Un 22 de noviembre de 2005 se celebraba la presentación en sociedad de FAKTORÍA K DE LIBROS. El Museo Verbum Casa das Palabras de Vigo reunía a autores, ilustradores, docentes, bibliotecarios, libreros, gestores culturales y público en general para conocer los primeros títulos de las primeras colecciones de los primeros pasos que daba este proyecto editorial. Hoy, integrado en la estructura de KALANDRAKA, y con un amplio bagage acumulado, FAKTORÍA K renueva su pacto con los lectores para seguir acompañándoles con lecturas para todas las edades: libros de cartón y álbumes ilustrados, libros de ciencias y de conocimiento del medio, libros de arte, de fotografía, de cómic, de poesía, de narrativa… Libros que hoy, como ayer, siguen abordando terrenos literarios y artísticos actuales, atractivos y audaces. Libros que hoy, como ayer, pretenden ayudar a entender el mundo desde la libertad, la tolerancia y el compromiso. Libros que hoy, como ayer, desean viajar por la senda del tiempo hasta lugares próximos o recónditos.
Quinto aniversario, este frío y otoñal mes de noviembre, que FAKTORÍA K celebra con la incorporación a su catálogo de “Tras, tras, cucutrás”, de Juan Clemente Gómez, ilustrado por Aitana Carrasco.
——————————-
Un 22 de novembro de 2005 celebrábase a presentación en sociedade de FAKTORÍA K DE LIBROS. O Museo Verbum Casa das Palabras de Vigo reunía a autores, ilustradores, docentes, bibliotecarios, libreiros, xestores culturais e público en xeral para coñecer os primeiros títulos das primeiras coleccións dos primeiros pasos que daba este proxecto editorial. Hoxe, integrado na estrutura de KALANDRAKA, e cunha ampla ampla bagaxe acumulada, FAKTORÍA K renova o seu pacto cos lectores para seguir acompañándoos con lecturas para todas as idades: libros de cartón e álbums ilustrados, libros de ciencias e de coñecemento do medio, libros de arte, de fotografía, de banda deseñada, de poesía, de narrativa… Libros que hoxe, coma onte, seguen abordando terreos literarios e artísticos actuais, atractivos e audaces. Libros que hoxe, coma onte, pretenden axudar a entender o mundo dende a liberdade, a tolerancia e o compromiso. Libros que hoxe, coma onte, desexan viaxar pola senda do tempo ata lugares próximos ou recónditos.
Quinto aniversario, este frío e outonal mes de novembro, que FAKTORÍA K celebra coa incorporación ao seu catálogo de “Tras, tras, cucutrás”, de Juan Clemente Gómez, ilustrado por Aitana Carrasco.












