesía’ do Diario de Ferrol.

“MILU”, un libro solidario de Manuel Rivas e de Aitana Carrasco, comentado no suplemento ‘Nordesía’ do Diario de Ferrol.

Reseña de “Os petos de Loreto”, do autor e ilustrador Quentin Blake, publicada no suplemento ‘Nordesía’ do Diario de Ferrol.

Verano. Los protagonistas de los Libros para Soñar se van de vacaciones. Vuelven de visita a los países por los que han pasado. Exploran el mundo en busca de nuevos personajes e historias. Aprenden, sueñan, viven aventuras. El cocodrilo de “Un gran sueño” (A big dream) fue el más viajero de todos: estuvo en las pirámides de Guiza y en el Partenón de la Acrópolis de Atenas, se subió a los rascacielos más altos de Nueva York y a la Torre Eiffel en París, fue desde las pagodas de China hasta los templos mayas de Yucatán. Y a su paso por Londes, hizo un descanso ante el Big Ben… Desde allí nos envió este saludo para todos los amigos y amigas de KALANDRAKA. ¡Te esperamos en septiembre, Cocodrilo, feliz viaje de regreso!
——————————
Verán. Os protagonistas dos Libros para Soñar marchan de vacacións. Voltan de visita aos países polos que pasaron. Exploran o mundo na procura de novos personaxes e historias. Aprenden, soñan, viven aventuras. O crocodilo de “Un gran soño” (A big dream) foi o máis viaxeiro de todos: estivo nas pirámides de Guiza e no Partenón da Acrópole de Atenas, subiu aos rañaceos máis altos de Nova Iorque e á Torre Eiffel en París, foi dende as pagodas da China ata os templos maias de Iucatán. E ao seu paso por Londes, fixo un descanso ante o Big Ben… Dende alí envíanos este saúdo para todos os amigos e amigas de KALANDRAKA. Agardámoste en setembro, Crocodilo, feliz viaxe de retorno!


