A web especializada Fervenzas Literarias publica unha ampla entrevista cos gañadores do III Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado 2010 coa obra “A familia C”. O autor Pep Bruno e a ilustradora Mariona Cabassa comparten o seu xeito de traballar, de entender a literatura infantil e xuvenil e o álbum ilustrado.

O escritor Pep Bruno e a ilustradora Mariona Cabassa convídanos a coñecer á Familia C, a gozar con eles e, sobre todo, a ver a vida doutro xeito, deixando a un lado o gris da vida para enchela de cor e ilusión. Con “A familia C” (KALANDRAKA), Pep e Mariona acadaron o III Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados, un galardón que reafirma a longa traxectoria que, tanto Pep como Mariona, iniciaron hai xa uns anos da man da mesma editorial que edita este traballo. Benvidos, pois, ao marabilloso mundo do circo! ou é ao marabilloso mundo da vida??? Pasade e descubréo vós mesmos da man desta fantástica familia C.

FERVENZAS LITERARIAS: De Pep Bruno coñecemos moitas facetas: escritor, editor e contista. Pero que foi antes, a palabra escrita ou a oralidade?

-PEP: Eu escribín dende sempre e, canda neno, tiña claro que quería ser escritor. Sen embargo, o que realmente me deu de comer foi contar. O que nunca me parei a pensar é que acabaría contando. Á narración oral chegas –tanto no meu caso coma no doutros compañeiros cos que falei disto– sen meditalo. Todos tomamos camiños diferentes para chegar a ser contador de historias. É coma se o conto te escollera a ti, coma se este elixira a boca onde quere habitar.

-FL: Sen embargo, a formación de Mariona si que é en Belas Artes. Tamén escolleu vostede a ilustración de libros e o traballar cara o público infantil, ou foi premeditado?

-MARIONA: Ben, de feito a miña formación (na Escola Massana de Barcelona) foi primeiro en deseño gráfico. No terceiro curso decidín cambiar o rumbo á ilustración, pensando en dedicarme ao mundo do libro infantil. É máis, pódese dicir que ao comezo dos meus estudos só pensaba no libro infantil como soporte no que traballar, e en verdade, os primeiros traballos que realicei como profesional foron libros infantís ilustrados. Segundo pasaron os anos o meu traballo foise diversificando e comecei a traballar noutros soportes, tamén para un público adulto.

-FL: Presentades en “A familia C” dúas historias paralelas: por unha banda está a rutina diaria dunha familia normal (o almorzo, ler o xornal, a escola…) e por outra vemos a forma imaxinativa de se enfrontar a ese mundo cotiá. Aparece neste álbum ilustrado como facer da realidade ficción, e da ficción fantasía.

-P: O álbum ilustrado como xénero ten un gran potencial. Nos primeiros libros que escribín había unha clara diferenza entre o texto e a ilustración. Podíase disgregar un do outro. Nos últimos álbums publicados esas dúas liñas creativas conflúen. Cada un dos libros que escribo, ao igual que ocorre coas historias que conto, tocan historias que me interesan. É unha proxección de todo o que me preocupa, das miñas inquietudes, o que en realidade me emociona.

-M: Eu creo que xustamente foi este o aspecto do libro, formulado por Pep dende o inicio, o que me chamou a atención desta historia. Interésanme particularmente os libros onde se poden tomar distintos camiños, onde hai unha narración escrita e outra visual, ou varias! Que se separan e se unen en distintos puntos. Non todos os libros ou historias o permiten ou o necesitan, pero esta era premeditamente así dende o comezo e a min, como ilustradora, ofrecíame moitas posibilidades.

-FL: Iso queda moi ben reflectido nas ilustracións, onde os personaxes aparecen cheos de cor fronte ao trasfondo rutineiro do quefacer diario, representado polas imaxes creadas por Mariona a través de tons grisallos.

