"Brinca Vai!", novo libro-cd-dvd (KALANDRAKA).

Brinca Vai!” é un novo libro-cd-dvd con 12 cancións compostas e interpretadas polo músico Paco Nogueiras. David Pintor elaborou as ilustracións desta publicación, que se completa cos videos dirixidos por Sr.Sagüillo, nos que colaborou o alumnado de varios centros escolares. “Brinca Vai!” proponnos unha viaxe musical ao longo dos 12 meses do ano, cantando e bailando temas vencellados coa natureza, a amizade, a lingua galega, os xogos populares ou as festas tradicionais, dende o entroido ao Nadal, pasando polo Samaín ou o magosto. Ademais, inclúe propostas de participación nas aulas e mais no fogar, que se recollerán na web www.brincavai.com, onde tamén se ofrecerán contidos extra.

Chegará ás librarías e bibliotecas de toda Galicia a partir da segunda quincena de maio.

A liberdade creativa é a principal característica das composicións, escritas e interpretadas por Paco Nogueiras cun amplo abano de estilos e contrastes, dende o techno ao rock, pasando polo reggae ou a música electrónica, con influencias tradicionais. Co obxectivo de achegar a tradición á actualidade mediante ritmos e estéticas contemporáneas, as cancións tratan sobre temas incluidos no currículo escolar: as estacións, a natureza, a lectura, a amizade, os xogos e as celebracións populares, festas como o Entroido, o Magosto, o Samaín ou o Nadal.

[Seguen a continuación fragmentos de audio das cancións. Pica nas ligazóns]

BRINCA VAI!

NO SAMAÍN

RAP DO MAGOSTO

COS PÉS NA TERRA

O APALPADOR

APERTAS QUE VOAN

O ENTROIDO MOVE O CORPO

A PALABRA TEN VIDA

NUN LIBRO…

AUGAS QUE VEÑEN E VAN

PORQUE VÉN O VERÁN

MEU O MUNDO É!

Seguindo o espírito lúdico e humorístico das composicións, as ilustracións de David Pintor destacan tamén polo seu ton trouleiro, caricaturesco e transgresor da realidade, con imaxes de moito colorido, expresividade e dinamismo nas que aparece representado un alter-ego do intérprete ataviado co seu característico chapeu azul.

Ilustración de David Pintor para "Brinca Vai!" (Kalandraka).

Os vídeos elaborados por Sr. Sagüillo complementan o carácter audiovisual deste traballo, co propósito de achegar ao eido educativo un material útil para a formación do alumnado, antes e despois dos 7 anos. É unha proposta de lectura, expresión musical e corporal, creatividade artística e aprendizaxe global en clave de diversión, que non remata coa publicación da obra, senón que busca a interacción e deixa aberta a porta á implicación do público escolar e familiar.

Gravación do videoclip da canción "Brinca Vai!".

Gravación do videoclip da canción "Meu o mundo é!".

“Eleva a paisaxe cotiá, a escola, a casa, a biblioteca, á categoría de escenarios e faino sen alterar o que lles é propio: a sinxeleza e a proximidade…”

(Fragmento do limiar de Juana Vázquez, mestra).

“Deixádevos levar entre as diversas apariencias que tén a lectura. Gozade vendo, escoitando ou cantando…”

(Fragmento do limiar de Manuel Cortés, do grupo de teatro Chévere).

Paco Nogueiras (Santiago de Compostela, 1970) é diplomado en Graduado Social, músico e actor. Tras formarse cos artistas Andrés Pazos e Fabio Mangolini, impartiu clases de teatro e dirixiu representacións en entidades culturais e escolas. Foi actor e percusionista de Els Comediants e Os Quinquilláns. Na actualidade forma parte da compañía de animación musical infantil Os Tres TENedORES, do grupo Os Modernos e do coro da Escola Estudio de Música de Santiago. Participou en formacións de música tradicional e foi creador da banda sonora de varios espectáculos teatrais, musicais, de danza e dunha serie infantil da TVG. Colaborou en dous discos con Ophiusa.

Paco Nogueiras, compositor e intérprete das cancións de "Brinca Vai!".