Os libros saen á rúa, no centro histórico de Santiago de Compostela. A praza de Cervantes estase convertendo cada sábado nun espazo cultural para todos os públicos, tamén cun enfoque solidario. A Libraría Couceiro e a Biblioteca Pública Ánxel Casal, en colaboración con KALANDRAKA, organizaron un programa de actividades de dinamización urbana e participación social, coa lectura como fío condutor. A Libraría Couceiro instalou un posto de venda de libros e a Biblioteca Ánxel Casal atendeu un punto de orientación para informar as persoas interesadas dos servizos que se ofrecen e animalas a asociarse. A beneficio da ONG ICUS, tamén se realizou unha recollida de suministros, de xeito que por cada dous kilos de alimentos non perecedeiros que se doaran, obsequiábase cun libro. Os nosos compañeiros Patricia e Pablo ofreceron unha sesión de contos e música ao aire libre para os máis cativos, a partir dos contos e das cancións que forman parte do libro-disco “Tic-Tac”. O colofón da xornada foi un recital poético no que participaron Ana Cibeira, Xurxo Fernández, Emma Pedreira, Begoña Regueiro e Dores Tembrás, presentado por Teresa Seara.
—————————-
Los libros salen a la calle, en el centro histórico de Santiago de Compostela. La plaza de Cervantes se está convirtiendo cada sábado en un espacio cultural para todos los públicos, también con un enfoque solidario. La Librería Couceiro y la Biblioteca Pública Ánxel Casal, en colaboración con KALANDRAKA, organizaron un programa de actividades de dinamización urbana y participación social, con la lectura como hilo conductor. La Librería Couceiro instaló un puesto de venta de libros y la Biblioteca Ánxel Casal atendió un punto de orientación para informar a las personas interesadas de los servicios que se ofrecen y para animarlas a asociarse. A beneficio de la ONG ICUS, se realizó una recogida de suministros, de modo que por cada dos kilos de alimentos no perecederos que se donasen, se obsequiaba un libro. Nuestros compañeros Patricia y Pablo ofrecieron una sesión infantil de cuentos y música al aire libre, a partir de las obras y las canciones que forman parte del libro-disco “Tic-Tac”. El colofón de la jornada fue un recital poético en el que participaron Ana Cibeira, Xurxo Fernández, Emma Pedreira, Begoña Regueiro y Dores Tembrás, presentado por Teresa Seara.
Continuar leyendo ‘CONTOS E MÚSICA EN ‘COUCEIRO’’
KALANDRAKA fue uno de los sellos que participó en las mesas de editores organizadas por Ilustrarte en el marco del III Encuentro Internacional de Álbum Ilustrado Ilustratour 2010, celebrado este mes en el Museo Patio Herreriano, de Valladolid. La responsable del departamento de Diseño y Producción de KALANDRAKA, Macu Fontarigo, atendió a un número importante de ilustradores e ilustradoras interesados en mostrar su obra gráfica. Todas las propuestas fueron muy bien recibidas y evidenciaron un trabajo de alto nivel por parte de los artistas.
El programa de Ilustratour se completó con conferencias, actuaciones en directo, entrevistas, sesiones de cine y exposiciones. Entre los profesionales que intervinieron estaban Satoshi Kitamura (Asia), Istvansch (América), Delphine Durand (Europa), Rebecca Dautremer (Francia), Elisa Arguilé (España), Samuel Mountoumnjou (África) y Sophie Blackall (Oceanía).
———————————-
KALANDRAKA foi un dos selos que participou nas mesas de editores organizadas por Ilustrarte no marco do III Encontro Internacional de Álbum Ilustrado Ilustratour 2010, celebrado este mes no Museo Patio Herreriano, de Valladolid. A responsable do departamento de Deseño e Produción de KALANDRAKA, Macu Fontarigo, atendeu un número importante de ilustradores e ilustradoras interesados en amosar a súa obra gráfica. Todas as propostas foron moi ben recibidas e evidenciaron un traballo de alto nivel por parte dos artistas.
O programa de Ilustratour completouse con conferencias, actuación, entrevistas, sesións de cine e exposicións. Entre os profesionais que interviron estaban Satoshi Kitamura (Asia), Istvansch (América), Delphine Durand (Europa), Rebecca Dautremer (Francia), Elisa Arguilé (España), Samuel Mountoumnjou (África) e Sophie Blackall (Oceanía).
Continuar leyendo ‘KALANDRAKA, EN ILUSTRATOUR 2010′
“…Ante certos libros, un pregúntase: quen os lerá? E ante certas persoas, un pregúntase: que lerán? E ao fin, libros e persoas atópanse.” André Gide.
Ese nexo entre persoas e libros, esa ponte entre autores, ilustradores e lectores, ese emparellador de soños é o libreiro ou libreira. Velaí están Gonzalo, da Libraría Cartabón, Pepe, da Libraría Couceiro, e Xaime, da Libraría Andel, nas súas casetas durante a Feira do Libro da Coruña. Rodeados de milleiros de páxinas de papel impreso, de obras coidadosamente encadernadas. Na agarimosa compaña de centos de historias que buscan ollos curiosos e oídos atentos que as lean e as escoiten; relatos á procura de mentes e corazóns abertos, nos que perdurar como un grato recordo. Postos a escoller que libro de KALANDRAKA ou FAKTORÍA K lles suxiren aos seus clientes, Gonzalo propón a lectura da novela “Motín na Bounty”, de John Boyne, traducida por Carlos Acevedo. Pepe escolle un libro de arte: “Mirar a pintura”, de Caroline Desnoëttes, traducido ao galego por Emma Lázare. Xaime detense nos contos do libro “O Rei Oso Branco”, de Tim Bowley, ilustrados por Óscar Villán. Chegará algún destes títulos ás túas mans? (Seguro que si. Grazas, libreiros).




O profesor e escritor Toño Núñez foi outra das visitas ilustres da Feira do Libro da Coruña, onde lles asinou exemplares de “Mago Goma” aos lectores. Porque ao igual que ao Mago Goma, en KALANDRAKA sabemos que unha das maiores ilusións do autor tamén é facer felices os nenos e as nenas, tanto grandes como cativos. Queredes coñecer a Tami? Subido na escalinata de madeira que se atopaba ante a caseta de KALANDRAKA, as súas mans foron áxiles e directas a por este libro divertido e entrañable, e mentres os seus ollos se perdían no inmenso colorido das ilustracións de Adrià Friutós, a súa nai recitaba os versos desta historia máxica.
————————————————
El profesor y escritor Toño Núñez fue otra de las visitas ilustres de la Feria del Libro de A Coruña, donde firmó ejemplares de “Mago Goma” a los lectores. Porque al igual que al Mago Goma, en KALANDRAKA sabemos que una de las mayores ilusiones del autor también es hacer felices a los niños y niñas, tanto grandes como pequeños. ¿Queréis conocer a Tami? Subido en la escalinata de madera que se encuentra ante la caseta de KALANDRAKA, sus manos fueron ágiles y directas a por este libro divertido y entrañable, y mientras sus ojos se perdían en el inmenso colorido de las ilustraciones de Adrià Friutós, su madre le recitaba los versos de esta historia mágica.
Continuar leyendo ‘POST-A CORUÑA: TOÑO NÚÑEZ FIRMA ‘MAGO GOMA’’

