XV Campaña de Animación á Lectura do Concello de Santiago.

XV Campaña de Animación á Lectura do Concello de Santiago.

XV Campaña de Animación á Lectura do Concello de Santiago.

A narradora Patricia González e o músico Álex Fente comezan a sesión contando “Ícaro”, de Federico Delicado

A XV Campaña Municipal de Animación á Lectura do Concello de Santiago de Compostela inaugurouse na Galería Sargadelos coa visita dos primeiros grupos de escolares: os alumnos e alumnas do CEIP Raíña Fabiola asistiron á sesión de contacontos e música con Patricia González e Álex Fente, mentres que os do CEIP López Ferreiro foron os primeiros en participar nos obradoiros de ilustración que imparte o artista plástico galego Óscar Villán, Premio Nacional de Ilustración, ao tempo que Alberto Barreiro coordinaba o taller de escrita creativa co alumnado do colexio San Jose de Cluny.

Ao longo dos 15 anos de traxectoria desta Campaña de Animación á Lectura, máis de 50.000 nenos e nenas de Santiago e da bisbarra visitaron as salas da Galería Sargadelos, convertidas ben nun pequeno museo, ben nun laboratorio de creación. Nesta edición inscribíronse máis de 30 centros educativos que, sumando as actividades abertas ao público, permitirán superar un ano máis os 5.000 participantes.

XV Campaña de Animación á Lectura do Concello de Santiago.

XV Campaña de Animación á Lectura do Concello de Santiago.

“Sacapenas”, de Anthony Browne, é outro dos contos do repertorio

XV Campaña de Animación á Lectura do Concello de Santiago.

XV Campaña de Animación á Lectura do Concello de Santiago.

“O patiño feo”, un clásico de Andersen ilustrado por Ana Sande

Xunto coas sesións de contacontos para nenos e nenas de Educación Infantil e 1º ciclo de Educación Primaria, e os obradoiros de ilustración e de escrita creativa para escolares de 2º e 3º ciclo de Primaria, respectivamente, outro dos aspectos salientables da Campaña é a exposición de ilustracións e de libros: “Ícaro”, de Federico Delicado, que gañou o VII Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, é a obra destacada nesta mostra, á que lle seguen títulos como “O patiño feo”, con ilustracións da galega Ana Sande; “Non hai escapatoria e outros contos marabillosos“, de Óscar Villán; “Orellas de bolboreta”, ilustrado polo brasileiro André Neves; “Non hai berce coma o colo”, con imaxes da barcelonesa Mariona Cabassa, ou “Quen é ese becho?“, da madrileña Carmen Queralt.

Precisamente, Federico Delicado vai impartir unha charla dirixida a educadores e aberta ao público, o xoves 9 de abril, ás 18:30 horas, co lema “O voo do debuxante”, na que vai detallar as claves creativas de “Ícaro”, repasar anteriores traballos seus e expoñer a súa idea sobre a importancia da arte na formación do alumnado.

XV Campaña de Animación á Lectura do Concello de Santiago.

XV Campaña de Animación á Lectura do Concello de Santiago.

XV Campaña de Animación á Lectura do Concello de Santiago.

Contando “Orellas de bolboreta”, de Luisa Aguilar e André Neves

Ademais das actividades escolares que terán lugar na Galería Sargadelos, o equipo de animación á lectura realizará -do 28 ao 30 de abril- actividades para nenos e nenas de 0 a 3 anos nas escolas infantís de Conxo, As Fontiñas, San Roque, Polígono do Tambre, Trasparlamento e Salgueiriños.

Por outra banda, a Campaña de Animación á Lectura estará aberta á participación da cidadanía compostelá: o sábado 25 de abril haberá dúas sesións de contacontos para bebés, ás 11:30 e ás 12:30 horas, con reserva previa, destinadas a iniciar no libro e na lectura os pre-lectores, as súas nais e pais, con materiais específicos á idade dos meniños, como a colección de contos “Do berce a lúa”, de KALANDRAKA, baseada no concepto de pictograma poético ou poegrama.

Tamén haberá unha sesión de contos e música para as familias, o sábado 11 de abril ás 12:00 horas. Igualmente, a clausura da XV Campaña Municipal de Animación á Lectura, que se celebrará o sábado 9 de maio ás 12:00 horas, estará dirixida a nenos e nenas, nais e pais, profesorado e persoas interesadas.

XV Campaña de Animación á Lectura do Concello de Santiago.

XV Campaña de Animación á Lectura do Concello de Santiago.

No obradoiro de ilustración, con Óscar Villán

XV Campaña de Animación á Lectura do Concello de Santiago.

XV Campaña de Animación á Lectura do Concello de Santiago.

No obradoiro de escrita creativa que imparte Alberto Barreiro ‘Warren’

VIII PREMIO COMPOSTELA

No marco da XV Campaña de Animación á Lectura darase a coñecer o fallo do xurado do VIII Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado.

A gañadora da primeira edición foi a arxentina Natalia Colombo, autora e ilustradora da obra titulada “Cerca”. Na seguinte convocatoria, o mexicano Felipe Ugalde recibiu o galardón por “Un gran soño”. O autor Pep Bruno e a ilustradora Mariona Cabassa foron distinguidos na terceira edición polo libro “A familia C”. O uruguaio Martín León Barreto gañou a cuarta convocatoria, co álbum “A viaxe de Olaf”. Seguiulle “Bandada”, dos mexicanos Julia Díaz e David Álvarez. Na sexta edición a obra elixida foi “Mamá”, da arxentina Mariana Ruiz Johnson. De 21 países viñeron os 255 álbums presentados á convocatoria do pasado ano, na que foi premiado “Ícaro”, de Federico Delicado. Ao longo da súa historia, o Premio Internacional Compostela ten recibido preto de 2.400 orixinais.

A Campaña de Animación á Lectura do Concello de Santiago persegue achegar a lectura e a escritura aos nenos e nenas, nun marco agradable e motivador que favoreza a escoita, ademais de poñer en valor as creacións plásticas, literarias e musicais, favorecendo que o público infantil desenvolva unha conciencia crítica e selectiva das súas lecturas. Tampouco se descoida a importancia da tradición oral como vehículo de transmisión do patrimonio cultural inmaterial galego.

XV Campaña de Animación á Lectura do Concello de Santiago.

O equipo de KALANDRAKA na Campaña de Animación á Lectura: Patricia González, Álex Fente, Alberto Barreiro, Óscar Villán e Xosé Pérez

XV Campaña de Animación a la Lectura


Deja un comentario