Fernando ‘Cuchi’ Carreira é o produtor e realizador do documental “25 anos do Titiricircus”, que se vai estrear mañá sábado, a partir das 19:30 horas no Multiusos da Xunqueira, en Redondela, durante a presentación do libro “Titiricircus”, no que Tanxarina Títeres, coas ilustracións de Pablo ‘O Pastor’, recrean -en formato impreso- este espectáculo que, ao longo deste cuarto de século, se representou diante de máis de 150.000 persoas dentro e fóra de Galicia, en numerosos países de Latinoamérica, en parte de Europa, e mesmo en terras africanas.

————————————

Fernando ‘Cuchi’ Carreira es el productor y realizador del documental “25 anos do Titiricircus”, que se va a estrenar mañana sábado, a partir de las 19:30 horas en el Multiusos da Xunqueira, en Redondela, durante la presentación del libro “Titiricircus”, en el que Tanxarina Títeres, con las ilustraciones de Pablo ‘O Pastor’, recrean -en formato impreso- este espectáculo que, a lo largo de este cuarto de siglo, se representó ante más de 150.000 personas dentro y fuera de Galicia, en numerosos países de Latinoamérica, en parte de Europa, e incluso en tierras africanas.

Actuación de Tanxarina en Essen (Bélxica) no ano 1987 con Tatán, Miguel e Tato o malabarista. (Foto, Tanxarina).

Entre “Titiricircus” e outros espectáculos do repertorio de Tanxarina hai unha diferenza que Alberto Rodríguez ‘Tatán’ califica de “emocional”. Aínda que outras montaxes posteriores “tamén parten do agarimo e das ganas de facer cousas novas”, no caso de “Titiricircus” trátase dunha obra que “nace do corazón, do desexo de crear unha compañía de teatro e querer vivir disto”.

As primeiras actuacións de Tanxarina con “Titiricircus” remóntanse ao ano 1987, cando o grupo colaborou cunha compañía portuguesa para ir de xira a Austria e Bélgica. “Foi ahí onde empezamos a actuar cos personaxes na rúa e pasando despois a gorra”. Posteriormente, os integrantes de Tanxarina seguirían “dándolle forma” á obra ata crearlle “o seu propio teatriño”, de maneira que se puidera representar tanto ao aire libre como en espazos pechados.

Outra característica que, partindo de “Titiricircus”, contribuiu a definir a filosofía de Tanxarina foi a combinación de varias técnicas de animación de bonecos coa faceta actoral e a relación escénica entre monicreques e actores. Esta metodoloxía, que logo aplicaron a outros espectáculos, converteuse nunha das súas “señas de identidade”, que permite dotar dunha maior forza expresiva e comicidade as actuacións, tanto con títeres de fío, de luva ou de varilla, como con sombras chinesas ou bunrakus, como se coñece o teatro de títeres xaponés.

25 anos despois, o espectáculo segue enchendo prazas e teatros, e agora chega tamén as librarías e bibliotecas en forma de libro. Longa vida ao “Titiricircus”!

————————————————————–

Actuación en Setúbal (1989) con Quino Vilas, Miguel Borines, Tatán, Venancio o monociclista e un pequeno colaborador do público. (Foto: Tanxarina).

Entre “Titiricircus” y otros espectáculos del repertorio de Tanxarina hay una diferencia que Alberto Rodríguez ‘Tatán’ califica de “emocional”. Aunque otros montajes posteriores “también parten del cariño y las ganas de hacer cosas nuevas”, en el caso de “Titiricircus” se trata de una obra que “nace del corazón, del deseo de crear una compañía de teatro y querer vivir de esto”.

Las primeras actuaciones de Tanxarina con “Titiricircus” se remontan al año 1987, cuando el grupo colaboró con una compañía portuguesa para ir de gira a Austria y Bélgica. “Fue aí donde empezamos a actuar con los personajes en la calle, y pasando después la gorra”. Posteriormente, los integrantes de Tanxarina seguirían “dando forma” a la obra hasta crearle “su propio teatrillo”, de manera que se pudiese representar tanto al aire libre como en espacios cerrados.

Otra característica que, partiendo de “Titiricircus”, contribuyó a definir la filosofía de Tanxarina fue la combinación de varias técnicas de animación de muñecos con la faceta actoral y la relación escénica entre títeres y actores. Esta metodología, que luego aplicaron a otros espectáculos, se convirtió en una de sus “señas de identidad”, que permite dotar de una mayor fuerza expresiva y comicidad las actuaciones, tanto con títeres de hilo, de guante o varilla, como con sombras chinas o bunrakus, como se conoce al teatro de marionetas japonés.

25 años después, el espectáculo sigue llenando plazas y teatros, y ahora llega también a las librerías y bibliotecas en forma de libro. ¡Larga vida al “Titiricircus”!


One Response to DOCUMENTAL DE ‘TITIRICURCUS’

  1. Pingback: Tráiler do documental «25 anos de Titiricircus» | Caderno da crítica

Deja un comentario