KALANDRAKA en Culturgal 2016

KALANDRAKA presenta este fin de semana en Culturgal, no Recinto Feiral de Pontevedra, unha selección das obras publicadas este ano, coas novidades que veñen de saír do prelo neste mes de decembro, e unha escolma do seu fondo editorial. Ademais, este sábado ás 18:30 horas está programada a actuación de Migallas Teatro no Espazo Infantil para interpretar cancións do libro-disco “Canta connosco!”, con motivo do 20º aniversario deste traballo musical. Ao día seguinte e á mesma hora, no Espazo Foro, o tradutor Xesús Fraga presentará a novela “Un monstro vén a verme”, acompañado polo psicólogo Enrique Casas, da xunta provincial en Pontevedra da Asociación Española contra o Cancro.

Polo stand de KALANDRAKA tamén pasarán o escritor Pepe Cáccamo que o venres ás 19:00 horas asinará exemplares de “Ganapán das palabras”, do que se cumpriron 18 anos da súa publicación. Seguiralle o autor de “A árbore da escola”, Antonio Sandoval, o sábado ás 13:00 horas. E pola tarde, a partir das 19:00 horas, María Campos e Carlos Yus do grupo Migallas, xunto co ilustrador Óscar Villán e o realizador dos videoclips de “Canta connosco!”, José Miguel Sagüillo.

"Canta connosco!" en Culturgal

"Canta connosco!" en Culturgal

“Canta connosco!” supuxo un acontecemento na música infantil en galego cando saíu ao mercado en 1996. Dúas décadas despois, KALANDRAKA vén de publicar unha edición especial conmemorativa dese traballo en formato libro-CD-DVD para que os nenos e as nenas de hoxe poidan coñecer, cantar e bailar cancións como “O libro máxico”, “O esqueleto” ou “Dime que fixeches” a ritmo de rock, reggae ou melodías tradicionais.

"Un monstro vén a verme" en Culturgal

Á parte das actividades para público infantil, os lectores xuvenís e adultos poderán achegarse á primeira novela de Patrick Ness, “Un monstro vén a verme”, a través das reflexións do tradutor da obra e dun experto en psicooncoloxía. Publicada no selo Faktoría K de Libros, trátase dunha historia emocionante e conmovedora sobre a capacidade de superación das persoas diante dunha situación dolorosa.

Avalada cos premios The Red House e National Galaxy, xunto coas medallas Carnegie e Greenaway, “Un monstro vén a verme” xa vai pola súa segunda reimpresión en galego, á par que se mantén nas pantallas a adaptación cinematográfica dirixida por Juan Antonio Bayona.

Pepe Cáccamo en Culturgal

Antonio Sandoval en Culturgal

 


Stand de Kalandraka en la FIL de Guadalajara

KALANDRAKA acude un año más a la Feria Internacional del Libro de Guadalajara, en México, que cumple su 30ª edición siendo el encuentro sectorial más importante de Iberoamérica relacionado con el mercado del libro. En este aniversario tan destacado, la región invitada es América Latina.

Rigoberta Menchú con Cristina Urrutia, de Tecolote, mostrando "Migrar".

Embajadora de la UNESCO, Premio Nobel de la Paz y Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Internacional, Rigoberta Menchú ha conocido -de la mano de Cristina Urrutia, de Ediciones Tecolote- un libro muy especial: «Migrar«, de José Manuel Mateo y Javier Martínez Pedro. El próximo 18 de diciembre se celebrará el Día Internacional del Migrante.

Entre los LIBROS PARA SOÑAR presentes en el stand de KALANDRAKA y de su distribuidora en México, Ediciones Tecolote, figuran las obras galardonadas con el IX Premio Compostela de Álbum Ilustrado y el VIII Premio Internacional Ciudad de Orihuela de Poesía para Niños, “Una última carta” y “Mundinovi”, respectivamente; obras de grandes autores de las letras hispánicas, desde Federico García Lorca a Gloria Fuertes; clásicos contemporáneos de los referentes de la Literatura Infantil y Juvenil, como Maurice Sendak o Arnold Lobel; cuentos de autor, adaptaciones de relatos tradicionales…

Con Raúl Vilches, de Pro-Chile.