-P: No caso de “A familia C” envieille a Mariona tres folios de texto, dos cales dous folios e medio eran só de notas, onde lle explicaba cal era a miña idea para este álbum. Os tons grisallos representan a rutina, o día a día. Sen embargo, vemos que a cor é a ilusión, a fantasía, o que os personaxes imaxinan e viven. A cor é o que fai que a vida teña maxia. Explicar todo isto pode parecer doado, pero facelo dunha forma sutil, facéndoo visible, é un proceso moi interesante. Esta forma de traballar principiou co álbum anterior* onde, entre o que ti contas e o que o lector le, hai unha tensión que non é real. Son dous discursos que sorprenden o lector cando chega á última páxina. Son álbums que, se os contas sen ver as ilustracións, parecen cousas diferentes.

-M: Pep suxeriumo así, como conta, e a min me pareceu xenial. A cor para min, dende pequena, foi algo vinculado á imaxinación, á fantasía… A suxestión de Pep non podía ser máis acertada. Aínda que non sempre a rutina é gris, si penso que as veces esquecémonos (os adultos principalmente) un pouco da outra parte, a representada pola cor neste libro. Separar ambos mundos a nivel cromático non me resultou difícil. As ilustracións están feitas basicamente con tres técnicas: acrílico, collage e dixital. As tres son, ao meu parecer, moi plásticas e versátiles, e polo menos a min, resúltame doado traballar a cor con elas. Case todas as ilustracións parten dunha base de papel de tons grisallos sobre a cal foron aparecendo as cores.

(* Un loro en mi granja (Edelvives), IV Concurso Internacional Álbum Ilustrado Biblioteca Insular–Cabildo de Gran Canaria)

-FL: Pep, indica vostede no seu blog que, unha vez realizado o texto, pásallo a Mariona para ilustralo. Este é o voso cuarto traballo xuntos. Como elixe aos ilustradores?

-P: Eu coñezo a Mariona porque o primeiro álbum que publiquei* foi con ela. Nese caso concreto a editorial faloume de Mariona. Comentáronme que era unha ilustradora que realizaba un traballo moi interesante e que as súas ilustracións quedarían moi ben co meu texto. Cando vin o seu traballo dixen inmediatamente que si, que faría ese álbum con ela. Os traballos que saen mediante a editorial teñen o problema de que hai moi pouco diálogo entre o autor e o ilustrador. Sen embargo os editores si que falan moito, tanto co ilustrador como co escritor. Poderíamos dicir que é un diálogo a tres bandas. A min interésanme estes libros que se presentan aos premios. Proxectos que realizas man a man coa ilustradora. No caso de “A familia C”, Mariona estaba en Barcelona, onde vive, e eu en Extremadura. Pasamos moitas hora colgados ao teléfono falando, intercambiando ideas, discutindo… Como proxecto, a min deslumbrábame “A familia C”, pero necesitaba un ilustrador que me entendese, con quen eu puidera falar e que asumira o proxecto sen distorsionar a idea orixinal. Cando falo con Mariona e me envía a primeira ilustración, case toleo coa emoción. A idea pode parecer bastante doada, pero entre que xorde a idea, a desenvolves e se realizan as ilustracións, “A familia C” chega a un ano de traballo, pero o resultado, sen dúbida, pagou a pena.

(* Conto para contar mentres se come un ovo frito, publicado por Kalandraka en 2002).

-FL: Mariona, é doado traballar con alguén que teña as ideas tan claras como comenta Pep?

-M: Traballar con Pep… Que che vou a dicir! É estupendo! Eu penso que é pola proximidade e a confianza que hai despois de catro libros xuntos. Penso que é unha mente moi inquieta e que propón moitas ideas. Aínda que finalmente non todas aparecen no resultado final, isto é boísimo para os primeiros pasos dun libro. Pep propón ideas, eu propoño outras tantas e logo falamos e decidimos. Non hai imposicións senón suxestións. No caso de “A Familia C”, si había unhas pautas a seguir porque, do contrario, o libro perdería o sentido, pero todo o fixemos dende unha grande flexibilidade.

-FL: O recurso do circo, onde o fantástico devén en realidade. Un mundo afín á proposta do álbum.

-P: O circo é parte da idea orixinal de “A familia C”. No proceso de elaboración falaba con Mariona sobre isto. A rutina é gris e o que imaxina a familia é de cor. Aparecen os motivos de circo porque é un espazo de cor, de imaxinación, un lugar que é da Terra pero non é de esta Terra: un lugar onde o imposible se fai posible. O circo simbolicamente ten unha potencia incrible.

