David Pintor, con las ilustraciones del libro de relatos “Cuentos para niños que se duermen enseguida”, editado en la colección Siete Leguas, y Gabriel Pacheco, con las ilustraciones del álbum “Los cuatro amigos”, editado en la colección Libros para Soñar, han sido seleccionados para participar en la Muestra de Ilustradores 2011 de la Feria Internacional del Libro Infantil y Juvenil de Bolonia que se celebrará del 28 al 31 de marzo. Para ambos artistas es la tercera vez que van a participar en esta prestigiosa exposición: Pacheco figuró en la lista de honor de los años 2007 y 2008, mientras que Pintor fue seleccionado en 2007 y 2010.

————————————————–

David Pintor, coas ilustracións do libro de relatos “Contos para nenos que dormen deseguida”, editado na colección Sete Leguas, e Gabriel Pacheco, coas ilustracións do álbum “Os catro amigos”, editado na colección Os contos do trasno, foron seleccionados para participar na Mostra de Ilustradores 2011 da Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña que se celebrará do 28 ao 31 de marzo. Para ambos artistas é a terceira vez que van participar nesta prestixiosa exposición: Pacheco figurou na lista de honra dos anos 2007 e 2008, mentres que Pintor foi seleccionado en 2007 e 2010.

David Pintor y Gabriel Pacheco están entre los 76 ilustradores seleccionados este año por un jurado internacional. A la edición de 2010 se presentaron 2.454 candidatos, de los cuales se escogieron 87. Las ilustraciones incluidas en la exposición son contempladas por miles de personas de todo el mundo que acuden a la Feria del Libro de Bolonia y quedan recogidas en un catálogo de arte; además, la muestra emprende una gira itinerante que, desde Italia, llega a otros países.

David Pintor (A Coruña, 1975) es uno de los seis ilustradores españoles incluidos en la Exposición de Ilustradores de 2011. Desde 1993 pertenece al dúo de humor gráfico Pinto&Chinto, que publica sus viñetas en La Voz de Galicia. Recibió el premio de la Society of News Design. También obtuvo el Premio Curuxa do Humor, el Premio Hermes de humor gráfico, el Premio del Salón de la Caricatura de Vila Real, el premio Pura y Dora Vázquez de ilustración, el Premio Internacional Bienal Clermont-Ferrand de cuadernos de viaje y el Premio Ilustrador del Año Città del Sole 2010. Las ilustraciones de “Cuentos para niños que se duermen enseguida” destacan por su generoso colorido y un sutil toque poético. El libro, que seis meses después de su lanzamiento en castellano, gallego y portugués, ya va por su segunda edición, fue distinguido como el mejor libro infantil en Galicia por la web especializada Fervenzas Literarias, a partir de una encuesta en la que participaron más de 500 internautas.

Gabriel Pacheco (México DF, 1973) es graduado en Escenografía por la Escuela Nacional de Teatro del Instituto Nacional de Bellas Artes y Literatura. Se dedica a la ilustración desde 1997 y a lo largo de su trayectoria ha recibido diversos galardones: Premio del X Concurso Internacional de Ilustración Cittá de Chioggia (Venecia) en 2004; Premio Internacional de Libro Ilustrado de México en 2000 y 2002. También fue seleccionado para participar en la muestra Ilustrarte 2007 (Portugal), Blue Book Group y la IV Exposición Internacional de Ilustración Infantil del Museo Diocesano de Padua (Italia). En las ilustraciones de “Los cuatro amigos”, de colores suaves y cálidas texturas, presenta animales humanizados, con brazos y piernas, ataviados y caracterizados. “Un regreso al color como un juego inevitable, la idea estética de Brueghel con su parábola de los ciegos”, comenta Pacheco sobre el libro. “Los cuatro amigos es el jardín de los viejos sueños y las promesas nuevas, todos con esa hermosa vejez que nos nace todas las noches y nos abandona cada día. Y la felicidad de estar en Bolonia, que siempre ubica y anuda el compromiso para volver a empezar”.

———————————————–

David Pintor e Gabriel Pacheco están entre os 76 ilustradores seleccionados este ano por un xurado internacional. Á edición de 2010 presentáronse 2.454 candidatos, dos cales se escolleron 87. As ilustracións incluidas na exposición son contempladas por milleiros de persoas de todo o mundo que acoden á Feira do Libro de Boloña e quedan recollidas nun catálogo de arte; ademais, a mostra emprende unha xira itinerante que, dende Italia, chega a outros países.

David Pintor (A Coruña, 1975) é un dos seis ilustradores españois incluidos na Exposición de Ilustradores de 2011. Dende 1993 pertence ao dúo de humor gráfico Pinto&Chinto, que publica as súas viñetas en La Voz de Galicia. Recibiu o premio da Society of News Design. Tamén obtivo o Premio Curuxa do Humor, o Premio Hermes de humor gráfico, o Premio do Salón da Caricatura de Vila Real, o premio Pura e Dora Vázquez de ilustración, o Premio Internacional Bienal Clermont-Ferrand de cadernos de viaxe e o Premio Ilustrador do Año Città del Sole 2010. As ilustracións de “Contos para nenos que dormen deseguida” destacan polo seu xeneroso colorido e un sutil toque poético. O libro, que seis meses despois do seu lanzamento en galego, castelán e portugués, xa vai pola súa segunda edición, foi distinguido como o mellor libro infantil en Galicia pola web especializada Fervenzas Literarias, a partir dunha enquisa na que participaron máis de 500 internautas.

Gabriel Pacheco (México DF, 1973) é graduado en Escenografía pola Escola Nacional de Teatro do Instituto Nacional de Belas Artes e Literatura. Adícase á ilustración dende 1997 e ao longo da súa traxectoria recibiu diversos galardóns: Premio do X Concurso Internacional de Ilustración Cittá de Chioggia (Venecia) en 2004; Premio Internacional de Libro Ilustrado de México en 2000 e 2002. Foi seleccionado para participar na mostra Ilustrarte 2007 (Portugal), Blue Book Group e na IV Exposición Internacional de Ilustración Infantil do Museo Diocesano de Padua (Italia). Nas ilustracións de “Os catro amigos”, de cores suaves e cálidas texturas, presenta animais humanizados, con brazos e pernas, ataviados e caracterizados. “Un regreso á cor como un xogo inevitable, a idea estética de Brueghel coa súa parábola dos cegos”, comenta Pacheco sobre o libro. “Os catro amigos é o xardín dos vellos soños e das promesas novas, todos con esa fermosa vellez que nos nace polas noites e nos abandoa cada día. E a felicidade de estar en Boloña, que sempre ubica e anoa o compromiso de volver empezar”.


Deja un comentario