Presentación de "Onde viven os monstros" en maia

KALANDRAKA participa ata o 6 de decembro na Feira Internacional do Libro de Guadalaxara (México), que nesta edición ten o Reino Unido como país invitado. Os Libros para soñar da editorial atópanse en dous stands: no pabillón mexicano a carón do seu distribuidor, Edicións Tecolote, e no pabillón internacional. Neste primeiro fin de semana, KALANDRAKA organizou a presentación da edición en maia do clásico de Maurice SendakOnde viven os monstros”, traducido polo profesor e investigador da Universidade de Quintana Roo, Hilario Chi Canul.

Precisamente por ser o maia un idioma en perigo de extinción, na presentación desta obra destacouse o paralelismo entre esta lingua orixinaria de América e mais o galego, que dende os últimos anos vén experimentando un alarmante e progresivo retroceso no número de falantes.

Homenaje a Xosé Neira Vilas na FIL de Guadalaxara 2015.

“De viaxe, camiño da FIL de Guadalaxara, chégame a nova do pasamento de Xosé Neira Vilas. O inesperado sempre é dificil de asumir. Diante da perda dun amigo non hai palabras, só nos quedan os xestos e o silencio. A nosa primeira homenaxe de despedida é facer visible a súa obra no continente que o acolleu e que lle deu o amor. Todos os Balbinos de América están hoxe de loito pola morte do autor. Mais a gran obra da literatura galega está máis viva que nunca na América que tanto amou”.

[Xosé Ballesteros, director de KALANDRAKA, na presentación da FIL de Guadalaxara]

Cun recordo especial ao escritor Xosé Neira Vilas con motivo do seu pasamento, o director de KALANDRAKA, Xosé Ballesteros, leu un fragmento da tradución en castelán de “Memorias dun neno labrego” realizada polo propio autor, ademais duns versos de Celso Emilio Ferreiro do poema “Deitado fronte ao mar”.

Por outra banda, o stand de KALANDRAKA recibe nestes días a visita de escritores e de ilustradores como a asturiana Luisa Aguilar e a portuguesa Catarina Sobral, para asinar exemplares de “Orellas de bolboreta” e “No hay dos igualesMaría Solar”, respectivamente.

Ademais, KALANDRAKA presenta na FIL de Guadalaxara as novidades dos autores galegos María Solar, que vén de publicar “Teño uns pés perfectos” en galego e en castelán, e dos artistas plásticos Federico Fernández e Germán González, artífices dun libro despregable titulado “Balea”.

KALANDRAKA en la FIL de Guadalajara 2015.

 

…………………….

KALANDRAKA participa hasta el 6 de diciembre en la Feria Internacional del Libro de Guadalajara (México), que en esta edición tiene a Reino Unido como país invitado. Los Libros para soñar de la editorial se encuentran en dos stands: el pabellón mexicano junto a su distribuidor, Ediciones Tecolote, y el pabellón internacional. En este primer fin de semana, KALANDRAKA ha organizado la presentación de la edición en maya del clásico de Maurice SendakDonde viven los monstruos”, traducido por el profesor e investigador de la Universidad de Quintana Roo, Hilario Chi Canul.

Presentación de KALANDRAKA en la FIL de Guadalajara.

Precisamente por ser el maya un idioma en peligro de extinción, en la presentación de esta obra se ha destacado el paralelismo entre esta lengua originaria de América y el gallego, que en los últimos años también viene experimentando un alarmante y progresivo retroceso en el número de hablantes.

Con un recuerdo especial al escritor Xosé Neira Vilas con motivo de su reciente fallecimiento, el director de KALANDRAKA, Xosé Ballesteros, ha leído un fragmento de “Memorias de un niño campesino” traducida por el propio autor desde el original en gallego, además de unos versos de Celso Emilio Ferreiro del poema “Deitado fronte ao mar”.

Recuerdo a Xosé Neira Vilas en la FIL de Guadalajara.

 

“De viaje, camino de la FIL de Guadalajara, me llega la noticia del fallecimiento de Xosé Neira Vilas. Lo inesperado siempre es difícil de asumir. Ante la pérdida de un amigo no hay palabras, solo nos quedan los gestos y el silencio. Nuestro primer homenaje de despedida es hacer visible su obra en el continente que le acogió y que le dio el amor. Todos los Balbinos de América están hoy de luto por la muerte del autor. Pero la gran obra de la literatura gallega está más viva que nunca en la América que tanto amó”.

[Xosé Ballesteros, director de KALANDRAKA, en la presentación de la FIL de Guadalajara]

Por otra parte, el stand de KALANDRAKA recibe estos días la visita de escritores e ilustradores como la asturiana Luisa Aguilar y la portuguesa Catarina Sobral, para firmar ejemplares de “Orejas de mariposa” y “No hay dos iguales”, respectivamente.

Luisa Aguilar en la FIL de Guadalajara.

Catarina Sobral en la FIL de Guadalajara.

Además, KALANDRAKA presenta en la FIL de Guadalajara las novedades de la autora María Solar (Premio Lazarillo), que ha publicado “Tengo unos pies perfectos” y de los artistas plásticos Federico Fernández (Premio Nacional de Ilustración 2001) y Germán González, artífices de un libro desplegable titulado “Balea”.


Deja un comentario