Con Raúl Vilches, responsable del Departamento de Industrias Creativas de ProChile.

Stand de Kalandraka en la FIL de Guadalajara

Con Berta Concha, de Ediciones Liberalia (Chile), mostrándole «Memorias de un niño campesino«, de Xosé Neira Vilas, ilustrado por Xosé Cobas; una de las grandes obras de la literatura infantil gallega.

De la FIL de Guadalajara no solo destaca su carácter profesional, como punto de encuentro y de negocio para editores, agentes, distribuidores, bibliotecarios, libreros, promotores y otros actores vinculados a la cadena del libro; también es una feria abierta al público, lo que la convierte en un gran acontecimiento cultural que la ciudadanía de Guadalajara y de muchas otras ciudades y localidades mexicanas aguardan impacientemente durante el año.

Así, la FIL se complementa con un interesante y completo programa cultural que gira alrededor de la literatura y el debate académico, pero que contempla también numerosas actividades relacionadas con la música, el arte, el teatro o el cine. Además, en el marco de la propia feria, uno de los espacios más dinámicos es FIL Niños, que recibe la visita de escuelas, familias, y donde se realizan talleres y espectáculos diseñados para el público infantil.

Stand de Kalandraka en la FIL de Guadalajara

Con la consultora cultural Lilia García y la poeta Cecilia Pisos, autora de «Nube con forma de nube«. La escritora argentina acaba de ganar el Premio Hispanoamericano de Poesía para Niños 2016.

Esta 30ª FIL llegará a su fin el 4 de diciembre haciendo balance de la afluencia de asistentes. De los 182 profesionales inscritos en la convocatoria de 1987, a los 21.000 que participaron en 2015, con 125 empresas de 27 países. Los resultados han ido superándose de año en año, así como en prestigio y en peso económico.

. . . . . . . . . .

FIL Guadalajara 2016

KALANDRAKA acode un ano máis á Feira Internacional do Libro de Guadalaxara, en México, que cumpre a súa 30ª edición sendo o encontro sectorial máis importante de Iberoamérica relacionado co mercado do libro. Neste aniversario tan destacado, a rexión invitada é América Latina.

Kalandraka na FIL de Guadalajara

Amosando a tradución ao castelán «Memorias de un niño campesino«, de Xosé Neira Vilas, ilustrado por Xosé Cobas; unha das grandes obras da literatura infantil galega.

Entre os LIBROS PARA SOÑAR presentes no stand de KALANDRAKA e da súa distribuidora en México, Ediciones Tecolote, figuran as obras galardoadas co IX Premio Compostela de Álbum Ilustrado e co VIII Premio Internacional Cidade de Orihuela de Poesía para Nenos, “Unha última carta” e “Mundinovi”, respectivamente; obras de grandes autores das letras hispánicas, dende Federico García Lorca a Gloria Fuertes; clásicos contemporáneos dos referentes da Literatura Infantil e Xuvenil, como Maurice Sendak ou Arnold Lobel; contos de autor, adaptacións de relatos tradicionais…

"Canta connosco!", de Migallas Teatro, no stand de Galicia

O libro-disco «Canta connosco!«, de Migallas Teatro, no stand de Galicia na FIL de Guadalaxara.

Da FIL de Guadalaxara non só destaca o seu carácter profesional, como punto de encontro e de negocio de editores, axentes, distribuidores, bibliotecarios, libreiros, promotores e otros actores vencellados á cadea do libro; tamén é unha feira aberta ao público, o que a converte nun grande acontecemento cultural que a cidadanía de Guadalaxara e de moitas outras cidades e localidades mexicanas agardan impacientemente durante todo o ano.

