Galicia celebra o Día das Letras Galegas. Letras sen fronteiras que tamén se festexan en Bos Aires, en Oxford ou en Nova York. A figura do poeta Lois Pereiro é a protagonista dunha xornada de exaltación da fala e da literatura que en KALANDRAKA se enxalza o ano enteiro: editando libros, contribuindo á normalización lingüística coa recuperación e tradución de obras senlleiras, asistindo ás principais feiras internacionais do sector, impulsando actividades de animación á lectura…
Nos últimos días KALANDRAKA apoiou iniciativas lectoras en Ourense e Marín, ás que se suma a presentación de “O meu gato é un poeta”, poemas de Fran Alonso con música de Xurxo Souto (Xerais), en LIBROS PARA SOÑAR.


















