…Tomar la palabra! Es el lema del narrador camerunés Boniface Ofogo, autor del álbum “El león Kandinga”, que recorre toda nuestra geografía y viaja incluso a otros países proclamando la importancia de la oralidad y contando cuentos tradicionales africanos. En su paso por la librería Libros para Soñar de Vigo no se encontró con niños y niñas ávidos de historias, sino con adultos que querían conocer cómo se transmitía esa herencia mágica e inmaterial: “Todas las noches, en mi casa, a falta de luz y de televisión, hacíamos veladas en torno al fuego, a base de cantos, cuentos, leyendas, epopeyas, proverbios, mitos… durante horas y horas”, explicó Boni
En su reciente estancia por Galicia también visitó un centro escolar de A Coruña, donde tuvo la oportunidad de acercarse hasta la librería Libros para Soñar de la Avenida de Fisterra. Pero sin duda, donde más intensos fueron el recibimiento y los aplausos fue en el colegio San Narciso, en Marín, donde Boni compartió con varios grupos de escolares de Educación Primaria los recuerdos de su niñez en la Ecole Publique de Baliama, curiosidades sobre Camerún, y cuentos, muchos cuentos!
—————————
…Tomar a palabra! É o lema do narrador camerunés Boniface Ofogo, autor do álbum “O león Kandinga”, que percorre toda a nosa xeografía e viaxa mesmo a outros países proclamando a importancia da oralidade e contando contos tradicionais africanos. No seu paso pola libraría Libros para Soñar de Vigo non se atopou con nenos e nenas ávidos de historias, senón con público adulto que quería coñecer como se transmitía esa herdanza máxica, ancestral e inmaterial: “Todas as noites, na miña casa, a falta de luz e de televisión, faciamos veladas arredor do lume, a base de cantos, contos, lendas, epopeas, proverbios, mitos… durante horas e horas”, explicou Boni.
Na súa recente estancia por Galicia tamén visitou un centro escolar da cidade da Coruña, onde non perdeu a ocasión de achegarse ata a a libraría Libros para Soñar da Avenida de Fisterra. Pero sen dúbida, onde máis intenso foron o recibimento e os aplausos foi no colexio San Narciso, en Marín, onde Boni compartiu con varios grupos de escolares de Educación Primaria as lembranzas da súa nenez na Ecole Publique de Baliama, curiosidades sobre Camerún e contos, moitos contos!























