O autor Pep Bruno e a ilustradora Mariona Cabassa recibiron o III Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado pola obra “A FAMILIA C”, que vén de ser editada por KALANDRAKA en sete linguas: galego, castelán, catalán, euskera, portugués, italiano e inglés. Ao certame, organizado polo departamento de Educación do Concello de Santiago e por KALANDRAKA, presentáranse 519 traballos de 22 países.

—————————————

El autor Pep Bruno y la ilustradora Mariona Cabassa recibieron el III Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado por la obra “LA FAMILIA C”, que acaba de ser editada por KALANDRAKA en siete lenguas: castellano, gallego, catalán, euskera, portugués, italiano e inglés. Al certamen, organizado por el departamento de Educación del Ayuntamiento de Santiago y KALANDRAKA, se habían presentado 519 trabajos de 22 países.

“A familia C” é unha obra que o xurado do III Premio Internacional Compostela -formado pola concelleira de Educación de Santiago, Mercedes Rosón; o tradutor e experto en literatura infantil e xuvenil, Xabier Senín; os ilustradores Gusti e David Pintor; Manuela Rodríguez en representación de KALANDRAKA; o xefe do Departamento de Educación, José Manuel Rodríguez-Abella, e Beatriz Varela como secretaria técnica- cualificou de “imaxinativa, orixinal e moderna”. A través da ollada dun neno, este álbum aproxima os lectores a unha familia moi peculiar que adora o circo polo que representa de mundo posible-imposible e polo seu xogo de irreal-realidade. Demostra así que a rutina pódese impregnar de ilusión, logrando que actividades cotiás como facer o almorzo ou ir traballar acaben sendo unha grande aventura.

Na súa intervención tras recoller o galardón de mans do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, a ilustradora destacou canto significaba para ela esta distinción, oito anos despois de que Pep Bruno e mais ela traballaran xuntos por primeira vez no libro titulado “Conto para contar mentres se come un ovo frito”, que fora editado precisamente por KALANDRAKA e que tamén foi a primeira obra de ámbolos dous. Pola súa parte, o autor de “A familia C” construiu un mosaico de palabras que comezan con esa letra, dende circo ata conto, pasando por cultura, crecemento ou Compostela.

O director de KALANDRAKA, Xosé Ballesteros, quixo constatar a consolidación do álbum ilustrado en España como xénero que, nos últimos anos, está a revolucionar o panorama da Literatura Infantil e Xuvenil. Ao longo da súa traxectoria, KALANDRAKA vén apostando pola edición de álbums ilustrados como canle para potenciar a educación plástica e visual dos lectores, amosándolles propostas diversas que trascendan os modelos uniformizadores. E así se plasma nas Campañas de Animación á Lectura que organiza o Departamento de Educación do Concello de Santiago coa colaboración da editorial, dende hai once anos. Unha consecuencia desta campaña foi a posta en marcha do Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado que “en tan pouco espazo de tempo xa forma parte do horizonte de centos de autores e ilustradores de todo o mundo”, pola difusión que acadou nas súas tres primeiras edicións.

Precisamente, o alcalde de Santiago incidiu no “orgullo” que supón para o Concello “apoiar o Premio Compostela por terceiro ano consecutivo”, que chega -con esta edición e “máis de cincocentas obras presentadas”- á súa “absoluta consolidación a nivel internacional”.

“A familia C” súmase aos dous álbums premiados nas anteriores convocatorias, “Cerca”, da arxentina Natalia Colombo, e “Un gran soño”, do mexicano Felipe Ugalde. E ao igual que os seus predecesores, viaxará ás principais feiras do mundo nas que participa KALANDRAKA, comezando pola Feira Internacional do Libro de Guadalaxara, en México, e continuando en 2011 na Feira Inte rnacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña, ás que lle seguirán as de Bos Aires e Frankfurt, entre outras.

Xunto coa publicación de “A familia C”, KALANDRAKA tamén vén de editar a obra finalista do III Premio Internacional Compostela, “Bailar nas nubes”, da arxentina Vanina Starkoff, que tamén se pode ler nas mesmas linguas. Entre ámbolos títulos, KALANDRAKA realizou un importante esforzo de tiraxe, que suma máis de 22.000 exemplares.

A estancia de Pep Bruno e Mariona Cabassa en Santiago completouse cun encontro con estudantes do IES do Sar pertencentes á especialidade de Bacharelato Artístico, cos que compartiron as súas respectivas experiencias na creación de álbums ilustrados. Autor e ilustradora explicáronlles de que maneira se complementan as súas respectivas facetas no proceso creativo do libro, amosaron exemplos concretos baseados na produción de “A familia C” e, ademais, Mariona Cabassa realizou unha demostración da técnica mixta que empregou para ilustrar o texto, combinando collage, pinturas acrílicas e composición dixital.

Pep Bruno (Barcelona, 1971) é licenciado en Filoloxía Hispánica, en Teoría da Literatura Comparada, e diplomado en Traballo Social. É narrador oral e escritor; imparte cursos, obradoiros e realiza actividades vencelladas aos libros e á animación lectora. Foi membro do Seminario de Literatura Infantil e Xuvenil de Guadalaxara, cidade na que reside actualmente. Ten publicados varios álbums infantís e libros de contos para adultos. Gañou o IV Premio Internacional de Álbum Ilustrado Biblioteca Insular Cabildo de Gran Canaria.

Mariona Cabassa (Barcelona, 1977) estudou na Escola Massana de Barcelona e completou a súa formación académica en Francia. Participou en diversas exposicións colectivas de gravado e ilustración. Ademais de traballar na ilustración de álbums ilustrados para público infantil, tamén imparte cursos de arte e deseño. Recibiu o Premio da Asociación Profesional de Ilustradores de Cataluña en 2003 e 2009. Foi seleccionada en 2005 para participar na Feira do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña.