-FL: Como é o feito de se enfrontar a un relato oral, onde pode introducir detalles, alongar o relato… e preparar un álbum ilustrado, co texto espido, breve… Onde o autor interactúa co ilustrador?

-P: Son mundos que practicamente non se tocan, aínda que pareza que teñen moito que ver. Este tipo de contos pertencen ao mundo literario e á da palabra escrita, ao mundo do álbum ilustrado. Cando conto oralmente procuro xogar coas ferramentas que me ofrece a oralidade: o contexto, a palabra, os xestos… A escrita realízala ti na soidade da túa casa. Cando o libro está nas librarías eu xa non podo facer máis por el, a miña tarefa rematou. Sen embargo, cando contas é empezar de cero, todo é novo e diferente á vez anterior.

-FL: En que evolucionou ao longo destes anos a súa técnica de ilustración? Que é o que aporta Mariona Cabassa a todas as súas obras? Creo que, ao igual que Pep, o seu primeiro libro ilustrado foi o “Conto para contar mentres se come un ovo frito”.

-M: Ben, xa choveu moito dende o ovo frito! Eu penso que pasaron moitas cousas a nivel formal, sobre todo. Desfíxenme de moitas manías, todos os ilustradores temos os nosos “tics”. O meu traballo é menos barroco agora, máis “limpo” na forma e na cor. Tamén lle dou máis importancia ao debuxo, agora véxoo como a base fundamental do que fago (ao principio estaba só preocupada pola cor, a mancha). En común … a verdade é que non o sei, sempre me pareceu case máxico que as persoas que visualizan o meu labor poidan identificalo como meu. Supoño que en todo traballo dun ilustrador hai algo que vai máis alá do formal e que non se pode explicar, pero que é en esencia o que conforma o seu estilo.

-FL: Como se sente un narrador oral de hoxe en día respecto a esas xeracións anteriores que eran auténticos expertos en contar historias? Sentídevos como novos trobadores?

-P: Os narradores tradicionais son para nós un modelo e un exemplo. Nós retomamos un oficio que existe dende sempre: romanceiros, cegos… toda esa xente eran cómicos da lingua. Agora emprendemos de novo esa tradición, e non porque quixéramos, senón que é o conto o que ten as súas propias artimañas para seguir existindo. O conto sabe que mentres sigamos contando historias seguiremos sendo humanos, cando deixemos de facelo converterémonos en monos. Cando sexamos monos, o conto desaparecerá e iso, ao conto, non lle interesa.

-FL: Gañaron o III Premio Internacional Compostela de Albums Ilustrados que, ademais da dotación económica, acarrea a publicación do libro en sete idiomas e a presencia de “A familia C” nas principais feiras internacionais. Dentro da vosa ampla traxectoria que supón gañar este premio?

-M: Gañar un premio é sempre moi satisfactorio, é un recoñecemento ao teu esforzo e dedicación. Este en concreto fíxome particularmente ilusión porque era con Pep, con quen fixen o meu primeiro libro, porque a editora é Kalandaka, quen publicou o meu primeiro libro, e deume a sensación de ser un círculo que se pecha, un recoñecemento tamén a unha traxectoria, a miña con Pep, como autores que levan traballando xuntos nos últimos dez anos.

-P: Despois de coñecer toda a xente que se presentou, foi unha sorpresa enorme. É algo incrible o poder de convocatoria deste premio. Falando tempo despois con amigos e con outros escritores que din que se presentaron ao premio, realmente para min é unha cousa insólita. Persoalmente é a confirmación de saber que tes cousas que contar e que á xente lle interesa o que ti contas. Cando publicas o primeiro libro pensas: “ Xa fixen o difícil, publiquei! A partires de agora terei a tódolos editores chamando á porta. Pero a realidade é outra, publicar o segundo foi tanto o máis difícil que o primeiro. Cada libro que sae leva moito traballo detrás. Foi laborioso. Cando vexo un novo libro publicado para min é como recibir un premio.