David Pintor (A Coruña, 1975) é ilustrador. Foi seleccionado en varias edicións da Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña e mais da Bienal de Ilustración de Bratislava. Finalista dos CJ Picture Book Awards e incluido na prestixiosa lista The White Ravens. Recibiu diversos recoñecementos nacionais e internacionais: premio da Society of News Design, premio Communication Arts, premio Pura e Dora Vázquez de ilustración, Premio Clermont-Ferrand de cadernos de viaxe e premio Ilustrador do Ano Città del Sole, entre outros.

José Miguel Sagüillo (Sr. Sagüillo) é licenciado en Belas Artes (Audiovisuais) e cofundador de WinterSun Studio. Traballa como artista dixital e especialista en animación 3D, deseño gráfico, motion graphics, ilustración, edición e postproducción de vídeos corporativos, promocionais e curtametraxes.

David Pintor, ilustrador de "Brinca Vai!". José Miguel Sagüillo, realizador dos videos das cancións.

Segue a páxina de “Brinca Vai!” en Facebook: http://www.facebook.com/BrincaVai

Expositor de "Brinca Vai!".


25 Responses to ‘BRINCA VAI!’, NOVO LIBRO-CD-DVD NO MES DAS LETRAS GALEGAS

  1. Pingback: Taboleiro do libro galego XXIII (do 1 ao 31 de maio) | Caderno da crítica

  2. Pingback: Taboleiro do libro galego (XXIII), por Ramón Nicolás | ::Axenda cultural AELG::

  3. Pingback: Taboleiro do libro galego XXIV (do 1 ao 31 de xuño) | Caderno da crítica

  4. Pingback: Taboleiro do libro galego (XXIV), por Ramón Nicolás | ::Axenda cultural AELG::

  5. Pingback: Taboleiro do libro galego XXIV (do 1 ao 30 de xuño) | CADERNO DA CRÍTICA

  6. Pingback: Taboleiro do libro galego XXV (do 1 de xullo ao 31 de agosto) | CADERNO DA CRÍTICA

  7. Pingback: Taboleiro do libro galego XXVI (setembro 2014) | CADERNO DA CRÍTICA

  8. Pingback: Taboleiro do libro galego XVII (outubro 2014) | CADERNO DA CRÍTICA

  9. Pingback: Taboleiro do libro galego (XXVI), por Ramón Nicolás | ::Axenda cultural AELG::

  10. Pingback: Taboleiro do libro galego XXVII (outubro 2014), por Ramón Nicolás | ::Axenda cultural AELG::

  11. Pingback: Taboleiro do libro galego XXVIII (novembro 2014), por Ramón Nicolás | ::Axenda cultural AELG::

  12. Pingback: Taboleiro do libro galego XXIX (decembro de 2014) | CADERNO DA CRÍTICA

  13. Pingback: Taboleiro do libro galego XXIX (decembro 2014), por Ramón Nicolás | ::Axenda cultural AELG::

  14. Pingback: Taboleiro do libro galego XXX (xaneiro de 2015) | Caderno da crítica

  15. Pingback: Taboleiro do libro galego XXX (xaneiro 2015), por Ramón Nicolás | ::Axenda cultural AELG::

  16. Pingback: Taboleiro do libro galego XXXI (febreiro de 2015) | Caderno da crítica

  17. Pingback: Taboleiro do libro galego XXXII (marzo de 2015) | Caderno da crítica

  18. Pingback: Taboleiro do libro galego XXXIV (maio de 2015) | Caderno da crítica

  19. Pingback: Taboleiro do libro galego XXXV (xuño de 2015) | Caderno da crítica

  20. Pingback: Taboleiro do libro galego, balance anual 2015 (XXXIX) | Caderno da crítica

  21. Pingback: Taboleiro do libro galego XLV (xuño e xullo de 2016) | Caderno da crítica

  22. Pingback: Taboleiro do libro galego XLVI (agosto e setembro de 2016) | Caderno da crítica

  23. Pingback: Taboleiro do libro galego XLVII (outubro e novembro de 2016) | Caderno da crítica

  24. Pingback: Taboleiro do libro galego, balance anual 2016 (XXXIX) | Caderno da crítica

  25. Pingback: Taboleiro do libro galego (decembro 2016-xaneiro 2017) | Caderno da crítica

Deja un comentario