V Certame de Relato Curto de FANPA Pontevedra. Cartel, Xosé Cobas.

FANPA PONTEVEDRA convocou o V Certame de Relato Curto, de ámbito provincial, dirixido a escolares de educación primaria, secundaria, bacharelato e Formación Profesional, ademais de adultos. Elixiranse 120 finalistas, incluídos os gañadores de cada categoría, cuxos relatos se publicarán nun volume editado por KALANDRAKA. Outros colaboradores deste V Certame de Relato Curto son o Concello de Pontevedra, a Deputación Provincial de Pontevedra, a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega, Diario de Pontevedra, Mensavedra. ASM, Abanca e Gadis.

Os participantes deberán enviar os seus traballos por correo electrónico ao enderezo certame.relatocurto@nontedurmas.org incluíndo dous ficheiros:
1. Datos no que figurará o relato completo e datos do participante
2. Relato: o título, o relato, o pseudónimo, a categoría

As bases completas do concurso pódense consultar na web http://certame.nontedurmas.org

O prazo de envío dos textos finalizará o 28 de febreiro de 2017.

Os premios que recibirán os gañadores consistirán nun vale de 200€, un lote de libros de KALANDRAKA, un xogo e unha lámina autenticada por Xosé Cobas, que é o autor do cartel desta edición. Tanto os gañadores como os finalistas recibirán un exemplar do libro cos seus traballos impresos, que estarán encabezados por un relato do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil Xabier P. Docampo. Os autores e autores dos cinco mellores textos de cada categoría poderán participar nun obradoiro de creación literaria que impartirá no mes de xuño a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega. Os 120 textos elixidos polo xurado publicaranse no Diario de Pontevedra.


One Response to V CERTAME DE RELATO CURTO DE FANPA PONTEVEDRA

  1. Pingback: AMOR EN 4 LINGUAS e certame de relato curto de FANPA-PONTEVEDRA | Bibliomalveiras

Deja un comentario