“CONSTRUTORES”, de Xulio Gutiérrez e Nicolás Fernández, Premio Ánxel Casal ao Mellor Libro de Non-Ficción 2010.

“CONTOS PARA NENOS QUE DORMEN DESEGUIDA”, de Pinto&Chinto, Premio Xosé Neira Vilas ao Mellor Libro Infantil 2010.

 

Construtores”, de Xulio Gutiérrez e Nicolás Fernández, publicado na colección “Animais Extraordinarios” de FAKTORÍA K, e “Contos para nenos que dormen deseguida”, de Pinto&Chinto, que pertence á colección Sete Leguas de KALANDRAKA, recibiron respectivamente, o Premio Anxel Casal ao Mellor Libro de Non-Ficción e o Premio Xosé Neira Vilas ao Mellor Libro Infantil do ano 2010. A VI Noite da Edición, organizada pola Asociación Galega de Editores, reuniu en Lugo a unha representación dos profesionais deste sector, que concedeu os seus galardóns anuais.

“Construtores” é o terceiro volume dunha serie adicada á divulgación do coñecemento, que pretende sensibilizar na necesidade de preservar a biodiversidade e respectar o medio ambiente. Ademais dos nenos e nenas galegos, estes libros tamén están ao alcance do público no resto da Península, posto que se editan en castelán e portugués. Asimesmo, atópanse nas librarías, nas escolas, nas bibliotecas e nos fogares dos lectores de Alemaña (“Wie sie fressen” e “Wie sie zur Welt kommen“) a través de Gerstenberg, unha editorial especializada en libros científicos que está traducindo e publicando nesa lingua toda a colección, que se completará con tres títulos máis. Creada, deseñada e producida integramente en Galicia, a colección “Animais Extraordinarios” é un exemplo de que a industria cultural galega compite no mercado editorial internacional.

“Contos para nenos que dormen deseguida” é froito do talento literario de Carlos López e da calidade artística de David Pintor, que depositaron a súa confianza na fábrica de Libros para Soñar de KALANDRAKA para crear un libro de relatos intelixentes e divertidos, con imaxes luminosas que transmiten ledicia. Parte das súas ilustracións foron seleccionadas por un xurado internacional para expoñerse na Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña, do 28 ao 31 de marzo; e tamén na Bienal de Ilustración de Bratislava, o próximo mes de setembro.

No resto das categorías, foron distinguidos os seguintes títulos:

Premio Ánxel Casal ao Libro de ficción do ano 2010: “Todo é silencio”, de Manuel Rivas (Edicións Xerais).

Premio Ánxel Casal ao Libro de poesía e teatro: “Estremas”, de Ana Romaní (Galaxia).

Premio Lois Tobío ao Libro traducido do 2010: “30 gramos”, traducido por Ramón Nicolás (Alvarellos Editora).

Premio Isaac Díaz Pardo ao Libro ilustrado do ano 2010: “Colección Rodribrico”, ilustrada por Xosé Tomás (Baía Edicións).

Premio Xosefa Vilarelle ao Libro educativo do ano 2010: “Gramática práctica galega”, de Xoán López Viñas e outros autores (Baía Edicións).

Premio Xosé María Álvarez Blázquez ao autor do ano 2010: Xosé Neira Vilas.

Premio Rosalía de Castro á iniciativa editorial 2010: Asociación Culturgal.

Tamén se concederon varias distincións honoríficas: no apartado de edición histórica foron homenaxeadas as editoriais Ir Indo e Hércules de Ediciones, polo seu 25 aniversario, así como o que fora director e editor de Edicións Toxosoutos, Xosé Agrelo Hermo, falecido en 2006. Os editores nomearon socio de honra ao ex presidente da AGE, Alfonso García Sanmartín, pola súa traxectoria profesional. O Premio Francisco Fernández del Riego recaeu en Espazo Lectura, do que KALANDRAKA é socio protector, polo seu labor de promoción do libro e da lectura entre a poboación infantil e xuvenil.

Á VI Noite da Edición asistiron o secretario xeral da Federación de Gremios de Editores de España, Antonio María Ávila, o presidente de ANELE, José Moyano, o director xeral do Libro, Francisco Rodríguez Barxas, e o secretario xeral de Política Lingüistica, Anxo Lorenzo, entre outros representantes da Administración.