Os primeiros títulos de KALANDRAKA BRASIL xa están nas librarías, bibliotecas e fogares dese país, e pronto chegarán tamén ás escolas: “Grão de milho”, da galega Olalla González e do suizo -afincado en Galicia- Marc Taeger, “A zebra Camila”, dos galegos Marisa Núñez e Óscar Villán, “O leão Kandinga”, do camerunés Boniface Ofogo e da zaragozana Elisa Arguilé, e as dúas obras galardoadas co Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados, “Perto”, da arxentina Natalia Colombo, e “Um grande sonho”, do mexicano Felipe Ugalde.
—————————————–
Los primeros títulos de KALANDRAKA BRASIL ya están en las librerías, bibliotecas y hogares de ese país, y pronto llegarán también a los colegios: “Grão de milho”, de Olalla González y Marc Taeger, “A zebra Camila”, de Marisa Núñez y Óscar Villán, “O leão Kandinga”, de Boniface Ofogo y Elisa Arguilé, y las dos obras galardonadas con el Premio Internacional Compostela de Álbumes Ilustrados, “Perto”, de la argentina Natalia Colombo, y “Um grande sonho”, del mexicano Felipe Ugalde.
Continuar leyendo ‘PRESENTAMOS ‘KALANDRAKA BRASIL’’

Pinto&Chinto presentaron “Contos para nenos que dormen deseguida” na Feira do Libro da Coruña, na compaña do escritor Xabier P. Docampo, quen fixo unha maxistral análise literaria e artística dos textos e das ilustracións. Autor e ilustrador visitaron tamén a caseta de KALANDRAKA, onde asinaron exemplares da obra. Ademais, Pinto&Chinto protagonizan unha ampla e interesante entrevista realizada por Nacho Alonso na web Fervenzas Literarias. De seguido, un breve extracto desa conversa…
————————-
Pinto&Chinto presentaron “Cuentos para niños que se duermen enseguida” en la Feria del Libro de A Coruña, en compañía del escritor Xabier P. Docampo, quien realizó un magistral análisis literario y artístico de los textos y las ilustraciones. Autor e ilustrador visitaron también la caseta de KALANDRAKA, donde firmaron ejemplares de la obra. Además, Pinto&Chinto protagonizan una amplia e interesante entrevista realizada por Nacho Alonso en la web Fervenzas Literarias. A continuación, un breve extracto de esa conversación…
Continuar leyendo ‘POST-A CORUÑA: PRESENTACIÓN CON PINTO&CHINTO’

O profesor Xulio Gutiérrez e o ilustrador Nicolás Fernández presentaron “Construtores”, o terceiro novo volume da colección ‘Animais Extraordinarios’ editado no selo FAKTORÍA K. Un libro que se suma a “Bocas”, co que se estreou esta serie sobre ciencia e coñecemento do medio, e “Nacer”. Os autores adiantaron algúns contidos das próximas obras, adicadas a amosar as viaxes máis longas, os sentidos máis agudos e as estratexias máis sofisticadas que os seres vivos empregan para sobrevivir.
—————————
El profesor Xulio Gutiérrez y el ilustrador Nicolás Fernández presentaron “Constructores”, el tercer nuevo volumen de la colección ‘Animales Extraordinarios’ editado en el sello FAKTORÍA K. Un libro que se suma a “Bocas”, con el que se estrenó esta serie sobre ciencia y conocimiento del medio, y “Nacer”. Los autores adelantaron algunos contenidos de las próximas obras, dedicadas a mostrar los viajes más largos, los sentidos más agudos y las estratexias más sofisticadas que los seres vivos emplean para sobrevivir.
Continuar leyendo ‘POST-A CORUÑA: PRESENTACIÓN DE ‘CONSTRUTORES’, DE FAKTORÍA K’