…Tomar la palabra! Es el lema del narrador camerunés Boniface Ofogo, autor del álbum “El león Kandinga”, que recorre toda nuestra geografía y viaja incluso a otros países proclamando la importancia de la oralidad y contando cuentos tradicionales africanos. En su paso por la librería Libros para Soñar de Vigo no se encontró con niños y niñas ávidos de historias, sino con adultos que querían conocer cómo se transmitía esa herencia mágica e inmaterial: “Todas las noches, en mi casa, a falta de luz y de televisión, hacíamos veladas en torno al fuego, a base de cantos, cuentos, leyendas, epopeyas, proverbios, mitos… durante horas y horas”, explicó Boni

 

En su reciente estancia por Galicia también visitó un centro escolar de A Coruña, donde tuvo la oportunidad de acercarse hasta la librería Libros para Soñar de la Avenida de Fisterra. Pero sin duda, donde más intensos fueron el recibimiento y los aplausos fue en el colegio San Narciso, en Marín, donde Boni compartió con varios grupos de escolares de Educación Primaria los recuerdos de su niñez en la Ecole Publique de Baliama, curiosidades sobre Camerún, y cuentos, muchos cuentos!

 

—————————

 

…Tomar a palabra! É o lema do narrador camerunés Boniface Ofogo, autor do álbum “O león Kandinga”, que percorre toda a nosa xeografía e viaxa mesmo a outros países proclamando a importancia da oralidade e contando contos tradicionais africanos. No seu paso pola libraría Libros para Soñar de Vigo non se atopou con nenos e nenas ávidos de historias, senón con público adulto que quería coñecer como se transmitía esa herdanza máxica, ancestral e inmaterial: “Todas as noites, na miña casa, a falta de luz e de televisión, faciamos veladas arredor do lume, a base de cantos, contos, lendas, epopeas, proverbios, mitos… durante horas e horas”, explicou Boni.

 

Na súa recente estancia por Galicia tamén visitou un centro escolar da cidade da Coruña, onde non perdeu a ocasión de achegarse ata a a libraría Libros para Soñar da Avenida de Fisterra. Pero sen dúbida, onde máis intenso foron o recibimento e os aplausos foi no colexio San Narciso, en Marín, onde Boni compartiu con varios grupos de escolares de Educación Primaria as lembranzas da súa nenez na Ecole Publique de Baliama, curiosidades sobre Camerún e contos, moitos contos!

 

 

 

Si a la práctica de la palabra oral le debemos nuestra condición de seres humanos, es porque necesitamos que nos cuenten historias, aunque no sean ciertas. “¿Somos tontos? ¡No! Somos muy inteligentes, por eso necesitamos agarrarnos a la ficción”. Y no fue hasta los 12 años cuando, por primera vez, tuvo un libro en sus manos: “20.000 leguas de viaje submarino”, de Julio Verne, que le dejó una gran huella. Casi tan profunda como su devoción por la transmisión oral de la palabra, de generación en generación: “Cuando un anciano muere en África, es una biblioteca que se quema”, advierte Boni, que define los cuentos como “una escuela de emoción, afectividad y ternura”.

 

Contar historias desarrolla nuestra capacidad para la escucha y cubre una serie de funciones básicas a nivel didáctico, comunicativo, psicológico y antropológico. Todo cuanto Boni ha experimentado desde el punto de vista personal, como receptor directo de un bagage de valor incalculable en el seno de su familia y de su pueblo, y también como profesional de la narración oral, lo ha plasmado por escrito en un libro titulado “Una vida de cuento”, editado por el Centro de Recursos para la Atención a la Diversidad Cultural en Educación.

 

 

Se á práctica da palabra oral lle debemos a nosa condición de seres humanos, é porque precisamos que nos conten historias, aínda que non sexan certas. “Somos parvos? Non! Somos moi intelixentes, por iso necesitamos agarrarnos á ficción”. E non foi ata os 12 anos cando, por primeira vez, Boni tivo un libro nas súas mans: “20.000 leguas de viaxe submarina”, de Xulio Verne, que lle deixou unha fonda pegada; case tanto coma a súa devoción pola transmisión oral da palabra, de xeración en xeración: “Cando un ancián morre en África, é unha biblioteca que se queima”, advirte Boni, que define os contos como “unha escola de emoción, afectividade e tenrura”.

 

Contar historias desenvolve a nosa capacidade para a escoita e cobre unha serie de funcións básicas a nivel didáctico, comunicativo, psicolóxico e antropolóxico. Todo canto Boni experimentou dende o punto de vista persoal, como receptor directo dunha bagaxe de valor incalculable no seo da súa familia e do seu pobo, e tamén como profesional da narración oral, plasmouno por escrito nun libro titulado “Una vida de cuento”, editado polo Centro de Recursos para la Atención a la Diversidad Cultural en Educación.

 

[Visita de Boni Ofogo a un centro escolar de A Coruña]

 

 

 

 

[En Libros para Soñar – A Coruña]

 

 

 

 

 

 

[En Marín, con escolares del Colegio San Narciso | En Marín, con escolares do Colexio San Narciso]

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


Deja un comentario