Así, a FIL complétase cun interesante e completo programa cultural que xira arredor da literatura e do debate académico, pero que contempla tamén numerosas actividades relacionadas coa música, a arte, o teatro ou o cinema. Ademais, no marco da propia feira, un dos espazos máis dinámicos é FIL Niños, que recibe a visita de escolas, familias, e onde se realizan obradoiros e espectáculos deseñados para o público infantil.

Kalandraka na FIL de Guadalajara

Esta 30ª FIL chegará á súa fin o 4 de decembro faciendo balance da afluencia de asistentes. Dos 182 profesionais inscritos na convocatoria de 1987, aos 21.000 que participaron en 2015, con 125 empresas de 27 países. Os resultados foron superándose de ano en ano, así como en prestixio e mais en peso económico.

 

Esta empresa participa no Plan Foexga 2016-2017
Operación cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional
Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020
Plan Foexga 2016-2017
Como apoio ao proceso de internacionalización, Kalandraka Editora ten axuda concedida polo IGAPE para participar no Plan de Fomento das exportacións galegas (Foexga) 2016-2017, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa Operativo FEDER de Galicia 2014-2020. OT3. “Conseguir un tecido empresarial máis competitivo”.
Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, unha maneira de facer Europa
O obxectivo principal do Plan Foexga é incentivar e estimular o comercio exterior galego e a internacionalización das pemes galegas. O resultado que se pretende é aumentar a base de empresas exportadoras e consolidar a presenza de empresas galegas nos mercados internacionais.


Acto de entrega do IX Premio Compostela

“Aquel era o derradeiro día de traballo do señor Costas.

O último día de ser o único carteiro en toda a illa.

Naquel tempo non había teléfono nin correo electrónico,

e todas as noticias viaxaban a pé…”

Este xoves 10 de novembro, ás 19:00 horas, celebrarase no Pazo de Raxoi, en Santiago, o acto público de entrega do IX Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado aos autores gregos Antonis Papatheodoulou e Iris Samartzi, creadores da obra titulada UNHA ÚLTIMA CARTA, que KALANDRAKA publica este mes de novembro nas cinco linguas peninsulares. Narra o derradeiro día de traballo dun entrañable carteiro que reparte a correspondencia entre os habitantes dunha illa mediterránea. A visita de Antonis Papatheodoulou e Iris Samartzi tamén inclúe un encontro co alumnado de Bacharelato Artístico do IES do Sar, o mesmo xoves ás 11:00 horas, para amosar o proceso de elaboración deste traballo dende o punto de vista literario e plástico. Ao día seguinte, venres 11 ás 18:30 horas, visitarán a libraría LIBROS PARA SOÑAR de Vigo, onde participarán nunha sesión de animación á lectura para público infantil.

Presentación de "Unha última carta" en Libros para soñar, Vigo

……….

 

«Aquel era el último día de trabajo del señor Costas.

El último día como único cartero de toda la isla.

Era una época en la que no había teléfono ni correo electrónico

y todas las noticias viajaban a pie…»

Este jueves 10 de noviembre, a las 19:00 horas, se celebrará en el Pazo de Raxoi, en Santiago, el acto público de entrega del IX Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado a los autores griegos Antonis Papatheodoulou e Iris Samartzi, creadores de la obra titulada UNA ÚLTIMA CARTA, que KALANDRAKA publica este mes de noviembre en las cinco lenguas peninsulares. Narra el último día de trabajo de un entrañable cartero que reparte la correspondencia entre los habitantes de una isla mediterránea. La visita de Antonis Papatheodoulou e Iris Samartzi también incluye un encuentro con alumnado de Bachillerato Artístico del IES do Sar, el mesmo jueves a las 11:00 horas, para mostrar el proceso de elaboración d este trabajo dedde el punto de vista literario y plástico. Al día siguiente, viernes 11 a las 18:30 horas, visitarán la librería LIBROS PARA SOÑAR de Vigo, donde participarán en una sesión de animación a la lectura para público infantil.

"Una última carta", de Antonis Papatheodoulou e Iris Samartzi (Kalandraka, IX Premio Compostela).