Alfredo Pardo é o autor da reportaxe que publica o diario dixital A Nosa Terra sobre “O BURATO DO INFERNO”, a novela gráfica editada no selo FAKTORÍA K con guión de Xosé Manuel Trigo e ilustracións de Ramón Trigo.

“…A novela negra que é O Burato do Inferno conforma unha expresión simbólica de sentimentos e emocións, con gran forza psicolóxica e expresiva”.

A continuación, a reportaxe íntegra. Para máis información, consultar anteriores do BLOG K referidos a esta obra:

- “O burato do inferno”: presentación en Vigo

- “O burato do inferno”: presentación en A Guarda

Seguir leyendo


…Pasen e vexan, damas e cabaleiros, nenas e nenos, o único, o inigualable e nunca visto espectáculo da Familia C que, servíndose tan só da súa imaxinación, sen rede nin artificio, sen trampa nin cartón, consegue encher de cor ata os días máis grises!  

O narrador PEP BRUNO, autor do libro “A familia C”, gañadora do III Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado 2010, asinará exemplares da súa obra este SÁBADO, 15 de xaneiro, a partir das 12:00 horas, na Galería SARGADELOS de FERROL.


 

O blog “Caderno da crítica” do profesor e especialista en Literatura Ramón Nicolás, adicou artigos recentes a analizar as escolmas poéticas centradas na obra dos autores portugueses Manuel Maria Barbosa du Bocage e Florbela Espanca, editadas polo selo FAKTORÍA K de KALANDRAKA na colección ‘Treze Lúas’. Ramón Nicolás refírese a esta serie de libros como “unha plataforma dende a que achegar o feito poético a un público xuvenil e facelo co apoio determinante da ilustración”. Así, os artistas plásticos lusos André da Loba e Joana Rêgo acompañan con impactantes imaxes os versos de Bocage e de Florbela, respectivamente.

——————————-

El blog “Caderno da crítica” del profesor y especialista en Literatura Ramón Nicolás, dedicó artículos recientes a analizar las selecciones poéticas centradas en la obra de los autores portugueses Manuel Maria Barbosa du Bocage y Florbela Espanca, editadas por el sello FAKTORÍA K de KALANDRAKA en la colección ‘Treze Lúas’. Ramón Nicolás se refiere a esta serie de libros como “una plataforma desde la que acercar el hecho poético a un público juvenil y hacerlo con el apoyo determinante de la ilustración”. Así, los artistas plásticos lusos André da LobaJoana Rêgo acompañan con impactantes imágenes los versos de Bocage y Florbela, respectivamente.

WEB DE KALANDRAKA PORTUGAL: BOCAGEFLORBELA ESPANCA

Seguir leyendo


A campaña PALABRAS NO AR -no marco do programa de dinamización lingüística “Bocaberta”, da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta- chegou esta semana á provincia de Lugo, con actividades escolares programadas nos concellos de Quiroga e de Palas de Rei. Preto de 300 alumnos e alumnas, tanto dos Centros de Educación Infantil e Primaria como dos Institutos de Educación Secundaria de ambas localidades están participando nos obradoiros de escrita, de oralidade e de gráfica creativa. Na primeira sesión, os nenos e nenas do CEIP de Quiroga elaboraron adiviñas a partir de coñecidos refráns relacionados co monte. Tamén lembraron algunhas coplas tradicionais e, como despedida das actividades, cantaron a “Mazurca dos animais” que lles compuxo Alberto Barreiro.

Seguir leyendo


…Por un 2011 lector e imaginativo. En este 2011 los Libros para Soñar de KALANDRAKA volverán a estar a pie de calle para salir al encuentro de niños y adultos, maestros, bibliotecarios, mediadores. KALANDRAKA cerró el año participando en la III Feria del Libro del Aljarafe, una histórica comarca andaluza con más de 300.000 habitantes. Nos ha emocionado el afecto del público, la curiosidad de los más pequeños, los rayos de sol colándose en la caseta K e iluminando las historias del tigre que se presentó en casa para tomar el té, la de la niña que adoraba bailar en las nubes, la del pequeño conejo blanco que salió a la huerta a por coles para hacer un caldo…

————————————-

…Por un 2011 lector e imaxinativo. Neste 2011 os Libros para Soñar de KALANDRAKA volverán estar a pé de rúa para sair ao encontro de nenos e adultos, mestres, bibliotecarios, mediadores. KALANDRAKA pechou o ano participando na III Feira do Libro do Aljarafe, unha histórica comarca andaluza con máis de 300.000 habitantes. Emocionounos o afecto do público, a curiosidade dos cativos, as raiolas do coándose na caseta K e iluminando as historias do tigre que se presentou na casa para tomar o té, a da nena que adoraba bailar nas nubes, a do coelliño branco que saiu á horta a por coles para facer un caldo…

Seguir leyendo


Indo eu, indo eu a caminho de Viseu.

Encontrei o meu amor.

