Coa gran presentación de “Corasons” no Auditorio da Illa de Arousa este fin de semana, unha representación simbólica dos músicos e intérpretes que actuarán no concerto deste domingo ofreceu un pequeno petisco dese espectáculo na FNAC da Coruña.

Xoán Curiel, Isabel Leal, Magín Blanco, Carlos Blanco e Uxía interpretaron varias cancións do disco. Tamén se proxectou un fragmento do documental de Paco Abelleira, que recolle o espírito dun proxecto colectivo que partiu dunha serie de fotos nas que a figura do corazón é o eixe vertebrador de tanto talento reunido ao abeiro dunha lingua común, con artistas de Galicia, Portugal, Brasil, Mozambique, Cabo Verde e Angola.


Deja un comentario