Publicado agosto 26th, 2010 por comunicacion
CONTOS E MÚSICA EN ‘COUCEIRO’
Os libros saen á rúa, no centro histórico de Santiago de Compostela. A praza de Cervantes estase convertendo cada sábado nun espazo cultural para todos os públicos, tamén cun enfoque solidario. A Libraría Couceiro e a Biblioteca Pública Ánxel Casal, en colaboración con KALANDRAKA, organizaron un programa de actividades de dinamización urbana e participación social, coa lectura como fío condutor. A Libraría Couceiro instalou un posto de venda de libros e a Biblioteca Ánxel Casal atendeu un punto de orientación para informar as persoas interesadas dos servizos que se ofrecen e animalas a asociarse. A beneficio da ONG ICUS, tamén se realizou unha recollida de suministros, de xeito que por cada dous kilos de alimentos non perecedeiros que se doaran, obsequiábase cun libro. Os nosos compañeiros Patricia e Pablo ofreceron unha sesión de contos e música ao aire libre para os máis cativos, a partir dos contos e das cancións que forman parte do libro-disco “Tic-Tac”. O colofón da xornada foi un recital poético no que participaron Ana Cibeira, Xurxo Fernández, Emma Pedreira, Begoña Regueiro e Dores Tembrás, presentado por Teresa Seara.
—————————-
Los libros salen a la calle, en el centro histórico de Santiago de Compostela. La plaza de Cervantes se está convirtiendo cada sábado en un espacio cultural para todos los públicos, también con un enfoque solidario. La Librería Couceiro y la Biblioteca Pública Ánxel Casal, en colaboración con KALANDRAKA, organizaron un programa de actividades de dinamización urbana y participación social, con la lectura como hilo conductor. La Librería Couceiro instaló un puesto de venta de libros y la Biblioteca Ánxel Casal atendió un punto de orientación para informar a las personas interesadas de los servicios que se ofrecen y para animarlas a asociarse. A beneficio de la ONG ICUS, se realizó una recogida de suministros, de modo que por cada dos kilos de alimentos no perecederos que se donasen, se obsequiaba un libro. Nuestros compañeros Patricia y Pablo ofrecieron una sesión infantil de cuentos y música al aire libre, a partir de las obras y las canciones que forman parte del libro-disco “Tic-Tac”. El colofón de la jornada fue un recital poético en el que participaron Ana Cibeira, Xurxo Fernández, Emma Pedreira, Begoña Regueiro y Dores Tembrás, presentado por Teresa Seara.