———————————–

“La familia C” es una obra que el jurado del III Premio Internacional Compostela -formado por la concejal de Educación de Santiago, Mercedes Rosón; el traductor y experto en literatura infantil y juvenil, Xabier Senín; los ilustradores Gusti y David Pintor; Manuela Rodríguez en representación de KALANDRAKA; el jefe del Departamento de Educación, José Manuel Rodríguez-Abella, y Beatriz Varela como secretaria técnica- calificó de “imaginativa, original y moderna”. A través de la mirada de un niño, este álbum aproxima a los lectores a una familia muy peculiar que adora el circo por lo que representa de mundo de lo posible-imposible y por su juego sugerente de irreal-realidad. Demuestra así que la rutina se puede impregnar de ilusión, haciendo que actividades cotidianas como hacer el desayuno o ir a trabajar acaben siendo una gran aventura.

En su intervención tras recibir el galardón de manos del alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, la ilustradora destacó cuánto significaba para ella esta distinción, ocho años después de que Pep Bruno y ella trabajaran juntos por primera vez en el libro titulado “Cuento para contar mientras se come un huevo frito”, que fuera editado precisamente por KALANDRAKA y que además fue el primer libro para ambos. Por su parte, el autor de “La familia C” construyó un mosaico de palabras que comienzan por esa letra, desde circo hasta cuento, pasando por cultura, crecimiento o Compostela.

El director de KALANDRAKA, Xosé Ballesteros, dejó constancia de la consolidación del álbum ilustrado en España como género que, en los últimos años, está revolucionando el panorama de la Literatura Infantil y Juvenil. A lo largo de su trayectoria, KALANDRAKA viene apostando por la edición de álbumes ilustrados como canal para potenciar la educación plástica y visual de los lectores, mostrándoles propuestas diversas que trasciendan los modelos uniformizadores. Y así se plasma en las Campañas de Animación a la Lectura que organiza el Departamento de Educación del Ayuntamiento de Santiago con la colaboración de la editorial, desde hace once años. Una consecuencia de esta campaña fue la puesta en marcha del Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado que “en tan poco espacio de tempo”, afirmó Ballesteros, “ya forma parte del horizonte de cientos de autores e ilustradores de todo el mundo”, por la difusión que alcanzó en sus tres primeras ediciones.

Precisamente, el alcalde de Santiago incidió en el “orgullo” que supone para el Ayuntamiento “apoyar el Premio Compostela por tercer año consecutivo”, que llega -con esta edición y “más de 500 obras presentadas”- a su “absoluta consolidación a nivel internacional”.

“La familia C” se suma a los dos álbumes premiados en las anteriores convocatorias, “Cerca”, de la argentina Natalia Colombo, y “Un gran sueño”, del mexicano Felipe Ugalde. Y al igual que sus predecesores, viajará a las principales ferias del mundo en las que participa KALANDRAKA, comenzando por la Feria Internacional del Libro de Guadalajara, en México, y continuando en 2011 en la Feria Internacional del Libro Infantil y Juvenil de Bolonia, a las que seguirán las de Buenos Aires y Frankfurt, entre otras.

Junto con la publicación de “La familia C”, KALANDRAKA también ha editado la obra finalista del III Premio Internacional Compostela, “Bailar en las nubes”, de la argentina Vanina Starkoff, que se puede leer en las mismas lenguas. Entre ambos títulos, KALANDRAKA realizó un importante esfuerzo de tirada, que suma más de 22.000 ejemplares.

La estancia de Pep Bruno y Mariona Cabassa en Santiago se completó con un encuentro con estudiantes del Instituto de Sar pertenecientes a la especialidad de Bachillerato Artístico, con los que compartieron sus experiencias en la creación de álbumes ilustrados. Autor e ilustradora les explicaron de qué manera se complementan en sus respectivas facetas en el proceso creativo del libro, les mostraron ejemplos concretos basados en la producción de “La familia C” y, además, Mariona Cabassa realizó una demostración de la técnica mixta que utilizó para ilustrar el texto, combinando collage, pinturas acrílicas y composición digital.

Pep Bruno (Barcelona, 1971) es licenciado en Filología Hispánica, en Teoría de la Literatura Comparada, y diplomado en Trabajo Social. Es narrador oral y escritor; además, imparte cursos, talleres y realiza actividades vinculadas a los libros y la animación lectora. Fue miembro del Seminario de Literatura Infantil y Juvenil de Guadalajara, ciudad en la que reside actualmente. Ha publicado varios álbumes infantiles y libros de cuentos para adultos. Ganó el IV Premio Internacional de Álbum Ilustrado Biblioteca Insular Cabildo de Gran Canaria.

Mariona Cabassa (Barcelona, 1977) estudió en la Escuela Massana de Barcelona y completó su formación académica en Francia. Participó en diversas exposiciones colectivas de grabado e ilustración. Además de trabajar en la ilustración de álbumes ilustrados para público infantil, también imparte cursos de arte y diseño. Recibió el Premio de la Asociación Profesional de Ilustradores de Cataluña en 2003 y 2009. Fue seleccionada en 2005 para participar en la Feria del Libro Infantil y Juvenil de Bolonia.


One Response to III PREMIO INTERNACIONAL COMPOSTELA: ACTO INSTITUCIONAL DE ENTREGA

  1. Pingback: Blog K» Archivo del Blog » PEP BRUNO EN SARGADELOS-FERROL

Deja un comentario