————————————————————————————————-

“Constructores”, de Xulio Gutiérrez y Nicolás Fernández, publicado en la colección Animales Extraordinarios de FAKTORÍA K, y “Cuentos para niños que se duermen enseguida”, de Pinto&Chinto, que pertenece a la colección Siete Leguas de KALANDRAKA, recibieron respectivamente, el Premio Anxel Casal al Mejor Libro de No-Ficción y el Premio Xosé Neira Vilas al Mejor Libro Infantil del año 2010. La VI Noite da Edición organizada por la Asociación Galega de Editores reunió en Lugo a una representación de los profesionales de este sector, que concedió sus galardones anuales.

Constructores” es el tercer volumen de una serie dedicada a la divulgación del conocimiento, que pretende sensibilizar en la necesidad de preservar la biodiversidad y respetar el medio ambiente. Estos libros están al alcande de los lectores de la Península en tres lenguas: castellano, gallego y portugués. Además, se encuentran en las librerías, colegios, bibliotecas y hogares de los niños y niñas de Alemania (“Wie sie fressen” y “Wie sie zur Welt kommen“) a través de Gerstenberg, una editorial especializada en libros científicos que está traduciendo y publicando toda la colección, que se completará con tres títulos más. Creada, diseñada y producida íntegramente en Galicia, la colección “Animales Extraordinarios” es un ejemplo de que la industria cultural galega compite en el mercado editorial internacional.

Cuentos para niños que se duermen enseguida” es fruto del talento literario de Carlos López y de la calidad artística de David Pintor, que depositaron su confianza en la fábrica de Libros para Soñar de KALANDRAKA para crear un libro de relatos inteligentes y divertidos, con imágenes luminosas que transmiten alegría. Parte de sus ilustraciones fueron seleccionadas por un jurado internacional para exponerse en la Fera Internacional del Libro Infantil y Juvenil de Bolonia, del 28 al 31 de marzo; y también en la Bienal de Ilustración de Bratislava, el próximo mes de septiembre.

En el resto de las categorías, fueron distinguidos los siguientes títulos:

Premio Ánxel Casal al Libro de ficción del año 2010: “Todo é silencio”, de Manuel Rivas (Edicións Xerais).

Premio Ánxel Casal al Libro de poesía y teatro: “Estremas”, de Ana Romaní (Galaxia).

Premio Lois Tobío al Libro traducido de 2010: “30 gramos”, traducido por Ramón Nicolás (Alvarellos Editora).

Premio Isaac Díaz Pardo al Libro ilustrado de 2010: “Colección Rodribrico”, ilustrada por Xosé Tomás (Baía Edicións).

Premio Xosefa Vilarelle al Libro educativo de 2010: “Gramática práctica galega”, de Xoán López Viñas y otros autores (Baía Edicións).

Premio Xosé María Álvarez Blázquez al autor del año 2010: Xosé Neira Vilas.

Premio Rosalía de Castro a la iniciativa editorial 2010: Asociación Culturgal.

También se concedieron varias distinciones honoríficas: en el apartado de edición histórica fueron homenajeadas las editoriales Ir Indo y Hércules de Ediciones, por su 25 aniversario, así como el que director y editor de Edicións Toxosoutos, Xosé Agrelo Hermo, fallecido en 2006. Los editores nombraron socio de honor al ex presidente de la AGE, Alfonso García Sanmartín, por su trayectoria profesional. El Premio Francisco Fernández del Riego recayó en Espazo Lectura, del que KALANDRAKA es socio protector, por su labor de promoción del libro y la lectura entre la pobación infantil y juvenil.

A la VI Noite de la Edición asistieron el secretario general de la Federación de Gremios de Editores de España, Antonio María Ávila, el presidente de ANELE, José Moyano, el director xeral do Libro de la Xunta, Francisco Rodríguez Barxas, y el secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, entre otros representantes de la Administración.


One Response to PREMIOS ASOCIACIÓN GALEGA DE EDITORES 2010

  1. Pingback: Kalandraka - Blog K

Deja un comentario