Dentro da casca, Artur sentíase seguro, pero moi incómodo. O seu cuarto quedáralle pequeno, ata que descubriu que aquel ovo era unha parte moi pequena dun mundo enorme e descoñecido.

Artur” é un álbum infantil escrito polo profesor Xosé Manuel González ‘Oli’ e ilustrado por Marc Taeger, un artista plástico suizo afincado en Galicia. De ‘Oli’ destacan outras obras como “Once damas atrevidas” e “O pirata pata de lata”, mentres que Marc ilustrou títulos como “A verdadeira historia de Carapuchiña”, “Aquiles o puntiño”, “Garavanciño” e “Tic-tac”, editados por KALANDRAKA.

“Artur”, editado no selo FAKTORÍA K, é un libro de cartón duro especialmente dirixido a pre-lectores e primeiros lectores. Está publicado en sete linguas: galego, castelán, catalán, euskera, portugués, inglés e italiano.

SÁBADO 5 de NOVEMBRO, ás 12:30 horas, presentación na BIBLIOTECA PÚBLICA DE OURENSE (r/ Concello, 11) coa participación de XOSÉ MANUEL GONZÁLEZ ‘OLI’ e de MARC TAEGER.


Deja un comentario