Xosé Cobas, ilustrador de "Cadros dunha exposición"

Paz Castro, de Kalandraka. con Xosé Cobas

[Paz Castro, de Kalandraka, co ilustrador Xosé Cobas]

O xurado que premiou «Cadros dunha exposición» como Mellor Libro Ilustrado de 2015 na I Gala do Libro Galego valorou a obra «polo seu lirismo e a coherencia gráfico-textual coa elegacia da ilustración».

O seu ilustrador, Xosé Cobas, recolleu o galardón destacando que «Cadros dunha exposición» supuxo un reto na súa traxectoria artística: era a primeira vez que ilustraba un libro-disco de música clásica. O autor do texto, José Antonio Abad, achegouno ás melodías de Modest Mussorgskyy e Xosé Cobas foi quen de plasmar en imaxes a cadencia das composicións no incomparable marco do Museo de San Petersburgo.

Na mesma xornada na que a Asociación Galega de Editores, a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega, e a Federación de Librarías de Galicia premiaban «Cadros dunha exposición, o autor recibía o agarimo do público na clausura da XVI Campaña Municipal de Animación á Lectura «Contos para despois da chuvia».

As ilustracións deste libro permanecen expostas na Galería Sargadelos de Santiago ata o vindeiro sábado 21 de maio, en horario comercial.

Xosé Cobas na clausura da XVI Campaña de Animación á Lectura


Esta entrada fué publicada en Sin categoría. Añada el enlace permanent a favoritos.

One Response to ‘CADROS DUNHA EXPOSICIÓN’, PREMIO DA I GALA DO LIBRO

  1. Pingback: Kalandraka - Blog K

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *