XVII Campaña de Animación á Lectura en Compostela

A XVII Campaña Municipal de Animación á Lectura do Concello de Santiago de Compostela -organizada polo Departamento de Educación e Cidadanía e por KALANDRAKA, coa colaboracion da Fundación Sargadelos- vén de poñer en marcha as sesións de contacontos, de ilustración e de escrita creativa coa participación de alumnado dos colexios de Fontiñas, Lamas de Abade e Vite 1, respectivamente. Ata o 13 de maio, data de clausura da programación, a Galería Sargadelos fica convertida nun “pequeno museo” onde se expoñen ilustracións e instalacións artísticas relacionadas cos libros protagonistas da Campaña, entre os que destaca a obra da que se tomou o lema deste ano, “Unha última carta”, coa que os gregos Antonis Papatheodoulou e Iris Samartzi gañaron o IX Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado.

XVII Campaña de Animación á Lectura do Concello de Santiago

XVII Campaña de Animación á Lectura do Concello de Santiago

A figura do Señor Costas, protagonista de “Unha última carta”, recibe os nenos e as nenas na escalinata da Galería Sargadelos

 

Uns 10.000 nenos e nenas de Santiago e da bisbarra compostelá participarán ao longo das próximas semanas nas actividades concertadas cos centros de ensino. Precisamente, o profesorado está convocado a unha sesión de presentación que se celebrará mañá martes, día 28, ás 18:30 horas. O Departamento de Educación e Cidadanía do Concello de Santiago e KALANDRAKA exporanlle á comunidade educativa os libros e as estratexias que centrarán as sesións, para que estas propostas poidan ter continuidade nas aulas durante o curso escolar.

XVII Campaña de Animación á Lectura do Concello de Santiago

XVII Campaña de Animación á Lectura do Concello de Santiago

Bea Campos e Paulo Méndez dinamizan a sesión de contos e música

 

Para os docentes tamén se organizou unha charla formativa, o vindeiro 25 de abril ás 18:30 horas, a cargo do escritor e comunicador ambiental Antonio Sandoval, autor do álbum “A árbore da escola”. O lema da súa intervención é “A necesidade da naturalización do entorno escolar”.

XVII Campaña de Animación á Lectura do Concello de Santiago

XVII Campaña de Animación á Lectura do Concello de Santiago

Ademais das actividades diarias de contacontos e música para escolares de Educación Infantil, primeiro e segundo de Primaria, dos obradoiros de ilustración para alumnado de terceiro e cuarto, e dos talleres de escrita creativa para rapaces e rapazas de quinto e sexto, entre o 2 e o 4 de maio os contacontos tamén se desprazarán ás Escolas Infantís de Conxo, Fontiñas, Polígono do Tambre, Salgueiriños, San Roque e Tras Parlamento para achegarlles historias e melodías aos máis cativos.

XVII Campaña de Animación á Lectura do Concello de Santiago

XVII Campaña de Animación á Lectura do Concello de Santiago

XVII Campaña de Animación á Lectura do Concello de Santiago

O artista plástico Pablo Otero imparte os obradoiros de ilustración, inspirados na obra “As cidades invisibles” de Italo Calvino

 

Como cada ano, a Campaña de Animación á Lectura ábrese á participación das familias, que poderán visitar a exposición e gozar dos contacontos. Haberá dúas sesións para bebés de 0 a 3 anos o sábado 29 de abril ás 11:30 e ás 12:30 horas, con asistencia previa inscrición no Departamento de Educación do Concello. Para nenos e nenas a partir de 4 anos, profesorado e público en xeral, o sábado 1 de abril, na véspera do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, haberá outra sesión de contos e música a partir das 12:00 horas.

XVII Campaña de Animación á Lectura do Concello de Santiago

XVII Campaña de Animación á Lectura do Concello de Santiago

XVII Campaña de Animación á Lectura do Concello de Santiago

Os obradoiros de escrita creativa animan os escolares a imaxinar un lugar e un destinatario para unha carta que eles redactan e completan cun mapa

 

Nesta edición tamén colabora Correos, que dispuxo unha edición especial de postais ilustradas co cartel da Campaña para que o público infantil poida escribir nelas e depositalas no buzón instalado na sala de actividades, ao pé dunha recreación da oficina postal representada no libro “Unha última carta”.

XVII Campaña de Animación á Lectura do Concello de Santiago

O alcalde de Santiago e o concelleiro de Educación e Cidadanía, Martiño Noriega e Manuel Dios, respectivamente, acompañados por representantes da Corporación Municipal, da Fundación Sargadelos e da delegación de Correos, acudiron á inauguración desta XVII Campaña de Animación á Lectura

 

X PREMIO COMPOSTELA

No marco da XVII Campaña Municipal de Animación á Lectura o Departamento de Educación e Cidadanía e KALANDRAKA convocaron o X Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, cuxo prazo de envío de traballos rematará o 12 de maio. Está aberto á participación de autores e ilustradores de todo o mundo que presenten obras orixinais e inéditas escritas en calquera lingua oficial da Península. O fallo do xurado coñecerase na última quincena de xuño.

XVII Campaña de Animación á Lectura do Concello de Santiago

Na recta final da visita guiada á exposición de libros e ilustracións, unha das salas está dedicada a “Canta connosco!” de Migallas Teatro, con ilustracións de Óscar Villán

 

O peche da Campaña “Unha última carta” será o sábado 13 de maio ás 12:00 horas. Os contos, a música -coa colaboración do alumnado da Escola Municipal de Música- e outras sorpresas animarán a xornada de despedida.

XVII Campaña de Animación á Lectura do Concello de Santiago

A Campaña Municipal de Animación á Lectura do Concello de Santiago persegue achegar a lectura e a escritura aos nenos e nenas, nun marco agradable e motivador que favoreza a escoita, ademais de poñer en valor as creacións plásticas, literarias e musicais, favorecendo que o público infantil desenvolva unha conciencia crítica e selectiva das súas lecturas. Tampouco se descoida a importancia da tradición oral como vehículo de transmisión do noso patrimonio cultural inmaterial.

XVII Campaña de Animación á Lectura do Concello de Santiago


Deja un comentario