NA PUNTA DO PÉ” é o título do primeiro traballo musical de Pesdelán. Un libro-cd-dvd que anima a aprender cancións, bailes e xogos do patrimonio tradicional galego e portugués dun xeito divertido e participativo. Disposto a recuperar a cultura participativa das festas, este curioso grupo pretende que o público -cativos e maiores- se poña a bailar. A obra, editada en Galicia e mais en Portugal (“Pezinhos de lã”) por KALANDRAKA, conta con ilustracións de João Vaz de Carvalho, un dos artistas plásticos máis relevantes do actual panorama artístico portugués.

“NA PUNTA DO PÉ” preséntase mañá, venres 17 de decembro, a partir das 18:30 horas, na libraría LIBROS PARA SOÑAR de Vigo (rTriunfo, 1).


Deja un comentario