LIBROS PARA SOÑAR acollerá mañá mércores, a partir das 17:30 horas, unha nova sesión de contos para bebés de 0 a 3 anos de idade, que vai contar coa participación da multiinstrumentista buenense Nébeda Piñeiro, que acompañará as narracións a ritmo de acordeón. Os relatos de “Pequena Lúa”, de Elzbieta, “Lúa”, de Antonio Rubio e Óscar Villán, e “Onde?”, de Leo Lionni, forman o repertorio desta actividade, coa que se pretende achegarlles o libro e a lectura dende a primeira infancia.

A narración dos contos compleméntase coa interpretación de cantigas tradicionais, arrolos e retrousos que envolven a sesión nun clima cálido e acolledor ao longo dos 30 minutos que dura a sesión. Os pais e nais que acoden cos seus meniños e meniñas reciben asesoramento personalizado sobre as propostas de lectura máis acordes para cada etapa do crecemento.

Trala de mañá, a seguinte sesión de contos para bebés celebrarase o 23 de marzo. As sesións habituais de contacontos manteñen o seu horario, os venres a partir das 18:30 horas. Esta semana o lema da xornada vai ser ‘Casas de conto’, a partir da narración de “Unha casa a medida”, da autora e ilustradora alemana Daniela Kulot, cos personaxes de Xirafa a Crocodilo como protagonistas.

Por outra banda, finaliza o prazo de inscrición no curso de iniciación ao teatro-foro que vai impartir o grupo Feitoría Verde, do 14 ao 17 de marzo, de 17:00 a 20:00 horas. Está dirixido a educadores e profesionais do ámbito das relacións sociais, e abordará distintos mecanismos para facilitar a resolución de conflictos nas aulas, problemáticas asociadas ao funcionamento interno das asociacións, situacións de violencia ou de desvantaxe social, conflictos de xénero, problemas laborais ou accións de promoción do consumo responsable.


DESCARGAR documento en formato pdf: LITERATURA INFANTIL Y JUVENIL, EN FEMENINO

DESCARGAR documento en formato pdf: LITERATURA INFANTIL E XUVENIL, EN FEMININO

DESCARREGAR document en format pdf: LITERATURA INFANTIL I JUVENIL, EN FEMENÍ


 

El álbum “Kembo, incidente en la pista del Circo Medrano”, con texto de Carlos Pérez e imágenes de Miguel Calatayud, fue elegido para formar parte de la Lista de Honor de la IBBY (Organización Internacional del Libro Infantil y Juvenil, en sus siglas en inglés), en el apartado de ilustración. “Kembo” también figura entre los finalistas de los Premios Visual de Diseño Editorial 2010, en la misma categoría.

En este prestigioso catálogo internacional fue incluida también la traducción en euskera del libro “¡Qué bonito es Panamá!”, de Janosch, realizada por Ainhoa Irazustabarrena Barriola, con el título “Zein polita den Panama!”, coeditado por KALANDRAKA y Pamiela. Se trata de su primera traducción de un texto para público infantil.

—————————————————–

O álbum “Kembo, incidente en la pista del Circo Medrano”, con texto de Carlos Pérez e imaxes de Miguel Calatayud, foi elixido para formar parte da Lista de Honra da IBBY (Organización Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, nas súas siglas en inglés), no apartado de ilustración. “Kembo” tamén figura entre os finalistas dos Premios Visual de Deseño Editorial 2010, na mesma categoría.

Neste prestixioso catálogo internacional foi incluida tamén a tradución en euskera do libro “Que bonito é Panamá!”, de Janosch, realizada por Ainhoa Irazustabarrena Barriola, co título “Zein polita den Panama!”, coeditado por KALANDRAKA e Pamiela. Trátase da súa primeira tradución dun texto para público infantil.

Seguir leyendo


CARNAVAL

La ciudad,

como no tiene antifaz,

se disfraza con palabras:

El rascacielos, de rascasuelos.

El paso de cebra, de paso de cabra.

Incluido en “Ciudad Laberinto“, de Pedro Mañas (II Premio Ciudad de Orihuela de Poesía Infantil 2009), ilustrado por Silvina Socolovsky.


Reseña de “INDIGNÁDEVOS!“, editado por FAKTORÍA K DE LIBROS na nova colección ÁGORA K.