—————————————————–

EN CASTELLANO:

El escritor Pep Bruno y la ilustradora Mariona Cabassa nos invitan a conocer a la Familia C, a disfrutar con ellos y, sobre todo, a ver la vida de otro modo, dejando a un lado el gris de la vida para llenarla de color e ilusión. Con “La familia C” (KALANDRAKA), Pep y Mariona ganaron el III Premio Internacional Compostela de Álbumes Ilustrados, un galardón que reafirma la larga trayectoria que, tanto Pep como Mariona, iniciaron hace ya algunos años de la mano de la misma editorial que edita este trabajo. ¡Bienvenidos, pues, al maravilloso mundo del circo! O es al maravilloso mundo de la vida??? Pasad y descubridlo vosotros mismos de la mano de esta fantástica familia C.

-FERVENZAS LITERARIAS: De Pep Bruno conocemos muchas facetas: escritor, editor y narrador. Pero, ¿qué fue antes, la palabra escrita o la oralidad?

-PEP: Yo escribí desde siempre y, desde niño, tenía claro que quería ser escritor. Sin embargo, lo que realmente me dio de comer fue contar. Lo que nunca me paré a pensar es que acabaría contando. A la narración oral llegas –tanto en mi caso como en el de otros compañeros con los que hablé de esto– sin meditarlo. Todos tomamos caminos diferentes para llegar a ser contador de historias. Es como si el cuento te escogiera a ti, como si este eligira la boca donde quiere habitar.

-FL: Sin embargo, la formación de Mariona sí que es en Bellas Artes. ¿También escogió usted la ilustración de libros y trabajar para el público infantil, o fue premeditado?

-MARIONA: Bien, de hecho mi formación (en la Escuela Massana de Barcelona) fue primero en diseño gráfico. En el tercer curso decidí cambiar el rumbo a la ilustración, pensando en dedicarme al mundo del libro infantil. Es más, se puede decur que al principio de mis estudios solo pensaba en el libro infantil como soporte en el que trabajar y, en verdad, los primeros trabajos que realicé como profesional fueron libros infantiles ilustrados. Según pasaron los años mi trabajo se fue diversificando y comencé a trabajar en otros soportes, también para un público adulto.

-FL: Presentan en “La familia C” dos historias paralelas: por una parte está la rutina diaria de una familia normal (el desayuno, leer el periódico, el colegio…) y por otra vemos la forma imaginativa de enfrentarse a ese mundo cotidiano. Aparece en este álbum ilustrado cómo hacer de la realidad ficción, y de la ficción fantasía.

-P: El álbum ilustrado como género tiene un gran potencial. En los primeros libros que escribí había una clara diferencia entre el texto y la ilustración. Se podía disgregar uno del otro. En los últimos álbumes publicados esas dos líneas creativas confluyen. Cada uno de los libros que escribo, al igual que ocurre con las historias que cuento, tocan historias que me interesan. Es una proyección de todo lo que me preocupa, de mis inquietudes, o que en realidad me emociona.

-M: Yo creo que justamente fue este el aspecto del libro, formulado por Pep desde el inicio, lo que me llamou la atención de esta historia. Me interesaban particularmente los libros donde se pueden tomar distintos caminos, donde hay una narración escrita y otra visual ¡o varias! Que se separan y se unen en distintos puntos. No todos los libros o historias lo permiten o lo necesitan, pero ésta era premeditamente así desde el comienzo y a mí, como ilustradora, me ofrecía muchas posibilidades.

-FL: Eso queda muy bien reflejado en las ilustraciones, donde los personajes aparecen llenos de colo frente al trasfondo rutinario del quehacer diario, representado por las imágenes creadas por Mariona a través de tonos grisáceos.

-P: En el caso de “La familia C” le envié a Mariona tres folios de texto, de los cuales dos folios y medio eran solo de notas, donde le explicaba cuál era mi idea para este álbum. Los tonos grisáceos representan la rutina, el día a día. Sin embargo, vemos que el color es la ilusión, la fantasía, lo que los personajes imaginan y viven. El color es lo que hace que la vida tenga magia. Explicar todo esto puede parecer fácil, pero hacerlo de una forma sutil, haciéndolo visible, es un proceso muy interesante. Esta forma de trabajar empezó con el álbum anterior* donde, entre lo que tú cuentas y lo que el lector lee, hay una tensión que no es real. Son dos discursos que sorprenden al lector cuando llega a la última página. Son álbumes que, si los cuentas sin ver las ilustraciones, parecen cosas diferentes.

