Houbo unha vez unha guerra. Despois da guerra, quedamos sen casa.

–Non importa –dixo miña nai–. Temos un coche.

Fomos vivir ao coche. Desde entón, vivir era viaxar…

“O principio” reflicte a tenrura fronte ao horror, a imaxinación ante a máis absoluta precariedade, a fortaleza ante o drama humano. Paula Carballeira é quen de poetizar sobre os efectos crueis e devastadores dunha guerra mentres as ilustracións realistas de Sonja Danowski trasladan os lectores ata as mesmas ruínas dos bombardeos.

Paula Carballeira (Fene, 1972) presentou “O principio” na libraría LIBROS PARA SOÑAR da Coruña, onde ata finais do mes de maio están expostas as ilustracións de Sonja Danowski, que se poden admirar en horario comercial. Faloulles a cativos e a maiores desta obra tan cálida e á vez tan crúa, que chega ao corazón deixando na memoria o pouso imborrable dunha mestura de melancolía e superación.

A próxima cita dos lectores con Paula Carballeira e “O principio” será o domingo 6 de maio, a partir das 18:00 horas, na Feira do Libro de Santiago que se celebra na Alameda.

———————————

Una vez hubo una guerra. Cuando acabó la guerra nos quedamos sin casa.

–No importa –dijo mi madre–, tenemos un coche.

Nos fuimos a vivir al coche. Desde entonces, vivir era viajar…

“El principio” refleja la ternura frente al horror, la imaginación ante la más absoluta precariedad, la fortaleza de la familia unida ante el drama humano. Paula Carballeira es capaz de poetizar sobre los efectos crueles y devastadores de una guerra mientras las ilustraciones realistas de Sonja Danowski trasladan a los lectores hasta las mismas ruinas de los bombardeos.

Paula Carballeira (Fene, 1972) presentó “El principio” en la librería LIBROS PARA SOÑAR de A Coruña, donde hasta finales de mayo están expuestas las ilustraciones de Sonja Danowski, que se pueden admirar en horario comercial. Les habló a pequeños y mayores de esta obra tan cálida y a la tan dura, que llega al corazón dejando en la memoria el poso imborrable de una mezcla de melancolía y superación.

La próxima cita de los lectores con Paula Carballeira y “El principio” será el domingo 6 de mayo, a partir de las 18:00 horas, en la Feria del Libro de Santiago que se celebra en la Alameda.

 

Esta obra sensible e tenra é tamén unha homenaxe ao libro como ferramenta pacífica, ás bibliotecas como faros luminosos de sabedoría que se apagan alí onde se instaura a violencia, á palabra oral como alimento da alma.

Malia todo, “O principio” transmite unha mensaxe de esperanza: a vida continúa, a risa flúe contaxiosa, os nenos non poden deixar de vivir a súa infancia aínda que un conflicto bélico queira arrebatarlla.

Paula Carballeira repasou tamén outros contos do seu repertorio, cheos de humor e vitalidade, que tanto implican a participación dos rapaces como a complicidade dos adultos. Licenciada en Filoloxía Hispánica, dende 1994 traballa como narradora oral.

Participou en programacións culturais en Galicia e noutras partes de España, así como Portugal, Brasil e Chile. Na súa faceta como actriz está vencellada ao grupo de teatro Berrobambán; tamén traballa en series de ficción para a TVG. Como escritora, publicou varios libros de poesía e de literatura infantil, entre os que figuran “Paco” e “Smara”, editados por KALANDRAKA.

…Edificios derruidos e rostros tristeiros que van mudando o ánimo sombrizo por un brillo especial na ollada, celebrando a vida. Sonja Danowski (Iserlohn, Alemaña) consegue plasmar a dozura do texto literario con delicadeza de precisión nos detalles.

Traballa como ilustradora freelance en Berlín; a súa obra mostrouse en varias exposicións (Polonia, China, Alemaña, Corea, Portugal) e recibiu diversos galardóns internacionais, como o Premio ao mellor libro alemán de deseño non publicado, en 2007. Foi seleccionada en tres ocasións para a Mostra de Ilustradores da Feira do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña e tamén, por tres veces, na Bienal Ilustrarte de Portugal.

——————————————————

Esta obra sensible y tierna es también un homenaje al libro como herramienta pacífica, a las bibliotecas como faros luminosos de sabiduría que se apagan allí donde se instaura la violencia, a la palabra oral como alimento del alma.

A pesar de todo, “El principio” transmite un mensaje de esperanza: la vida continúa, la risa fluye contagiosa, los niños no pueden dejar de vivir su infancia aunque un conflicto bélico quiera arrebatársela.

Paula Carballeira repasó también otros cuentos de su repertorio, llenos de humor y vitalidad, que tanto implican la participación de los niños como la complicidad de los adultos. Licenciada en Filología Hispánica, desde 1994 trabaja como narradora oral.

Participó en programaciones culturales en España, Portugal, Brasil y Chile. En su faceta como actriz está vinculada al grupo de teatro Berrobambán; también trabaja en series de ficción para la Televisión de Galicia. Como escritora, ha publicado varios libros de poesía y literatura infantil, entre los que figuran “Paco” y “Smara”, editados por KALANDRAKA.

…Edificios derruidos y rostros tristes que van cambiando el ánimo sombrío por un brillo especial en la mirada, celebrando la vida. Sonja Danowski (Iserlohn, Alemania) consigue plasmar la dulzura del texto literario con delicadeza y precisión en los detalles.

Trabaja como ilustradora freelance en Berlín; su obra participó en varias exposiciones (Polonia, China, Ale-mania, Corea, Portugal) y recibió diversos galardones internacionales, como el Premio al mejor libro de diseño no publicado, en 2007. Fue seleccionada en tres ocasiones para la Muestra de Ilustradores de la Feria del Libro Infantil y Juvenil de Bolonia y también, por tres veces, en la Bienal Ilustrarte de Portugal.

Reseñas:

O PRINCIPIO” (galego)

EL PRINCIPIO” (español)

COMENÇAR” (català)

HASIERA” (euskera)

THE BEGINNING” (English)

O PRINCÍPIO” (portugués) [DISPONÍVEL NAS LIVRARIAS A PARTIR DE 11 DE MAIO]

“L’INIZIO” (italiano)

 


One Response to ‘O PRINCIPIO’ / ‘EL PRINCIPIO’, DE PAULA CARBALLEIRA & SONJA DANOWSKI

  1. Pingback: O Principio | Blogue da Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación

Deja un comentario