http://www.youtube.com/watch?v=pIQDo0n4mLk
 

KALANDRAKA presenta un nuevo clásico de la segunda mitad del siglo pasado: “El paseo de Rosalía”, de Pat Hutchins, que en 1968 fue Libro Destacado por la Asociación de Bibliotecarios de América.

———————————-

KALANDRAKA presenta un novo clásico da segunda metade do século pasado: “O paseo de Rosalía”, de Pat Hutchins, que en 1968 foi Libro Destacado pola Asociación de Bibliotecarios de América.

Editado en:

-español: “EL PASEO DE ROSALÍA”. Colección Libros para Soñar.

-galego: “O PASEO DE ROSALÍA”. Colección Tras os Montes.

-català: “L’ANGELINA SURT A FER UN TOMB”. Kalandraka-Hipòtesi.

-euskera: “LOREREN IBILALDIA”. Kalandraka-Pamiela.

-portugués: “O PASSEIO DA DONA ROSA”. Colección Livros para Sonhar.

 

  

La gallina Rosalía salió a pasear,

atravesó el corral,

rodeó el estanque…

“El paseo de Rosalía” es un clásico de 1968 que siempre estará vigente: con una propuesta estética vanguardista de líneas sencillas y colores de tono ácido, destaca por su alto contenido visual. El texto son unas breves frases encadenadas acompañadas de imágenes descriptivas que, además, complementan gráficamente el relato. Muestra así dos niveles de lectura, con una estructura circular: el paseo de la gallina Rosalía, y el accidentado y humorístico acecho al que la somete un zorro que la persigue, sin que ella se percate del peligro.

PAT HUTCHINS (Inglaterra, 1942): La sexta de siete hermanos, Pat Hutchins creció rodeada de campo y naturaleza, una circunstancia que se plasma en su obra. Desde muy joven supo que quería ser artista, a lo que la animó una pareja de ancianos que premiaban cada dibujo suyo con una barra de chocolate. Estudió en una escuela local de arte durante tres años antes de ampliar su formación en la Academia de Arte de Leeds, donde se especializó en ilustración. Al principio su obra se limitó al circuito comercial artístico de Londres pero, después de casarse, vivió una temporada en Nueva York, donde enseñó su obra -con mucho éxito- a varios editores. “El paseo de Rosalía” fue su primer álbum infantil, Libro Destacado en 1968 por la Asociación de Bibliotecarios de América (ALA, en sus siglas en inglés). Desde entonces escribió varias novelas y creó numerosos libros ilustrados. Fue galardonada en 1974 con la prestigiosa Medalla Kate Greenaway. Actualmente reside en Londres.

————————————————————-

A galiña Rosalía saíu pasear,

atravesou a eira,

rodeou a poza…

“O paseo de Rosalía” é un clásico de 1968 que sempre estará vixente: cunha proposta estética vangardista de liñas sinxelas e cores de ton ácido, destaca polo seu alto contido visual. O texto son unhas breves frases encadeadas e acompañadas de imaxes descritivas que, ademais, complementan graficamente o relato. Amosa así dous niveis de lectura, cunha estrutura circular: o paseo da galiña Rosalía, e o accidentado e humorístico axexo ao que a somete un raposo que a persegue, sen que ela se decate do perigo.

PAT HUTCHINS (Inglaterra, 1942): A sexta de sete irmáns, Pat Hutchins creceu rodeada de campo e natureza, unha circunstancia que se plasma na súa obra. Dende moi nova soubo que quería ser artista, ao que a animou unha parella de anciáns que premiaban cada debuxo seu cunha barriña de chocolate. Estudou nunha escola local de arte durante tres anos antes de ampliar a súa formación na Academia de Arte de Leeds, onde se especializou en ilustración. Ao principio a súa obra limitouse ao circuito comercial artístico de Londres pero, despois de casar, viviu unha tempada en Nova Iorque, onde lle presentou a súa obra -con moito éxito- a varios editores. “O paseo de Rosalía” foi o seu primeiro álbum infantil, Libro Destacado en 1968 pola Asociación de Bibliotecarios de América (ALA, nas súas siglas en inglés). Dende entón escribiu varias novelas e creou numerosos libros ilustrados. Foi galardoada coa prestixiosa Medalla Kate Greenaway en 1974. Actualmente reside en Londres.


2 Responses to PAT HUTCHINS, EN CINCO IDIOMAS

  1. Pingback: Libraría Quimbamba » Blog Archive » O PASEO DE ROSALÍA

  2. Pingback: Javier Asensio abre la tercera edición del Club de lectura “Todo el mundo va” « La casa de Tomasa

Deja un comentario