-M: Pep me lo sugirió así, como cuenta, y a mí me pareció genial. El color para mí, desde pequeña, fue algo vinculado a la imaginación, la fantasía… La sugerencia de Pep no podía ser más acertada. Aunque no siempre la rutina es gris, si pienso que a veces nos olvidamos (los adultos principalmente) un pouco de la otra parte, la representada por el color en este libro. Separar ambos mundos a nivel cromático no me resultó difícil. Las ilustraciones están hechas básicamente con tres técnicas: acrílico, collage y digital. Las tres son, a mi parecer, muy plásticas y versátiles, y por lo menos a mí, me resulta fácil trabajar el color con ellas. Casi todas las ilustraciones parten de una base de papel de tonos grisáceos sobre el cual fueron apareciendo los colores.

(* Un loro en mi granja (Edelvives), IV Concurso Internacional Álbum Ilustrado Biblioteca Insular–Cabildo de Gran Canaria)

-FL: Pep, indica usted en su blog que, una vez realizado el texto, se lo pasa a Mariona para ilustrarlo. Este es su cuarto trabajo juntos. ¿Cómo elige a los ilustradores?

-P: Conozco a Mariona porque el primer álbum que publiqué* fue con ella. Eb ese caso concreto la editorial me habló de Mariona. Me comentaron que era una ilustradora que realizaba un trabajo muy interesante y que sus ilustraciones quedarían muy bien con mi texto. Cuando vi su trabajo dije inmediatamente que sí, que haría ese álbum con ella. Los trabajos que salen mediante la editorial tienen el problema de que hay muy poco diálogo entre el autor y el ilustrador. Sin embargo los editores sí que hablan mucho, tanto con el ilustrador como con el escritor. Podríamos decir que es un diálogo a tres bandas. A mí me interesan estos libros que se presentan a los premios. Proyectos que realizas mano a mano con la ilustradora. En el caso de “La familia C”, Mariona estaba en Barcelona, donde vive, y yo en Extremadura. Pasamos muchas hora colgados al teléfono hablando, intercambiando ideas, discutiendo… Como proyecto, a mí me deslumbraba “La familia C”, pero necesitaba un ilustrador que me entendiese, con quien yo pudiera hablar y que asumiera el proxecto sin distorsionar la idea original. Cuando hablo con Mariona y me envía la primera ilustración, casi enloquezco de emoción. La idea puede parecer bastante fácil, pero entre que surge la idea, la desarrollas y se realizan las ilustraciones, “La familia C” llega a un año de trabajo, pero el resultado, sin duda, valió la pena.

(* Cuento para contar mientras se come un huevo frito, publicado por Kalandraka en 2002).

-FL: Mariona, ¿es fácil trabajar con alguien que tenga las ideas tan claras como comenta Pep?

-M: Trabajar con Pep… ¡Que te voy a decir! ¡Es estupendo! Creo que es por la proximidad y la confianza que hay después de cuatro libros juntos. Pienso que es una mente muy inquieta y que propone muchas ideas. Aunque finalmente no todas aparecen en el resultado final, esto es buenísimo para los primeros pasos de un libro. Pep propone ideas, yo propongo otras tantas y luego hablamos y decidimos. No hay imposiciones sino sugerencias. En el caso de “La Familia C”, sí había unas pautas a seguir porque, de lo contrario, el libro perdería el sentido, pero todo lo hicimos desde una grand flexibilidad.

-FL: El recurso del circo, donde lo fantástico deviene en realidad. Un mundo afín a la propuesta del álbum.

-P: El circo es parte de la idea original de “La familia C”. En el proceso de elaboración hablaba con Mariona sobre esto. La rutina es gris y lo que imagina la familia es de color. Aparecen motivos de circo porque es un espacio de color, imaginación, un lugar que es de la Tierra pero no es de esta Tierra: un lugar donde lo imposible se hace posible. El circo simbólicamente tiene una potencia increible.