Ai, Jesus, que lá vou eu…

(“A caminho de Viseu”, peza tradicional do Norte de Portugal)

O Fórum da Fnac na Coruña foi o escenario e a pista de baile multitudinaria do concerto de presentación do libro-cd-dvd “Na punta do pé”, co grupo Pesdelán. Nun dos seus poemas, Uxío Novoneyra dicía: “Bailas e faisme libre…”. O público que asistiu e participou nesta festa da música e da danza, cantou e bailou para ser libre e para ser feliz. “Na punta do pé” recupera cantos e bailes do folclore tradicional galego, portugués e mirandés, ao tempo que anima os espectadores a deixarse levar pola melodía e a moverse seguindo unhas sinxelas indicacións, a base de xogos e retrousos. “Na punta do pé”, editado tamén en portugués co título “Pezinhos de lã”, é unha mostra do noso patrimonio cultural inmaterial que merece un lugar destacado no andel da casa, na biblioteca pública e tamén na escola, como complemento das clases de educación musical.

Seguir leyendo


En la colección de Arte de FAKTORÍA K hay un rincón destacado para libros selectos, únicos, especiales. Libros producidos con la dedicación, la delicadeza y la intensidad del alma, no exentos de un considerable esfuerzo físico. Libros manipulados por expertos artesanos y llegados del lejano Oriente, como los Magos que ponen el broche de oro al no menos mágico tiempo de la Navidad. Con la edición limitada y numerada de “Animalario, arte de la India,”, FAKTORÍA K tendía un puente cultural con Tara Books. A esa obra se suma ahora “La vida nocturna de los árboles”, en el que Arumugam -Míster A para los amigos- y su equipo de impresores, obsequian a los lectores con un trabajo de calidad impecable.

En este 2011, Año Internacional de los Bosques, “La vida nocturna de los árboles”, galardonado con el Premio Nuevos Horizontes en la Feria Internacional del Libro de Bolonia (2008), nos propone un acercamiento a la mitología y a la naturaleza.

———————-

Na colección de Arte de FAKTORÍA K hai un recuncho destacado para libros selectos, únicos, especiais. Libros producidos coa adicación, a delicadeza e a intensidade da alma, non exentos dun considerable esforzo físico. Libros manipulados por expertos artesáns e chegados do lonxano Oriente, como os Magos que lle poñen o broche de ouro ao non menos máxico tempo do Nadal. Coa edición limitada e numerada de “Animalario, arte de la India”, FAKTORÍA K tendía unha ponte cultural con Tara Books. A esa obra súmase agora “La vida nocturna de los árboles”, na que Arumugam -Míster A para os amigos- e o seu equipo de impresores, obsequian os lectores cun traballo de calidade impecable.

Neste 2011, Ano Internacional dos Bosques, “La vida nocturna de los árboles”, galardoado co Premio Novos Horizontes na Feira Internacional do Libro de Boloña (2008), proponnos un achegamento á mitoloxía e mais á natureza.

Seguir leyendo


 

NA PUNTA DO PÉ” é o primeiro traballo discográfico de Pesdelán. Un libro-cd-dvd que anima a aprender cancións, bailes e xogos do patrimonio tradicional galego, portugués e mirandés, dun xeito divertido e participativo. Disposto a recuperar a cultura participativa das festas, este grupo musical pretende que o público -cativos e maiores- se poña a cantar e a bailar. A obra, editada en Galicia e mais en Portugal (Pezinhos de lã) por KALANDRAKA, conta coas peculiares ilustracións de João Vaz de Carvalho, un dos artistas plásticos máis prestixiosos do actual panorama artístico portugués.

PRESENTACIÓN-CONCERTO, este venres 7 de xaneiro ás 18:30 horas no Forum da FNAC, na Coruña (Mercado Eusebio da Guarda | Pza. de Lugo s/n).


 

Para hacer una mesa hace falta madera,

para hacer madera hace falta el árbol,

para hacer el árbol…

RESEÑA DE “ ¿QUÉ HACE FALTA? ” (español)

 

Para ter unha mesa fai falta madeira,

para ter madeira fai falta a árbore,

para ter a árbore…

RESEÑA DE “QUE FAI FALTA?” (galego)

Para fazer uma mesa é preciso madeira,

para fazer madeira é preciso a árvore,

para fazer a árbore…

Los niños y niñas italianos cantan una canción muy popular en ese país, con letra de este magistral texto de Gianni Rodari y melodía compuesta por el cantautor Sergio Endrigo. Como una típica filastrocche, a modo de copla o retahíla, esta canción es la presentación ideal para “¿Qué hace falta?”, que se acaba de incorporar a la colección de Clásicos Contemporáneos de KALANDRAKA. Silvia Bonanni ilustra la obra del que fue un gran referente para la pedagogía moderna.

———————————————————

Os nenos e nenas italianos cantan unha cantiga moi popular nese país, con letra deste maxistral texto de Gianni Rodari e melodía composta polo cantautor Sergio Endrigo. Como unha típica filastrocche, a modo de copla ou retahíla, esta canción é a presentación ideal para “Que fai falta?”, que se acaba de incorporar á colección de Clásicos Contemporáneos de KALANDRAKA. Silvia Bonanni ilustra a obra do que fora un gran referente para a pedagoxía moderna.

Seguir leyendo