Comeza na Coruña unha nova edición do Salón do Cómic “Viñetas desde o Atlántico“, con exposicións, conferencias e venda de historietas nas casetas dos Xardíns de Méndez Núñez. Ata este domingo 14 de agosto, o selo FAKTORÍA K de KALANDRAKA ocupa o stand número 35, onde se atopan as novidades na colección de banda deseñada: “Historias de Mestre Raposo 2” de Bruno Heitz, ” ¡Me aburro! ” de Marc Rosenthal, e “El señor Top” de Fernando Krahn.

A pouca distancia, nos mesmos Xardíns de Méndez Núñez, a 40ª Feira do Libro apura os seus tres últimos días aberta ao público. Trala presentación, este pasado fin de semana, do álbum ilustrado “O Señor Don Nicanor“, hoxe é o turno de “Artur“: o escritor Xosé Manuel González ‘Oli’ e o ilustrador Marc Taeger manterán un encontro cos lectores para darlles a coñecer a entrañable historia deste poliño.

————————————-

Comienza en A Coruña una nueva edición del Salón del Cómic “Viñetas desde o Atlántico“, con exposiciones, conferencias y venta de historietas en las casetas de los Jardíns de Méndez Núñez. Hasta este domingo 14 de agosto, el sello FAKTORÍA K de KALANDRAKA ocupa o stand número 35, donde se encuentran las novedades de la colección de banda diseñada: “Historias de Maese Zorro 2” de Bruno Heitz, ” ¡Me aburro! ” de Marc Rosenthal, e “El señor Top” de Fernando Krahn.

A pouca distancia, nos mesmos Xardíns de Méndez Núñez, a 40ª Feira do Libro apura os seus tres últimos días aberta ao público. Trala presentación, este pasado fin de semana, do álbum ilustrado “El Señor don Nicanor“, hoxe é o turno de “ARrturo“: o escritor Xosé Manuel González ‘Oli’ e o ilustrador Marc Taeger manterán un encontro cos lectores para darlles a coñecer a entrañable historia deste poliño.

Na presentación de “O Señor Don Nicanor”, editado na colección infantil de FAKTORÍA K, a autora Ana Fernández-Abascal explicoulles aos lectores as claves deste divertido texto rimado, de estrutura circular e personaxes encadeados. Un libro para todos os públicos que enxalza o valor da lectura por riba doutras formas de entretemento como a televisión ou os videoxogos. Ana Fernández-Abascal creou a historia hai varias décadas como complemento ao seu método de lecto-escritura denominado Batería Suso, que fora pioneiro no ámbito do ensino en Galicia. As ilustracións de Flavio Morais, que destacan polo contraste cromático, o uso de símbolos iconográficos e de figuras sinxelas que se van repetindo nas sucesivas páxinas, danlle un aire vangardista e renovado a este conto atemporal.

—————————-

En la presentación de “El Señor Don Nicanor”, editado en la colección infantil de FAKTORÍA K, la autora Ana Fernández-Abascal les explicó a los lectores las claves de este divertido texto rimado, de estructura circular y personajes encadenados. Un libro para todos los públicos que ensalza el valor de la lectura por encima de otras formas de entretenimiento como la televisión o los videojuegos. Ana Fernández-Abascal creó la historia hace varias décadas como complemento a su método de lecto-escritura denominado Batería Suso, que fue pioneiro en el ámbito de la educación en Galicia. Las ilustraciones de Flavio Morais, que destacan por el contraste cromático, el uso de símbolos iconográficos y de figuras sencillas que se van repitiendo en las sucesivas páginas, le dan un aire vanguardista y renovado a este cuento atemporal.


Deja un comentario