¿Es posible que un pez desaparezca dentro de un libro? ¿Es posible que un niño se sumerja en un libro para salvar a un pez? Cuando un niño y un pez entran en una biblioteca en medio de un bosque, cualquier cosa puede ocurrir.

————————

É posible que un peixe desapareza dentro dun libro? É posible que un neno se mergulle nun libro para salvar a un peixe? Cando un neno e un peixe entran nunha biblioteca no medio dun bosque, calquera cousa pode acontecer.

“…El abuelo de Ramiro era el encargado de una biblioteca muy antigua que había en medio del bosque. Un día, Ramiro acompañó a su abuelo y se llevó consigo a su amigo el pececillo rojo. Era la primera vez que el niño entraba en la biblioteca y estaba deslumbrado por aquellas enormes salas repletas de libros. Miró todas y cada una de las estanterías y no dejó ni un solo rincón sin explorar…”.

La difusa frontera entre la realidad y la ficción está presente en este álbum de Taeeun Yoo, editado por FAKTORÍA K. Con una cuidada edición y una hermosa propuesta estética, de tonalidades ocres a base de tintas y pluma, destacan en sus páginas las pinceladas rojas de los elementos que centran la atención de la historia. Son ilustraciones estimulantes que a penas necesitan palabras. Es, precisamente, en el momento más emocionante de la aventura, cuando prescinde del texto y el relato se plasma solo con imágenes.

En una segunda lectura, “El pez rojo” presenta la biblioteca como el templo del saber, un espacio acogedor abierto a la imaginación y la ensoñación. A nivel formal, Taeeun Yoo utiliza recursos cinematográficos combinando en una misma imagen diversas secuencias de una misma escena, y desarrolla magistralmente el efecto de hacer caer al protagonista -y con él al lector- dentro del propio libro.

Este es el primero de los seis libros que ha publicado la ilustradora coreano-americana Taeeun Yoo. Nació en Corea y creció en Seúl en la casa de campo de sus abuelos. Desde pequeña estuvo muy en contacto con las costumbres de su país. Estudió pintura koreana en la Universidad de su país, pero se mudó a Nueva York para graduarse en Ilustración en la Escuela de Artes Visuales. Realizó sus primeros trabajos para público infantil con la técnica del grabado. Actualmente reside en Nueva York.

En el blog Caderno da Crítica, el profesor y crítico literario Ramón Nicolás comenta sobre “El pez rojo” que este álbum “entusiasma porque armoniza -casi diría que con contención y sabiduría oriental- imaginación y magia, bibliofilia y una intención simbólica y metáforica solventada con sensibilidad y alto efectismo”.

———————————-

 

“…O avó de Ramiro era o encargado dunha biblioteca moi antiga que había no medio do bosque. Un día, Ramiro acompañou o seu avó e levou consido o seu amigo, o peixe vermello. Era a primeira vez que o neno entraba na biblioteca e estaba abraiado por aquelas enormes salas cheas de libros. Mirou todos e cada un dos estantes e non deixou ningún curruncho sen explorar…”.

A difusa fronteira entre a realidade e a ficción está presente neste álbum de Taeeun Yoo, editado por FAKTORÍA K. Cunha coidada edición e unha fermosa proposta estética, de tonalidades ocres a base de tintas e pluma, destacan nas súas páxinas as pinceladas vermellas dos elementos que centran a atención da historia. Son ilustracións estimulantes que case non precisan palabras. É, precisamente, no momento máis emocionante da aventura, cando prescinde do texto e o relato plásmase só con imaxes.

Nunha segunda lectura, “O peixe vermello” presenta a biblioteca como o templo do saber, un espazo acolledor aberto á imaxinación e á ensoñación. A nivel formal, Taeeun Yoo emprega recursos cinematográficos ao combinar na mesma imaxe diversas secuencias dunha mesma escea, e desenvolve maxistralmente o efecto de facer caer o protagonista -e con el o lector- dentro do propio libro.

Este é o primeiro dos seis libros que publicou a ilustradora coreano-americana Taeeun Yoo. Naceu en Corea e creceu en Seúl na casa de campo dos seus avós. Dende pequena estivo moi en contacto cos costumes do seu país. Estudou pintura coreana na Universidade do seu país natal, pero mudouse a Nova York para graduarse en Ilustración na Escola de Artes Visuais. Realizou os seus primeiros traballos para público infantil coa técnica do gravado. Actualmente reside en Nova York.

No blog Caderno da Crítica, o profesor e crítico literario Ramón Nicolás comenta sobre “O peixe vermello” que este álbum “entusiasma porque harmoniza -case diría que con contención e sabedoría oriental- imaxinación e maxia, bibliofilia e unha intención simbólica e metáforica solventada con sensibilidade e alto efectismo”.


Deja un comentario