Un 22 de noviembre de 2005 se celebraba la presentación en sociedad de FAKTORÍA K DE LIBROS. El Museo Verbum Casa das Palabras de Vigo reunía a autores, ilustradores, docentes, bibliotecarios, libreros, gestores culturales y público en general para conocer los primeros títulos de las primeras colecciones de los primeros pasos que daba este proyecto editorial. Hoy, integrado en la estructura de KALANDRAKA, y con un amplio bagage acumulado, FAKTORÍA K renueva su pacto con los lectores para seguir acompañándoles con lecturas para todas las edades: libros de cartón y álbumes ilustrados, libros de ciencias y de conocimiento del medio, libros de arte, de fotografía, de cómic, de poesía, de narrativa… Libros que hoy, como ayer, siguen abordando terrenos literarios y artísticos actuales, atractivos y audaces. Libros que hoy, como ayer, pretenden ayudar a entender el mundo desde la libertad, la tolerancia y el compromiso. Libros que hoy, como ayer, desean viajar por la senda del tiempo hasta lugares próximos o recónditos.

Quinto aniversario, este frío y otoñal mes de noviembre, que FAKTORÍA K celebra con la incorporación a su catálogo de “Tras, tras, cucutrás”, de Juan Clemente Gómez, ilustrado por Aitana Carrasco.

——————————-

Un 22 de novembro de 2005 celebrábase a presentación en sociedade de FAKTORÍA K DE LIBROS. O Museo Verbum Casa das Palabras de Vigo reunía a autores, ilustradores, docentes, bibliotecarios, libreiros, xestores culturais e público en xeral para coñecer os primeiros títulos das primeiras coleccións dos primeiros pasos que daba este proxecto editorial. Hoxe, integrado na estrutura de KALANDRAKA, e cunha ampla ampla bagaxe acumulada, FAKTORÍA K renova o seu pacto cos lectores para seguir acompañándoos con lecturas para todas as idades: libros de cartón e álbums ilustrados, libros de ciencias e de coñecemento do medio, libros de arte, de fotografía, de banda deseñada, de poesía, de narrativa… Libros que hoxe, coma onte, seguen abordando terreos literarios e artísticos actuais, atractivos e audaces. Libros que hoxe, coma onte, pretenden axudar a entender o mundo dende a liberdade, a tolerancia e o compromiso. Libros que hoxe, coma onte, desexan viaxar pola senda do tempo ata lugares próximos ou recónditos.

Quinto aniversario, este frío e outonal mes de novembro, que FAKTORÍA K celebra coa incorporación ao seu catálogo de “Tras, tras, cucutrás”, de Juan Clemente Gómez, ilustrado por Aitana Carrasco.

Los 28 poemas de este libro son la materialización sonora y literaria de la diversión, representan la dimensión lúdica del verso, componen un divertimento de rimas en hábil equilibro. Letras y sílabas se agrupan en una simpática compañía para dar lugar a palabras surrealistas y sin sentido, cuando no son las propias palabras las que adquieren significados exóticos. Las imágenes siguen esa dinámica rocambolesca y disparatada: son collages ingeniosos que desafían a la realidad, presentando animales humanizados o humanos animalizados, objetos cuya forma se confunde con su significado, metáforas visuales que recrean el estilo antiguo y refinado del grabado, con colores ácidos y modernos. En conjunto, una propuesta estética llamativa y sorprendente, acorde al ‘nonsense’ poético del texto.

“Tras, tras, cucutrás” se presentará el próximo martes 30 de noviembre a partir de las 18:15 horas en la Universidad CEU Cardenal Herrera de Elche, con la participación de la escritora Mila Román Maciá, de Cesáreo Sánchez en representación de KALANDRAKA, y del autor, Juan Clemente Gómez. Intervendrá el Grupo Teatral Virtual. Además, el martes 14 de diciembre, en el marco del III Salón del Álbum Ilustrado Ciudad de Alicante, el Centro Cultural Las Cigarreras acogerá otro acto de presentación a partir de las 18:00 horas.

—————————————

Os 28 poemas deste libro son a materialización sonora e literaria da diversión, representan a dimensión lúdica do verso, compoñen un divertimento de rimas en hábil equilibro. Letras e sílabas agrúpanse nunha simpática compaña para dar lugar a palabras surrealistas e sen sentido, cando non son as propias palabras as que adquiren significados exóticos. As imaxes seguen esa dinámica rocambolesca e disparatada: son collages inxeniosos que desafían a realidade, presentando animais humanizados ou humanos animalizados, obxectos cuxa forma se confunde co seu significado, metáforas visuais que recrean o estilo antigo e refinado do gravado, con cores ácidas e modernas. En conxunto, unha proposta estética chamativa e sorprendente, acorde ao ‘nonsense’ poético do texto.

“Tras, tras, cucutrás” presentarase o vindeiro martes 30 de novembro a partir das 18:15 horas na Universidade CEU Cardenal Herrera de Elxe, coa participación da escritora Mila Román Maciá, de Cesáreo Sánchez en representación de KALANDRAKA, e do autor, Juan Clemente Gómez. Intervirá o Grupo Teatral Virtual. Ademais, o martes 14 de decembro, no marco do III Salón do Álbum Ilustrado Cidade de Alicante, o Centro Cultural Las Cigarreras acollerá outro acto de presentación ás 18:00 horas.


One Response to 5º ANIVERSARIO DE FAKTORÍA K

  1. Pingback: Tras, tras, cucutrás « La casa de Tomasa

Deja un comentario