-FL: ¿Cómo es el hecho de enfrentarse a un relato oral, donde puede introducir detalles, alargar el relato… y preparar un álbum ilustrado, con el texto desnudo, breve… donde el autor interactúa con el ilustrador?

-P: Son mundos que prácticamente no se tocan, aunque pareza que tienen mucho que ver. Este tipo de cuentos pertenecen al mundo literario y al de la palabra escrita, al mundo del álbum ilustrado. Cuendo cuento oralmente procuro jugar con las herramientas que me ofrece la oralidad: el contexto, la palabra, los gestos… La escrita la realizas tú en la soledad de tu casa. Cuando el libro está en las librarías yo ya no puedo hacer más por él, mi tarea terminó. Sin embargo, cuando cuentas es empezar de cero, todo es novo y diferente a la vez anterior.

-FL: ¿En qué evolucionó a lo largo de estos años su técnica de ilustración? ¿Que es lo que aporta Mariona Cabassa a todas sus obras? Creo que, al igual que Pep, su primer libro ilustrado fue el “Cuento para contar mientras se come un huevo frito”.

-M: Bien, ¡ya llovió mucho desde el huevo frito! Creo que pasaron muchas cosas a nivel formal, sobre todo. Me deshice de muchas manías, todos los ilustradores tenemos nuestros “tics”. Mi trabajo es menos barroco ahora, más “limpio” en la forma y en el color. También le doy más importancia al dibujo, ahora lo veo como la base fundamental de lo que hago (al principio estaba solo preocupada por el color, la mancha). En común … la verdad es que no sé, siempre me pareció casi mágico que las personas que visualizan mi labor pueidan identificarlo como mío. Supongo que en todo trabajo de un ilustrador hay algo que va más allá de lo formal y que no se puede explicar, pero que es en esencia lo que conforma su estilo.

-FL: ¿Cómo se siente un narrador oral de hoye en día respecto a esas generaciones anteriores que eran auténticos expertos en contar historias? ¿Os sentís como nuevos trobadores?

-P: Los narradores tradicionales son para nosotros un modelo y un ejemplo. Nosotros retomamos un oficio que existe desde siempre: romanceros, ciegos… toda esa gente eran cómicos de la lengua. Ahora emprendemos de nuevo esa tradición, y no porque quisiéramos, sino que es el cuento el que tiene sus propias artimañas para seguir existiendo. El cuento sabe que mientres sigamos contando historias seguiremos siendo humanos, cuando dejemos de hacerlo nos convertiremos en monos. Cuando seamos monos, el cuento desaparecerá y eso, al cuento, no le interesa.

-FL: Ganaron el III Premio Internacional Compostela de Álbumes Ilustrados que, además de la dotación económica, conlleva la publicación del libro en siete idiomas y la presencia de “La familia C” e las principales ferias internacionales. Dentro de vuestra amplia trayectoria ¿qué supone ganar este premio?

-M: Ganar un premio es siempre muy satisfactorio, es un reconocimiento a tu esfuerzo y dedicación. Este en concreto me hizo particularmente ilusión porque era con Pep, con quien hice mi primer libro, porque la editora es Kalandaka, que publicó mi primer libro, y me dio la sensación de ser un círculo que se cierra, un reconocimiento también a una trayectoria, la mía con Pep, como autores que llevan trabajando xuntos en los últimos diez años.

-P: Despúes de conocer toda la gente que se presentó, fue una sorpresa enorme. Es algo increible el poder de convocatoria de este premio. Hablando tiempo después con amigos y con otros escritores que dicen que se presentaron al premio, realmente para mí es una cosa insólita. Personalmente es la confirmación de saber que tienes cosas que contar y que a la gente le interesa lo que tú cuentas. Cuando publicas el primer libro piensas: “ Ya hice lo, ¡publiqué! A partir de ahora tendré a todos los editores llamando a la puerta. Pero la realidad es otra, publicar el segundo fue tanto o más difícil que el primero. Cada libro que sale lleva mucho trabajo detrás. Fue laborioso. Cuando veo un nuevo libro publicado, para mi es como recibir un premio.


Deja un comentario